Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 31 - 40 de 787 resultados.

A Xunta de Galicia en Madrid acolle unha xornada de traballo organizada pola USC e na que participan investigadores de varias universidades europeas en torno ao proxecto H2020

1. O vicerreitor Gumersindo Feijoo (diante, segundo pola esquerda) e o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega na imaxe co equipo de investigadores que se reuniron na Casa de Galicia.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe unha intensa xornada de traballo na que participaron investigadores de universidades de diferentes países, convocados pola USC, que coordina a elaboración dunha proposta de proxecto europeo no programa H2020 entre cuxos obxectivos está o lograr unhas cidades "máis amigables" desde o punto de vista ambiental e social.

"La vida de otro" de Reigosa, agora en Castelán, presentada hoxe na Casa de Galicia en Madrid

1. De esquerda a dereita, Carlos Reigosa, Alfonso Palomares, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Ángel Basanta e Jesús Espino, todos coa novela presentada.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "La vida de otro", do escritor e xornalista da Pastoriza, Carlos G. Reigosa, editada agora en castelán por Akal, e que fose Premio Torrente Ballester 2008 (Xerais, 2009). "Tentei acertar e afondar nas claves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa", dixo Reigosa, para aclarar o título. O libro sigue querendo ser, "un espello ao longo da Transición Española no que cada un pode descubrir o seu rostro".

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro Sueño de Infancia de Moncho Rouco publicado agora en castelán por Turpin Editores

1. De Esquerda a dereita, o autor Moncho Rouco, o coordinador de actos da Casa de Galicia Ramón Jiménez, o Dr. en Historia Ricardo Santos e o editor José Manuel Martín.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Sueño de infancia", de Moncho Rouco publicada agora en castelán por Turpin editores e que o pasado ano fixérao Xerais en galego. A novela, a medio camiño entre o recordo pausado dos libros de memorias e o vibrante ritmo dos relatos de aventuras naceu para contar aos fillos do autor como eran as andanzas dun neno que viviu na Galicia dos anos sesenta e setenta, nun tempo no que se anunciaba a entrada nunha era de cambios tecnolóxicos, sociais e políticos, cando o rural xa ía cedendo paso ao progresivo e rápido acomodo da vida urbana.

Presentación da festa "Arde Lucus MMXVIII" que se celebrará en Lugo este fin de semana

1. Carmen Basadre e José Ramón Ónega ante o cartel anunciador do Arde Lucus deste ano.

"Quen acuda a Lugo estes días en ALSA, ou en ARRIVA, poderán facelo cun desconto do 25% e do 10% respectivamente", dixo a concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua, Carmen Basadre na rolda de prensa/presentación de "ARDE LUCUS, MMXVIII", festa declarada o pasado ano de Interese Turístico Nacional e que se celebrará na cidade lucense o próximo fin de semana, os días, 15, 16 e 17 de xuño, cunha ampla programación que inclúe máis de 350 actividades das cales o 90% son novidades.

Aegama e Cátedra China celebran na Delegación da Xunta/Casa de Galicia a mesa redonda "China, desenvolvemento e oportunidade: visión das posibilidades e retos do xigante chino"

Víctor Cortizo, Isabel Noriega eJulio Lage.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid ( Aegama) e a Asociación Cátedra China celebraron hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mesa redonda "China, desenvolvemento e oportunidade: visión das posibilidades e retos do xigante chinés", co obxecto de presentar a empresarios españois e en particular galegos as posibilidades de investimento, colaboración e acordos que este xigante asiático ofrece a España e Galicia. Interviñeron no acto o vicepresidente de Cátedra Chinesa, Víctor Cortizo, a directiva de Aegama Isabel Noriega e o presidente de Aegama, Julio Lage.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle en xuño a mostra "A mirada extensa" de Isabel Pintado

1. o escritor e crítico Paco López-Barxas, a artista Isabel Pintado e o coordinador de Actos da Casa Ramón Jiménez,ante o cadro CÓMAROS VERDES cuxo título rende homenaxe a Aquilino Iglesia Albariño, que ademáis foi escollido para presidir a mostra A MIRADA EXTENSA .

Desde hoxe e ata o día 29 deste mes, as salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerán a mostra "A mirada extensa" cunha selección de paisaxes e libros intervidos de Isabel Pintado, artista madrileña licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense con Mención de Honra na especialidade de Gravado, afincada desde 1991 en Galicia, onde reside e desenvolve o seu labor profesional e creativo.

Xornada empresarial de Viña Costeira na Delegación da Xunta en Madrid para medios e profesionais coa presentación/showroom dos novos produtos

1. De esquerda a dereita, o coordinador de Actos Ramón Jiménez, a directora do Dpto. Comercia Inma Bernal, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, e o pte. de Viña Costeira Andrés Rodríguez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a Presentación/showroom das adegas Viña Costeira e Pazo de Toubes, unha xornada con catas dirixidas exclusivamente a medios e profesionais do sector para mostrar os novos produtos. Máis de duascentas persoas tiveron a oportunidade de coñecer  as novas referencias ao cumprirse medio século de Viña Costeira, así como o novo deseño da etiqueta, cos pequenos cadros, "unha homenaxe aos minifundios e aos vinateiros da zona, verdadeiros heroes que seguen traballando a man".

Conde salienta que o Pop UP "Saberes e Sabores" achega a Madrid o perfecto maridaxe entre a cociña e a artesanía de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, flanqueado polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro (FOTO SEIXAS/LALíN PRESS).

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, inaugurou hoxe en Madrid o Pop Up Galicia. Saberes e Sabores, que se celebra no Palacio de Santa Bárbara (Rúa Hortaleza, 87) ata o 3 de xuño. Conde apuntou que, trala boa acollida da primeira edición, esta iniciativa volve converterse no mellor escaparate da fusión do talento galego, sinalando que Galicia conta cun 27% máis de talleres artesáns e cunha xeración de chefs que acapara 11 Estrelas Michelin. O conselleiro percorreu a mostra acompañado polo delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e pola xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

A doutora ourensá Ana Fernández-Teijeiro disertou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia sobre os retos do cancro en nenos e adolescentes en España

O presdiente de PSN, Miguel Carrero, a directiva de Asomega Julia Buján, o socio fundador de Asomega e pai da conferenciante, Juan José Fernández-Teijeiro, a conferenciante, Ana Fernández-Teijeiro, o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, e o presidente de Asomega, Julio Ancochea.

A doutora ourensá Ana Fernández-Teijeiro, presidenta da Sociedade Española de Hematología e Oncoloxía Pediátrica (SEHOP) ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a conferencia "Retos actuais do cancro en nenos e adolescentes en España", enmarcada no ciclo de conferencias "Medicina e Humanidades", que desenvolve a Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e dirixe e coordina o seu presidente, o doutor Julio Ancochea.

A FREMSS presenta na Delegación da Xunta/Casa de Galicia o Manifesto para a Flexibilización da Obrigación de Desembarque das Capturas realizadas pola frota da Unión Europea

Os directivos de FREMSS xunto ao delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o deputado Joaquín García Díez e o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez.

A Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS) presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o Manifesto para a Flexibilización da Obrigación de Desembarque das Capturas realizadas pola frota da Unión Europea, que se fai eco do malestar e inquietude que nos pescadores españois, e fundamentalmente de Galicia, como primeira potencia pesqueira de España, causa a entrada en vigor a partir do 1 de xaneiro do 2019 da obrigación de desembarque de todas as capturas que realice a frota pesqueira europea en augas comunitarias.

Mostrando o intervalo 31 - 40 de 787 resultados.