Actualidade

Mostrando o intervalo 41 - 50 de 861 resultados.

Ius Publicum Innovatio, spin-off da Universidade de Coruña, asina un convenio co Parlacen para o intercambio de experiencias científicas e académicas

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega (1i), con Irma Amaya, presidenta do Parlacen (4i), Jaime Rodríguez-Arana, presidente IPI (1d) e membros dos seus respectivos equipos.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu nas súas instalacións a firma dun convenio marco de colaboración entre Ius Publicum Innovatio (IPI), spin-off da Universidade da Coruña, e o Parlamento Centroamericano (Parlacen). O convenio, que foi asinado pola presidenta do Parlacen, a deputada Irma Amaya, e o presidente de Ius Publicum Innovatio, o catedrático de Dereito Administrativo Jaime Rodríguez-Arana, pretende facilitar espazos de reflexión e consulta sobre a necesidade de fortalecer o proceso de integración centroamericana de maneira integral a través do intercambio de experiencias científicas e académicas. Ambas as partes foron recibidas polo delegado da Xunta, José Ramón Ónega, quen lles felicitou pola iniciativa.

O Delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, participou na apertura da XXIII Lectura Continuada do Quixote, organizada polo madrileño Círculo de Bellas Artes

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, no atril, participando na XXIII Lectura Continuada do Quixote, en representación do presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O Delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, participou esta tarde na apertura da XXIII Lectura Continuada do Quixote, organizada polo madrileño Círculo de Belas Artes en conmemoración do Día Internacional do Libro e coincidindo coa entrega do Premio Cervantes 2018, que nesta edición recoñeceu a obra da poeta uruguaia Ida Vitale. Ónega participou na Lectura representando ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

A Delegación da Xunta en Madrid celebra o Día do Libro con "A mirada de Valle-Inclán", sobre a España do seu tempo

1. A doutora en Filosofía e Letras María de la Figuera e o coordinador de Actos da Casa Ramón Jiménez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia celebrou o Día do Libro coa conferencia "A MIRADA DE VALLE-INCLÁN", dedicada a un dos dramaturgos máis ilustres das letras universais, por María de la Figuera, doutora en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense e catedrática de Lingua Castelá e Literatura, quen achegou un enfoque sobre a España de Valle-Inclán desde o gran angular de Galicia na triloxía "Comedias Bárbaras".

"Radio Camiño de Santiago", única que emite 24 horas e que é referente no sector, presentóuse esta mañá na Delegación da Xunta en Madrid

1. De esquerda a dereita, Nekane Soto, Fran Contreras, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, Ernesto Díaz e Ramón Jiménez.

"Radio Camiño de Santiago" é un medio creado en 2016, única marca rexistrada especializada no Camiño a nivel mundial con emisión 24 horas, que segue sumando novos seguidores e oíntes día tras día, preto de millón e medio, converténdose en referente no sector, e que esta mañá presentouse ante medios e profesionais na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia.

Numerosos profesionais do ámbito sanitario interesáronse na Delegación da Xunta en Madrid polo "21 Congreso Nacional de Hospitales y Gestión Sanitaria"

O presidente do Congreso, Ramón Ares, diríxese aos profesionais sanitarios. Tras el, sentados, o presidente da Sociedad Española de Directivos de la Salud, Joaquín Estévez, e o presidente da Asociación Nacional de Directivos de Enfermería, Jesús Sanz.

Numerosos profesionais do ámbito sanitario interesáronse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia polo "21 Congreso Nacional de Hospitales y Gestión Sanitaria", que lles foi presentado polo seu presidente, o xerente do hospital de Lugo, Ramón Ares, pouco tempo despois de que fixese a presentación para os medios de comunicación.

Presentado na Delegación da Xunta en Madrid o "21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria"

1. De Esquerda a dereita, Jesús Sanz, Ramón Ares, José Ramón Ónega e Joaquín Estévez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a rolda de prensa para presentar e dar a coñecer aos medios, na súa maioría especializados, o "21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria", que se celebrará os días 8, 9 e 10 de maio en Santiago de Compostela, onde ten previsto reunir a máis de 2.000 directivos e xestores sanitarios. O encontro, que é bienal, leva nesta ocasión por título "Innovación: camiño da sustentabilidade", dado que "a innovación, -terapéutica, tecnolóxica e en xestión sanitaria-, é o motor que necesita o modelo sanitario para impulsar a súa transformación".

