Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 411 - 420 de 846 resultados.

A Casa acolleu esta mañana o encontro internacional "Xapón en Asia e ol mundo: Cales son as prioridades nun contexto cambiante?" organizado por FRIDE

José Ramón Ónega, no centro, cos relatores do encontro de FRIDE celebrado na Casa

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, acolleu esta mañá o encontro internacional, que baixo o título "Xapón en Asia e o mundo: cales son as prioridades nun contexto cambiante?" organiza a Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior, FRIDE. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega deu a benvida ao director de FRIDE Giovanni Grevi, a todos os relatores e asistentes á Casa, entre os que se encontraban os embaixadores de Xapón, Malta e Letonia, ademais de representantes das embaixadas de doce países de Europa Asia e América.

Conferencia en la Casa "O Venerable Luis Trelles e Galicia" a cargo de Antonio Troncoso

Fontecilla, Ónega, Troncoso e Cadenas, de esquerda a dereita.

A delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde o relatorio "O Venerable Luis de Trelles e Galicia", a cargo do presidente da Fundación Luis de Trelles e membro da comisión que promove a súa canonización, Antonio Troncoso de Castro. No acto, organizado pola Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) con motivo da declaración de Venerable polo Papa Francisco, interviñeron ademais do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega López; o presidente de FAGAMA e promotor do acto Ovidio Cadenas Queipo; e o perito en Historia na causa de canonización de Luis de Trelles e Noguerol, Francisco Fontecilla Rodríguez, quen presentou ao conferenciante Antonio Troncoso.

A Casa acolle en Madrid a exposición fotográfica "O soño dunha noite de San Xoan" que ofrece 45 anos de historia das fogueiras coruñesas

Concepción Astray, Belén do Campo, José R. Ónega, e Tania Pintor na presentación da mostra.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega e a delegada territorial da Xunta en A Coruña Belén do Campo, presidiron esta tarde na Casa de Galicia en Madrid a inauguración da mostra de fotografía “O soño dunha noite de San Xoán”. A mostra, realizada en colaboración coa Asociación de Meigas das Fogueiras de San Xoán e a Concellería de Turismo da Coruña, fai un repaso polos 45 anos de historia das fogueiras coruñesas a través dunha recompilación de fotografías e de carteis publicitarios da celebración. 

A mostra pictórica "Dende o limiar da cor" de Farruco Mosteiro, na Casa ata o 29 de xuño

Farruco ante a súa obra Salto ao baleiro con lúa vermella.

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acollerá ata o día 29 deste mes a mostra de pintura "DENDE O LIMIAR DA COR", de Farruco Mosteiro, artista multidisciplinar cuxas obras son berros de cromatismo con ecos que se expanden máis alá dos lenzos. Mosteiro, a quen as musas favoreceron en varias disciplinas, -danza, música e pintura-, é capaz de xuntalas nun mesmo punto, "o seu propio ritmo vital", que marca de igual modo cada unha delas.

A mostra pictórica "Interior e exterior" de Amparo Salgueiro, na Casa ata o 26 de xuño

O presidente del Consello de Estado, José Manuel Romay; o presidente do Colexio de Farmacéuticos, Luis González Díaz; A pintora Amparo Salgueiro; O diplomático Juan Durán-Loriga e o delegado de la Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega.

A Sala B da delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá ata o día 26 a mostra pictórica "Interior e exterior" da artista pontevedresa de Panxón-Nigrán Amparo Salgueiro. No acto de inauguración, que correu a cargo do presidente do Consello de Estado José Manuel Romay Beccaría, que é amigo persoal da pintora, tamén interviñeron o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega López e a propia autora Amparo Salgueiro Martínez.

José Ramón Ónega e o embaixador de Cuba presiden unha conferencia sobre Manuel Fraga e Fidel Castro

Alvelo (1) e Ónega (4) con embaixadores iberoamericanos e guineanos.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e o embaixador da República de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez, presidiron hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia "Dous homes encontrados no tempo: Manuel Fraga Iribarne e Fidel Castro Ruz", que ofreceu Miguel Ángel Alvelo Céspedes, con ocasión do seu nomeamento como presidente da Asociación de Cubanos Residentes en Madrid. No acto estiveron representadas once embaixadas en España, de países iberoamericanos e de Guinea Ecuatorial e Guinea Bissau, sete delas polos seus respectivos embaixadores, e o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación de España. Entre os convidados tamén estaban Carlos Robles Piquer e Elisa Fraga Iribarne, irmá de Manuel Fraga.

A Casa acolleu a presentación do libro "Camino a la estabilidad. Cómo derrotar la inflación para avanzar hacia el desarrollo económico y social" do economista e político arxentino Domingo Cavallo

Julio Lage, Domingo Cavallo, Antonio Garrido, Eduardo Olier e Guillermo de la Dehesa.

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro “Camino a la estabilidad. Cómo derrotar la inflación para avanzar hacia el desarrollo económico y social” do economista e político arxentino Domingo Cavallo. O acto, organizado pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid e o Instituto Choiseul España, contou coas intervencións do propio autor Domingo Cavallo; o presidente de AEGAMA Julio Lage; o presidente do Instituto Choiseul España, Eduardo Olier; o presidente para España e Portugal de The Conference Board, Antonio Garrido.

José Ramón Ónega participa na presentación en Madrid de produtos galegos certificados

González, Ónega, Carrera e Rodríguez.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, participou hoxe na presentación de produtos galegos certificados da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega que os seus consellos reguladores realizaron na explanada do madrileño Estadio Bernabéu, dentro dunha actividade promocional que están a realizar por diferentes cidades españolas.

A Casa celebra o Día das Letras coa conferencia "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual" a cargo do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero

Ángeles Filgueira Iglesias, filla do homenaxeado; o delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega López; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría e o presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero.

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid celebrou hoxe o Día das Letras coa conferencia "Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual" que pronunciou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. O acto, que estivo presidido polo presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay, contou coa asistencia da filla menor do homenaxeado, a psicóloga, pedagoga e fotógrafa Ángeles Filgueira Iglesias.

O dúo Cupeiro & Yukhnevich presenta, en concerto, na Casa de Galicia o seu traballo discográfico "Compromiscuo"

Yukhnevich e Cupeiro co karnyx.

O dúo Cupeiro & Yukhnevich composto polos músicos Abraham Cupeiro, de Sarria (Lugo), e Vadzim Yukhnevich, de Minsk (Belorrusia) e afincado en Galicia, presentou hoxe, en concerto, na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu traballo discográfico "Compromiscuo", apelativo co que explica un tipo de música que emana de distintos estilos como o jazz europeo ou americano, rapsodia ou música clásica ao que os dous intérpretes lle achegan o seu selo persoal.

Mostrando o intervalo 411 - 420 de 846 resultados.