Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 591 - 600 de 891 resultados.

FAGAMA celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa de Galicia en Madrid

Os participantes posan con García Gómez e Ónega .

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (Fagama), que preside Ovidio Cadenas, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2014, na que se abordou, entre outras cousas, o programa de actividades do ano.

A Casa acolleu a mesa redonda "Unha mirada dende dentro. Como se constrúe un personaxe" organizada polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, dentro do ciclo dedicado á Prensa do Corazón

Falcón, Josemi, Ónega e Ballarín na mesa redonda hoxe

"O que non quere saír, non sae", afirmaron categoricamente os profesionais esta tarde na Casa de Galicia na mesa redonda: "Unha mirada dende dentro. Como se constrúe un personaxe", dentro do ciclo que organiza o Club de Xornalistas Galegos en Madrid dedicado á Prensa do Corazón. No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, interviñeron o comunicador galego e especialista en crónica social, Josemi Rodríguez-Sieiro; a redactora xefe da revista "Dez Minutos", Rosa María Ballarín Borruel e a xornalista Pilar Falcón, presidenta do Club e coordinadora do ciclo.

O Grupo Bilbao de Poesía Galega en Madrid, amigos e admiradores renden homenaxe na Casa a Sabino Torres, editor, escritor e poeta

Bonet Correa, Sabino Torres e Ónega escoitando as intervencions coa sala chea

A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a homenaxe ao destacado editor poeta, xornalista e escritor Sabino Torres Ferrer, organizado polo Grupo Bilbao de poesía galega en Madrid. Interviñeron, en representación deste colectivo poético, Miguel Barrera, Fermín Bouza, Yolanda López, Pilar Mera, Manuel Pereira, Begoña Regueiro, Marga Vázquez e Rafa Yáñez; e ademais Antonio Bonet Correa, Inés Canosa, Laura Mundo Torres e Ricardo Pichel, entre outros.

Lomana e De Montini abriron o ciclo de debates "A prensa do corazón" que se celebra na Casa de Galicia en Madrid

Falcón, Lomana, Ónega e De Montini.

Coa popular Carmen Lomana, empresaria e personaxe habitual nas revistas, e o veterano xornalista do sector Javier de Montini como protagonistas, a Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia iniciou hoxe un ciclo de conferencias-debates dedicado á prensa do corazón que, con ese nome, "A prensa do corazón", coordina e dirixe a xornalista Pilar Falcón, presidenta do Club de Xornalistas Galegos en Madrid e tamén especialista na prensa do corazón. O Ciclo, presidido polo delegado da Xunta, José Ramón Ónega, contará con outras dúas sesións máis.

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o Programa Neuro-Físico-Emocional do grupo Meridianos y Paralelos de Coaching Educativo

Lestrade, Becerril, Jiménez,G. Tricás, G. Sanabria e Martín.

Os fundadores-responsables da empresa cultural e educativa Meridianos e Paralelos presentaron hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o Programa Neuro-Físico-Emocional del Grupo Meridianos e Paralelos de Coaching educativo, un proxecto educativo dirixido a profesores e pais para apoiar ao éxito escolar e familiar de nenos e adolescentes.

Presentado na Casa o libro "Manuel Fraga un gallego cubano, Fidel Castro un cubano gallego", de Miguel Ángel Alvelo Céspedes

Ricardo Vélez, (esposo de Margarita) Margarita Fraga, Alvelo Céspedes, (autor); Eugenio Martínez (embaixador de Cuba)J.R.Ónega; Elisa Fraga e Carlos Pérez-Desoy

A Sala A da Casa de Galicia, sede institucional da delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do libro "Manuel Fraga un galego cubano, Fidel Castro un cubano galego", de Miguel Ángel Alvelo Céspedes. A obra, que foi prologada por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, establece as similitudes e diferenzas entre ambos os dous líderes políticos. No acto, tamén se proxectaron imaxes das visitas de Fraga Iribarne a Cuba nos anos 1991 e 1998; e contou coa asistencia do embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez e as irmás de Don Manuel, Elisa e Margarita Fraga Iribarne.

Labajjo Grandío expón as súas últimas obras na Casa de Galicia en Madrid

De Buján, Labajjo, Ónega e De Cora.

O pintor lucense Alfredo Labajjo Grandío expón as súas últimas obras na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde inaugurou esta tarde unha mostra chea de colorido que poderá visitarse ata o próximo día 28. No acto manifestouse o coñecemento que tivo de Picasso e a influencia deste na pintura de Labajjo Grandío.

"Disociados" de Rut Martínez López de Castro, en Madrid coas últimas creacions da artista viguesa

Rut Martínez López de Castro, pintora viguesa que expón na Casa ata o 28 de febreiro de 2014

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a inauguración da mostra de pintura e gravado "DISOCIADOS", da artista e profesora de Arte da Universidade de Vigo, Rut Martínez López de Castro, cuxa obra caracterizase por achegar un forte impacto visual de cores, formas, liñas, espazos, temas e simbolismos. A exposición, que ofrece as últimas pinturas e gravados de Rut, poderá verse ata o 28 deste mes.

Presentado na Casa de Galicia o libro de relatos curtos "La bebida de las avispas", de María Jesús Domínguez Sío

Un momento da presentación.

A filóloga e catedrática pontevedresa María Jesús Domínguez Sío presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa obra "La bebida de las avispas", unha colección de relatos breves publicada pola editorial La Isla de Siltolá.

Pazo de Vilane presentou na Casa o seu proxecto empresarial de futuro

Intervención do delegado da Xunta, José Ramón Ónega

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta mañá un acto informativo-presentación dos novos produtos de "Pazo de Vilane”, empresa familiar galega que desenvolve a súa actividade no medio rural. Pazo de Vilane, que se especializou en comercializar ovos de alta calidade, como novidade deu a coñecer as súas novas marmeladas, especialmente a de tomate agridoce, con certificado ecolóxico, e que se encontrará no mercado proximamente.

Mostrando o intervalo 591 - 600 de 891 resultados.