Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 511 - 520 de 866 resultados.

Emilio Rúa ofreceu na Casa o concerto "Destino Sur" cos temas do seu último disco

Rúa e Jiménez na presentación

A Casa acolleu hoxe o recital de voz e guitarra "Destino Sur", que ofreceu o cantautor ourensano Emilio Rúa, que conta con máis de 30 anos de traxectoria musical. O concerto incluíu temas marcados pola influencia da música pop-folk galega, inédita e versionada, que están no seu último traballo discográfico publicado co mesmo nome, e que naceu no sur de Galicia (Ourense) pero que ten tamén toques do sur situado ao outro lado do Atlántico, en USA.

Presentación en Madrid do libro "Testigo y parte de la historia reciente de Galicia", de Víctor M. Vázquez Portomeñe

Iglesias, Portomeñe, Beccaría, Ónega e Uña, de esquerda a dereita, instantes antes da presentación

A delegación da Xunta, Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación en Madrid do libro "Testigo y parte de la historia reciente de Galicia", de Víctor M. Vázquez Portomeñe, publicado por Hércules de Ediciones e no que a xeito de biografía, o autor fai un repaso polos momentos, os sucesos e as persoas que marcaron a súa vida, familia, amigos e compañeiros de política, tanto aliados como adversarios.

No acto -ao que asistiron diferentes personalidades como Juan José Laborda-, interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López; o editor Francisco Rodríguez Iglesias; o catedrático de Socioloxía da universidade Rey Juan Carlos Octavio Uña Juárez; o presidente do Consello de Estado José Manuel Romay Beccaría; e o propio autor, Víctor M. Vázquez Portomeñe.

O Castro e o Museo de Viladonga chegan por terceira vez a Madrid

Arias e Ónega pouco antes da conferencia

Hoxe o Castro e o Museo de Viladonga, situados na localidade lucense de Castro de Rei, foron os protagonistas na Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, xa que acolleu a conferencia "O Castro de Viladonga e o seu museo: Investigación arqueolóxica e patrimonio cultural" que pronunciou o arqueólogo, historiador e museólogo Felipe Arias Vilas. Antes, hai anos, fíxoo no Museo Arqueóloxico e na Universidade Autónoma. Na disertación na Casa, Arias Vilas falou sobre os aspectos históricos e patrimoniais máis relevantes que caracterizan este depósito dos primeiros séculos da era actual.

Isabel Blanco-Rivas presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu segundo libro de relatos, "Los mundos ajenos"

Blanco-Rivas mostra a súa obra.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro de Isabel Blanco-Rivas "Los mundos ajenos", unha colección de oito relatos que teñen en común que son protagonizados por persoas con algunha minusvalidez física, que foi publicado por Belagua Ediciones.

O fotógrafo galego Román Montesinos exhibe na Casa de Galicia en Madrid obras inéditas da súa "fotografía metafórica"

Montesinos ante unha das fotografías da mostra.

  "Metáforas, continxencias, circunloquios... e outras guindas" é o título baixo o que o fotógrafo coruñés Román Montesinos presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha mostra inédita da súa obra, que el cualifica de "fotografía metafórica" ou "metáforas visuais" e que algúns denominaron "poesía visual". Este recoñecido autor establece relacións entre obxectos en aparente discordia e enlázaos producindo efectos que sorprenden o espectador e nos que predominan os dobres sentidos e, con frecuencia, un humor subxacente. A exposición pode verse ata o próximo 28 de setembro nas salas B e L.

A exposición pictórica "Recantos de Galicia" de Eduardo Casal Barreiro estará ata o 28 na delegación da Xunta en Madrid

Eduardo Casal ante unha das súas obras preferidas

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a inauguración da mostra pictórica "Recantos de Galicia" de Eduardo Casal Barreiro, emigrante retornado de Uruguai despois de 35 anos que trae a Madrid unha exposición repleta de paisaxes rurais, ríos, bosques, mariñas e cidades de rúas empedradas. Casal, que se inspira directamente na natureza que agora o rodea, fai que as súas obras xurdan dun impresionismo trazado con pinceladas precisas e coloristas. A exposición poderá verse ata o día 28 deste mes en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, os días laborables. Domingos e festivos de 10 a 14 horas.

