Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 561 - 570 de 895 resultados.

A Casa acolle en xuño a mostra "A Illa do Santo de Pilar Pérez Abilleira

Pilar Perez Abilleira ante a sua Azuis

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolle a exposición que leva por título "A illa do santo" da artista multidisciplinar, Pilar Pérez Abilleira, cuxas obras están inspiradas pola poesía e a innata sensibilidade da autora pontevedresa. A mostra poderá verse na Casa ata o 27 de xuño. O acto de inauguración correu a cargo do Coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez e nel tamén interveu a artista.

A Casa de Galicia acolleu o estrea do documental "Celso Emilio Ferreiro, o poeta da vida", de Aser Álvarez

Aser, Jiménez e Reigosa.

 A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a estrea da curtametraxe documental "Celso Emilio Ferreiro, o poeta da vida", dirixida por Aser Álvarez, e recollida no DVD "102 Testemuños de aniversario", coordinada por Plácido Romero. Presentárono o seu director, o xornalista galego Carlos G. Reigosa e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen saudou os asistentes en nome do delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega. Entre os asistentes estaban o escritor Sabino Torres e o escultor Leiro.

A Adega Marqués de Vizhoja presenta na Casa os seus novos produtos

Jorge Pelaez, Paula Vázquez e J. R. Ónega na presentación dos produtos de Vizhoja

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta mañá un acto empresarial informativo: a presentación dos novos licores e a última anada dos seus viños da adega galega Marqués de Vizhoja. A xornada, que se iniciou as 11:00 horas e concluíu sobre 14:30 horas, estaba dirixida unicamente a medios, bloggers e profesionais do sector. A encargada de dar a coñecer os novos produtos foi a presentadora galega Paula Vázquez, que é imaxe da empresa dende o ano 2005. No acto interviñeron o delegado da Xunta, José Ramón Ónega; Jorge Pelaez, propietario da empresa e Paula Vázquez.

Os profesores Mourelle de Lema e Blázquez Martínez clausuraron as XXX Xornadas de Cultura Galega de Grugalma

Blázquez, Jiménez e Mourelle de Lema.

A segunda e última sesión das XXX Xornadas de Cultura Galega que se celebraron na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, organizadas polo Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma) en torno ao tema "España: unidade histórica e diversidade sincrónica", tivo como relatores aos profesores José María Blázquez Martínez, co relatorio "Unidade histórica de Hispania na época romana", e Manuel Mourelle de Lema, presidente do Grugalma, que interveu co relatorio "A evolución da Marca Hispánica". Estiveron acompañados polo coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez, que presentou a sesión e dió a benvida en nome do Delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

A Casa acolleu a celebración das XXX Xornadas de Cultura Galega de GRUGALMA

García Moreno, Jiménez Pérez e Mourelle de Lema

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a primeira sesión das XXX Xornadas de Cultura Galega que un ano máis organiza Manuel Mourelle de Lema, profesor emérito da Universidade Complutense de Madrid, membro da Real Academia da Historia e presidente do Grupo Cultural Galicia en Madrid (GRUGALMA), coa conferencia: "Gotia e España en 711" a cargo de Luis Agustín García Moreno, catedrático da Universidade de Alcalá de Henares (UHA), Membro da Real Academia da Historia e premio de Investigación do Consello Social da UHA.

Presentación en Madrid do libro "Dejadme marchar" da autora coruñesa Begoña Peñamaría Marcos

Gonzalo L. Torres, Begoña Peñamaría, Romay Beccaría, Otero Lastres y José Ramón Ónega en la presentación del libro Dejadme marchar

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta tarde a presentación do libro "Deixádeme marchar" da deseñadora de moda, Begoña Peñamaría Marcos, -publicado por InÉditor-, que o escribiu como homenaxe ao seu irmán Sergio, falecido por un cancro fulminante aos 33 anos, para manter vivo o seu recordo e transmitir unha mensaxe de esperanza e apoio a outras familias que pasan por un transo similar".

No acto interviñeron, ademais da autora, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; Gonzalo López Torres, editor e responsable do selo InÉditor; o catedrático de Dereito Mercantil, avogado e escritor, José Manuel Otero Lastres; e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, encargado de pechar a presentación.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a estrea en Madrid do vídeo promocional de Lugo e súa provincia "I´m from Lugo & I don´t deny it"

Castro, Ares, Ónega, Barrios, Muinelo e Jiménez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación en Madrid do vídeo musical promocional de Lugo e a súa provincia "I´m from Lugo & I don´t deny it" ("Son de Lugo e non o nego"), do grupo musical Batital, promovido pola Asociación Cultural do mesmo nome. Nel actúan as sopranos Alba Messa e Noemi Mazoy e as cantantes Lucía Pérez e Pilocha, ademais doutros músicos da provincia; e conta coa participación de máis dun millar de lucenses, entre eles, Luis Tosar, Marta Rivera, Diego López, Elías Rodríguez, Martín Barreiro, José de Cora, Liborio García, Jorge Acuña, Fernando Ónega e Jenaro Castro.

Os poetas coruñeses David Rey Fernández e Vicente Araguas ofreceron un recital poético na Casa de Galicia en Madrid

Araguas, Jiménez, Morocha Fdez. (nai de D. Rey), Rey e Palomares.

Os poetas coruñeses David Rey Fernández (Ferrol, A Coruña) e Vicente Araguas (Xuvia, Neda, A Coruña) protagonizaron hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia un singular recital poético no que se manifestaron dúas xeracións e dúas maneiras ben distintas de ver a poesía, elemento de unión dos dous protagonistas. Ambos os dous recitaron, en galego e en castelán, respectivamente, unha selección das súas creacións.

Máis de medio centenar de xuristas acuden a Casa a presentación das "Xornadas Xurídicas de Sarria Román García Varela"

García Varela Iglesias, García López, Romay Beccaría, Ignacio Sierra, Lema Devesa e Ónega López

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a Presentación das VIII Xornadas Xurídicas de Sarria "Román García Varela", organizadas polo Concello lucense en colaboración con IURISGAMA (Asociación de Xuristas Galegos en Madrid). As Xornadas, que agora levan o nome do seu desaparecido fundador, celebran este ano a VIII edición -contan polo tanto cunha consolidada traxectoria-, e nelas, os días 6 e 7 de xuño, daranse cita xuristas de toda España para tratar temas tamén de interese xeral, en concreto, este ano versarán en torno a "A protección ao consumidor no século XXI".

Presentación e proxección do documental "o Instante eterno" sobre a vida e a obra do poeta Xosé María Díaz Castro

X. Antonio Cascudo, Ramón Jiménez e Alfonso Blanco, coa moneda de Díaz Castro en primero plano

A Casa acolleu hoxe a presentación e proxección do documental “O INSTANTE ETERNO", de Xosé Antonio Cascudo Rodríguez, sobre o poeta Xosé María Díaz Castro, a quen se dedica este ano o DÍA DÁS LETRAS GALEGAS, realizado para promover e difundir a vida e obra do poeta da localidade lucense de Guitiriz de cara á celebración do centenario do seu nacemento que foi o pasado 19 de febreiro.

No acto interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez;  o director e guionista do audiovisual, Xosé Antonio Cascudo e o presidente da Asociación Cultural Xermolos, Alfonso Blanco.

Mostrando o intervalo 561 - 570 de 895 resultados.