A exposición de fotografía MEXILLÓN DE GALICIA de Xurxo Lobato, na Delegación da Xunta en Madrid no mes de abril

1. De esquerda a dereita, o fotógrafo Xurxo Lobato, o coordinador de Actos da Casa Ramón Jiménez, o pte. do CR Francisco Alcalde e o dr. gral. Ignacio Gandarias, todos cos folletos da exposición.

"MEXILLÓN DE GALICIA" é o título da exposición de fotografía de Xurxo Lobato, inaugurada esta tarde e organizada polo Consello regulador do Mexillón de Galicia co obxectivo de dar a coñecer, en imaxes, este singular molusco cuxa produción en Galicia lidera todos os mercados e que poderá verse na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia durante o mes de abril. A mostra, compóñena preto de medio centenar de fotografías e un audiovisual, ambos realizados polo prestixioso fotógrafo; así como a maqueta dunha batea e un exemplar do premiado libro no que aparecen todas as imaxes. Todo iso forma parte do proxecto da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia para dar a coñecer o selo Mexillón de Galicia, que representa garantía de calidade e orixe para o consumidor e que xa visitaron en Galicia preto de cen mil persoas pois puido verse xa no Museo do Pobo Galego (Santiago); Museo do Mar (Vigo); e o Acuario Finisterrae (A Coruña). Agora chega á Casa de Galicia en Madrid, onde estará ata o día 30, coa vocación de seguir un amplo intinerario pola xeografía nacional/internacional para difundir e promocionar este produto tan versátil en torno ao que centos de homes e mulleres foron capaces de crear unha actividade xeradora de riqueza e prosperidade.

Xornada de traballo de enxeñeiros químicos na Casa de Galicia en Madrid

1. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, cos investigadores de Biochem, proxecto dirixido pola profesora galega Marta Carballa (primeira pola esquerda).

Un equipo de enxeñeiros químicos de universidades en Santiago, Espoo (Finlandia) e Hamburgo (Alemaña), mantiveron hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia unha xornada de traballo, dentro do proxecto Biochem (Novel biorefinery platform for a driven production of chemicals from low-grade biomass), que coordina a profesora do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Carballa.

A Academia Xacobea celebrou na Delegación da Xunta en Madrid unha sesión solemne na que invistiu como Académica de Número á xornalista Pilar Falcón

Os vicepresidentes da Academia Xacobea, Marcelino Agís e Josefa Sanz, o delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega, o presidente da Academia Xacobea, Jesús Palmou, o director do CNI e académico de honra Félix Sanz, a xornalista e académica de número Pilar Falcón, o secretario da Academia, Ulises Bértolo, o xurista e académico de honra Antonio Fernández de Buján, o empresario e académico de honra Enrique Santín, o político Marcelino Orella e o experto en arte e Patrimonio José María Ballester.

A Academia Xacobea, que preside o avogado e político pontevedrés Jesús Palmou, celebrou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia unha sesión solemne na que a xornalista lucense e presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid Pilar Falcón Osorio leu o seu discurso de ingreso nela como Académica de Número, que foi respondido polo académico e secretario da Academia Ulises Bértolo, e entregáronse diplomas e medallas aos académicos de Honra tamén investidos no acto: o avogado, político e empresario Enrique Santín, o xurista e catedrático de Dereito Romano Antonio Fernández de Buján, o xeneral e director do Centro Nacional de Intelixencia Félix Sanz Roldán e o funcionario internacional e crítico de arte, experto en Patrimonio, José María Ballester.

A CAMOVI, corre ata Madrid

1. O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega e a alcaldesa de Viveiro, Marisol Loureiro, coa imaxe icónica da CAMOVI, Ramón Branco, os intervenientes no acto e parte do equipo organizador.

A IX Carreira de Montaña polos montes de Viveiro, CAMOVI, que se celebrará na costeira vila lucense, o día 27 de abril e que conta cun espectacular trazado circular desde o que, prácticamente se pode contemplar o mar en todo momento, presentouse esta mañá na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Son 42 kms de "puro monte galego" aínda que tamén está a posibilidade da CAMOVI 18 K, un trail ma?is curto de 18 quilo?metros para os principiantes e que comparte a última etapa da carreira longa. É unha cita para os amantes deste deporte que se desenvolve nunha contorna privilexiada, chea de atractivos gastronómicos, culturais e turísticos.

Mostrando o intervalo 41 - 50 de 861 resultados.