O delegado da Xunta de Galicia participa na celebración do Día de Galicia organizada polo Centro Galego da cidade

Pousado de directivos e autoridades.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, participou o 20 de xullo na tradicional celebración do Día de Galicia en Madrid que organiza o centenario Centro Galego da cidade. Nos actos, tamén acompañaron os directivos do Centro, o seu presidente, Fernando de Castro López-Villarino, e secretaria xeral, María Lage, entre outros, o cardeal arcebispo de Madrid, Antonio María Rouco Varela, o letrado maior do Consello de Estado Leopoldo Calvo Sotelo e numerosos amigos e simpatizantes da entidade. O Centro Galego de Madrid distinguiu recentemente a Ónega nomeándolle Presidente de Honra.

Feijóo salienta a contribución dos galegos en Madrid a crear un foco de proxección da nosa comunidade desde a capital de España

Foto de familia dos protagonistas do acto.

§  "Sodes galegos que aproveitan o dinamismo e a visibilidade de Madrid en beneficio da cultura, da economía e do turismo da nosa Comunidade", remarca

§  Destaca o xeito galego de entender as identidades "como suma e non como conflito", unha fórmula  que "sempre nos resultou cómoda e que se demostrou de enorme utilidade ao longo do tempo"

§  Lembra os 79 falecidos no accidente de Angrois, aos que temos a obriga de honrar "con memoria e con xustiza" e cuxa lembranza "forma parte para sempre da tradición do Día de Galicia"

§  Remarca a entrega da Casa Real con Galicia tras o sinistro e asegura que nesta nova etapa a Coroa seguirá a ser para a Comunidade "un referente e un apoio nos bos e nos malos momentos"

FAGAMA conmemora en Madrid, cunha xornada de cultura e festa, o Día das Letras, e mais o Día de Galicia

Foto de familia, con Ónega (quinto pola esquerda) e representantes das colectividades

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a primeira parte da xornada que a Federación de Asociacións Galegas en Madrid, formada por a maioría dos colectivos culturais e profesionais da comunidade, da xornada para conmemorar o Día das Letras e máis o día de Galicia, cun acto cultural –a conferencia de Armando Requeixo, sobre "Xosé María Diaz Castro" e a actuación musical de Uxía Senlle-, que completaron cun xantar e unha festa na localidade de Griñón a donde se desplazaron todos.

Na Casa interviñeron, tras unha breve actuación do grupo de gaitas de Xuntanza de Alcobendas, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega;  o presidente e secretario de FAGAMA, Ovidio Cadenas e Fernando Gómez; e mais o conferenciante Armando Requeixo que é doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago; profesor e crítico literario, é membro da Sección Crítica da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Española de Críticos Literarios e do PEN Galicia.

José Ramón Ónega recibe a homenaxe das Colectividades Culturais e Profesionais Galegas en Madrid

Ónega cos representantes das colectividades galegas que xuntaron esforzos para organizar a homenaxe

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, recibiu onte unha cea homenaxe que lle ofreceron as diferentes asociacións culturais, profesionais e centros galegos da Comunidad de Madrid. Mais dun centenar de persoas déronse cita no salón panorámico do piso 30 da Torre Eurostars, como demostración do  "afecto, cariño e admiración", palabras que se repetiron nas intervencións dos representantes de todas e cada unha das institucións convocantes. Ónega recibiu unha placa conmemorativa coas bandeiras de Madrid e Galicia e un diploma acreditativo do emotivo acto.

Mostrando o intervalo 511 - 520 de 866 resultados.