Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 381 - 390 de 840 resultados.

Presentado na Casa o libro "Tempo Poético" de Alfredo Puy

Javier Bahamonde, Alfredo Puy, Ramón Jiménez, Julie Sopetrán e Basilio Rodríguez Cañada.

Esta tarde presentouse na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, o segundo poemario de Alfredo Puy, "Tempo Poético", no que "evidénciase unha evolución significativa nos achados estilísticos e nunha pericia métrica tan atrevida como complexa".

No acto, cuxa presentación correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, interviñeron, ademais do autor Alfredo Puy; o historiador e escritor Javier Bahamonde Santiso de Ossorio; a escritora e poeta Julie Sopetrán; e o escritor e presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión Basilio Rodríguez Cañada

A Comisión de Turismo do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebra a súa reunión constitutiva na Casa de Galicia en Madrid

Os representantes das ciudades con Ónega, Rivas e Blanco.

A Comisión de Turismo do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España celebrou hoxe a súa reunión constitutiva, tras as eleccións municipais, na delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, coa presenza, entre outros, do alcalde de Ávila e novo presidente do Grupo, José Luís Rivas Hernández, a directora xeral de Turespaña, Marta Blanco Quesada, e os concelleiros representantes das cidades que forman parte do Grupo. Foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, quen como anfitrión lles dió a benvida á Casa e deséxolles éxito no seu traballo, palabras que foron correspondidas por Rivas.

A Casa de Galicia en Madrid acolle unha exposición de obras da última década do artista pontevedrés Juan Garcés

Soledad Garcés e Ramón Jiménez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolle este mes de outubro unha mostra da pintura do desaparecido artista pontevedrés Juan Garcés, que xa exhibiu a súa arte nas súas instalacións en 2003. A exposición, que se inaugurou hoxe e poderá verse ata o próximo día 30, ocupa as salas A e B da Casa e está composta por unha selección de trinta obras da última década do artista de temáticas diversas (figuras, mariñas e paisaxes, sempre presentes na súa traxectoria) e preséntase como homenaxe ao artista e preámbulo a unha retrospectiva antolóxica que sobre a súa traxectoria artística están a preparar os seus achegados.

A Casa acolleu esta mañá a Xornada Empresarial de AEGAMA sobre "Xestión do patrimonio financeiro e inmobiliario" organizada en colaboración con Optima Financial Planners

Alonso, Ónega, Lage e Rey, de esquerda a dereita.

 

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a Xornada empresarial “Xestión do Patrimonio Financeiro e Inmobiliario”,  organizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) en colaboración con OPTIMA Financial Planners, empresa especializada en Planificación Financeiro-Fiscal, para ofrecer aos asociados e interesados as claves sobre asesoramento financeiro. 

Diego Pardo Amado: "Rosalía: unha escritora revolucionaria"

O profesor Diego Pardo Amado e o delegado José Ramón Ónega López, instantes antes da disertación.

"Rosalía foi unha escritora revolucionaria. Postulaba pola soltaría feminina como solución frente a o matrimonio convencional", dixo como exemplo na Casa de Galicia Diego Pardo Amado, doutor en Filoloxía galego-portuguesa que traballa no John Rutherford Centre da Universidade de Oxford (Reino Unido), na conferencia que pronunciou hoxe sobre a insigne poeta. O acto estivo presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega, quen destacou na súa intervención a sólida formación do  conferenciante, especializado na figura de Rosalía, sobre a que publicou dous libros, así como numerosos artigos en diversas revistas especializadas.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación das Festas patronais lucenses de San Froilán 2015

Basadre e Ónega, co programa de festas.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación das festas patronais lucense San Froilán 2015, a cargo da tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, a quen acompañou na presentación o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, en tanto que anfitrión do acto.

Marina Mayoral presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última novela, "El abrazo"

Merino, Mayoral, Ónega e Piñero.

A escritora lucense Mariña Mayoral presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa última novela, “El abrazo”, editada por Stella Maris. Interviñeron no acto, ademais da autora, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, o escritor e membro da Real Academia Española José María Merino e o representante da editorial en Madrid, Juan María Piñero.

Canaletto, Pissarro e Crosz, na quinta sesión do ciclo "Obras Mestras da pintura do s. XV ao s.XX", de Diego Diz

Presentación da sesión.

Canaletto, Pissarro e George Crosz foron hoxe os protagonistas da quinta sesión do ciclo de clases-conferencias “Obras mestras da pintura do século XV ao século XX”, titulada “Visións da cidade”. Ciclo que ao longo do ano está a impartir na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o profesor de arte Diego Diz, que foi presentado pola responsable de Prensa da Casa María Luisa Clemente, en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

A Casa acoge este mes a exposición de fotografía "Rías Baixas. O viño do mar" de Xurxo Lobato, organizada en colaboración coa D.O. Rías Baixas

Xurxo Lobato posa coa súa cámara ante algunhas das fotos panorámicas que integran a exposición.

A Casa de Galicia acolle ata o 28 deste mes a exposición de fotografía "Rías Baixas, o viño do mar, ou viño do mar, The wine of the sea" cunha trintena de imaxes do fotógrafo Xurxo Lobato tomadas nas bisbarras nas que se se produce o viño albariño durante as catro estacións do ano. A mostra está organizada en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Nuria Pena expón na Casa de Galicia a mostra "Obra gráfica", composta só por gravados

Nuria Pena ante unha das súas obras.

Nuria Pena, artista lucense afincada na Coruña, inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición "Obra gráfica", composta só por gravados, que poderá verse ata o próximo día 25. Presentaron a exposición, ademais da autora, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e a pintora María Luisa Valero.

Mostrando o intervalo 381 - 390 de 840 resultados.