Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 51 - 60 de 787 resultados.

O libro "La renovación de las peregrinaciones a Santiago de Compostela en el siglo XIX", editado polo CSIC, presentouse hoxe na Delegación da Xunta en Madrid

1. De esquerda a dereita, Antón M. Pazos, Milagrosa Romero, Romay Beccaría, José Ramón Ónega, José Andrés Gallego e Ramón B. Rodríguez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro "La renovación de las peregrinaciones a Santiago de Compostela en el siglo XIX: entre tradición y modernidad", coordinado por Antón M. Pazos, y editado polo CSIC, obra cuxa finalidade é "ofrecer ao lector unha idea do que supuxo o intento de relanzar a peregrinación xacobea a finais do século XIX; das dificultades que tivo e da contorna na que se moveu e inspirou, así como das súas limitacións".

Asomega establece na Delegación da Xunta as bases para a organización do I Encontro de Médicos Galegos, que en 2019 reunirá en Santiago a profesionais procedentes de todo o mundo

Reunión de traballo dos directivos de Asomega, co seu presidente, Xullo Ancochea (1º pola izda.).

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega), que preside o doutor Julio Ancochea, estableceu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia as bases para a organización do I Encontro de Médicos Galegos, que a Asociación celebrará en 2019 en Santiago de Compostela, con profesionais procedentes de todo o mundo. Fíxoo nunha reunión da súa Xunta Directiva celebrada a última hora de onte.

A pintora e escultora Yolanda d'Augsburg inaugura na Delegación da Xunta a exposición "30 anos de tributo a Galicia"

A artista Yolanda d'Augsburg e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, ante o cadro ´Inquietudes de la luna de abril´.

A pintora e escultora Yolanda d' Augsburg, condesa Lins Augsburg e Ulm e doutora en Historia da Arte, con vínculos familiares en Vilanova de Arousa (Pontevedra), inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición mixta, de pintura e escultura, "30 anos de tributo a Galicia", que estará aberta ao público ata o próximo día 27.

"Ferrol en reflexos" de Manuel Pombo, en Madrid no mes de abril

1. Manuel Pombo con dúas das imaxes de Ferrol que forman parte da mostra.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá durante o mes de abril a exposición de fotografía "FERROL EN REFLEXOS", de Manuel Pombo, na que o autor, aliándose con diferentes elementos, especialmente coa auga, capta sorprendentes recunchos, singulares edificios e pequenos detalles da "cidade lóxica situada nunha terra máxica", como definiu a Ferrol Torrente Ballester nos "Cuadernos de la Romana", tal e como lembrou Pombo no acto de inauguración.

O profesor mercantil e auditor de contas Jorge Borrajo presenta na Delegación da Xunta o seu libro "La empresa explicada a jóvenes de todas las edades"

O autor do libro, Jorge Borrajo, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, a presentadora Silvia Jato e o editor Juan Mariñas, na presentación.

O profesor Mercantil e auditor de contas Jorge Borrajo Prego, coruñés, presentou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o libro da súa autoría "La empresa explicada a jóvenes de todas las edades", publicado por Lautana Editorial. Nel afírmase que a nosa relación coas empresas ao longo da vida empeza no hospital no que nacemos e finaliza na funeraria/o cemiterio, pasando pola escola, a universidade, o traballo e a xubilación.

EFA Piñeiral celebra na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia unha xornada de traballo para mellorar a cualificación profesional de mozos deste ámbito en comercio e "marketing"

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega -en primeira fila, terceiro pola izda-, con estudantes da EFA- Piñeiral, o representante de Aegama, José Cerdeira, o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, e as formadoras Rocío Agra e Mary Espiñeira.jpg

A entidade Galicia-EFA Piñeiral, de Arzúa (A Coruña) pertencente á Federación de Escolas de Formación Agraria ( EFA) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha xornada de traballo do seu programa "Emprendemento con mozos do medio rural" cuxo obxectivo é mellorar a cualificación profesional dos mozos deste ámbito na área de comercio e "márketing" e coñecer outras experiencias que lles poidan achegar ideas para desenvolver nas súas zonas de orixe.

O pediatra e profesor Francisco Ruza abordou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid a humanización da Medicina desde o ámbito da Pediatría e a Musicoterapia

O doutor Francisco Ruza impartindo a conferencia, seguido con atención polo presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, os doutores Julio Ancochea e Miguel Carrero e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega.jpg

Esta tarde tivo lugar na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha nova conferencia do ciclo "Medicina e Humanidades", organizado pola Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega). Baixo o título de "Humanización na asistencia médica desde a miña experiencia en Pediatría. O valor da musicoterapia", o conferenciante, santiagués, expresidente de Asomega, pediatra e profesor emérito da Universidade Autónoma de Madrid, Francisco Ruza analizou a situación actual da asistencia nese campo da Medicina e expuxo o papel que a Musicoterapia ten no contexto dunha asistencia máis humana. Un centenar de persoas, que completou o aforamento da sala, seguiu con atención as súas explicacións.

Presentación en Madrid da "XXVII Feira do Requeixo e Mel" que se celebrará na localidade pontevedresa de As Neves o venres de Semana Santa

1. De esquerda a dereita, o coordinador de Actividades Ramón Jiménez, o alcalde de As Neves Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o chef Fran Sotelino e Alejandro Martínez da Cooperativa de Requeixo de As Neves.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da XXVII edición da "Feira do Requeixo e Mel" declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que se celebrará na localidade pontevedresa de As Neves o día 30 deste mes, venres de Semana Santa, unha cita ineludible da gastronomía galega que enriquece o seu amplo patrimonio natural, cultural e gastronómico.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle unha homenaxe á memoria do escritor, pintor e cineasta ferrolán Juan Antonio Cadenas

José Ignacio Cadenas atentamente escoitado polos seus compañeiros de mesa, Ramón Jiménez, Vicente Araguas e Antonio Polo.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde unha homenaxe á memoria do escritor, pintor e cineasta ferrolán Juan Antonio Cadenas, falecido en Madrid o 22 de decembro de 2017, no que se leron algúns dos poemas e escritos do homenaxeado e proxectouse un das súas curtametraxes e ao que, a pesar das dificultades da xornada para moverse por Madrid, asistiron numerosos familiares, amigos e coñecidos que quixeron renderlle este tributo.

 

Fagama celebra na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria

Responsables das entidades que compoñen Fagama pousan antes de comezar a Asemblea.

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid ( Fagama) celebrou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2018, na que aprobou as actividades e orzamentos executados en 2017 e as previsións en ambos os ámbitos para 2018.

Mostrando o intervalo 51 - 60 de 787 resultados.