Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 421 - 430 de 846 resultados.

A muller na pintura, obxeto da terceira sesión do ciclo "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX"

Diz e Jiménez.

O ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao XX" que imparte na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o profesor de Arte Diego Diz chegou hoxe á súa terceira sesión na que baixo o título de "O universo feminino, tres visións da muller", Diz comparou obras dos autores Roger Campin, Palma o Vello e Jawlenski. En concreto, analizou os cadros "Santa Bárbara" (1435) de Campin; "Retrato dunha muller nova", chamada "A bela" (1518) de Palma o Vello; e "O veo vermello" (1912), de Jawlenski.

No encontro presentouse a "XIII Conferencia Internacional" que se celebrará no Tecnolóxico de Vigo do 15 ao 17 de xuño

Ónega, cos profesionais dos Parques Científicos e Tecnolóxicos de diferentes partes de España.

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolle hoxe o primeiro encontro de 2015 de máis dunha vintena de profesionais dos Parques Científicos e Tecnolóxicos membros de APTE, (Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España) para poñer en común os avances levados a cabo polos grupos de traballo da Asociación.

Aegama celebra na Casa de Galicia en Madrid o seminario "Xestión con intelixencia, emprende con cabeza"

Ontiveros, Lage, Picardo, Ónega e González.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), que preside Julio Lage, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seminario "Xestión" con intelixencia, emprende con cabeza", ao que asistiron moitos dos seus asociados.

Xosé Azar ofrece na Casa unha visión diferente e unha interpretación máis optimista do famoso poema "Negra Sombra"

O filósofo e poeta Xosé Azar co coordinador da Casa Ramón Jiménez.

O filósofo, poeta e artista compostelano afincado en Madrid Xosé Azar, mostrou unha revolucionaria interpretación do inmortal poema de Rosalía na conferencia "Negra sombra, fondo e trasfondo" que ofreceu esta tarde na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia. Azar, que é autor das obras "Rosalía erótica y existencial"; "Rosalía desde una poética integral"; e de "A outra Rosalía", logo de recitar o poema con outra entonación, aportou unha visión diferente, cunha interpretación máis optimista á habitual. 

O actor Alberte Montes interpretou na Casa de Galicia en Madrid o monólogo humorístico "Galego pode selo calquera"

Alberto Montes en plena actuación.

O actor galaico-catalán Alberte Montes (natural de Anguieiros, no concello lucense de Quiroga, próximo a Ourense) interpretou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o monólogo humorístico "Galego pode selo calquera", un espectáculo cómico-teatral cargado de ironía, interpretado integramente en galego, no que a idiosincrasia galega e os tópicos sobre os galegos foron os principais protagonistas e no que se puxo en valor a forma de ser dos galegos. Montes mostrou ante o numeroso público asistente, a gran parte del gallegofalante, que "ser galego non é só pararse na escaleira e facer crer á xente que non sabemos se subimos ou baixamos".

O pintor lalinense Nicolás González Aller expón na Casa de Galicia en Madrid a mostra "Can de palleiro"

González Aller ante unha pintura do can de palleiro.

O pintor lalinense Nicolás González Aller inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición de pintura de gran formato "Can de palleiro", título que alude ao compoñente híbrido da raza canina e á importante mostra pictórica que ocupa dúas salas de exposicións da Casa e que pode verse ata o próximo 29 de maio.

José Ramón Ónega recolle o Premio "Administración Judicial Electrónica 2015", condedido á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia

José García Méndez, de "Sociedad de la Información", Dorado Picón e Ónega.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, en representación da Xunta de Galicia, recolleu hoxe o Premio "Administración Judicial Electrónica 2015" que lle foi concedido á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia. Foille entregado polo secretario xeral da Administración de Xustiza do Ministerio de Xustiza, Antonio Dorado Picón.

Mesa Redonda "América como mercado" para debater sobre oportunidades de negocio ou otro lado do Atlántico

Francisco Seoane, Carlos Lema Devesa, José Ramón Ónega, Abel Veiga, Enrique Orge e Manuel Calvo, instantes antes do acto.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta tarde a celebración da mesa redonda "América como mercado", organizada en colaboración coa Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié e a Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (IURISGAMA), co obxectivo de tender pontes entre os bolseiros da Fundación e a rede de profesionais galegos en Madrid, e debater sobre oportunidades de negocio e experiencias no continente americano. 

Francisco Castro presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última novela, "Tes ata as 10", publicada por Editorial Galaxia

Francisco Castro coa súa última novela.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro, hoxe presentouse na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a novela "Tes ata as 10", publicada por Editorial Galaxia, do novelista e editor vigués Francisco Castro, unha trama de intriga e suspense que contén moitas historias distintas e que parte coa recepción por parte do protagonista dun correo electrónico enviado polo seu pai, que morrera.

Pepa Martín explica as ensinanzas económicas dos contos na conferencia "A economía nos contos tradicionais"

Pepa Martín con algúns dos seus contos e personaxes.

A presidenta da "Asociación Cultural Mariscando Cuentos" e cofundadora de "Meridianos e paralelos, coaching educativo", Pepa Martín, especialista en contos que se define a si mesma como cuentera e mariscadora de contos, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a peculiar conferencia "A economía nos contos tradicionais", na que se serviu dunha serie de contos, que contou, para extraer deles conclusións económicas de actualidade.

Mostrando o intervalo 421 - 430 de 846 resultados.