Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 61 - 70 de 787 resultados.

O pintor santiagués José Manuel Méndez, Pitelos, exhibe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Míticos no leito"

J. Méndez ante unha das súas obras.

O pintor santiagués José Manuel Méndez Rodríguez, Pitelos, inaugurou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra "Míticos non leito", unha colección de pinturas nas que coñecidos actores do teatro, a televisión e o cinema galegos pousan recreando un personaxe da mitoloxía grega (Antígona, Asclepios, Circe, Dánae, Dédalo, Gerión, as Moiras, Pandora, Ulises, etc.) que están acompañadas por bosquexos ao grafito e cartela explicativa do momento en que se desenvolve a acción mitológica. A exposición, que constitúe unha selección de obras da que xa tivo lugar co mesmo título no Museo do Pobo Galego, pode verse nas nosas instalacións, nas que ocupa dúas salas, ata o próximo 30 deste mes de marzo.

Pilar Cernuda: "Volveré a buscarte é a miña primeira novela e con ela quero render unha homenaxe ás mulleres galegas que fixeron país mentres os home emigraban"

1. De Esquerda a dereita, Fernando Ónega, Carlos Alsina, Pilar Cernuda, Ana Pastor, Fátima Báñez, José Ramón Ónega.Ymelda Navajo, Margarita Robles, Javier Arenas e José Manuel Barreiro.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro VOLVERÉ A BUSCARTE, primeira novela da xornalista e escritora Pilar Cernuda, editada por Esfera de los Libros, e que conta no seu haber máis dunha vintena de títulos. Con esta obra, protagonizada polas mulleres dunha saga galega nos longos anos da emigración, a autora quere "render unha homenaxe tanto aos que cruzaron o mar para perseguir un soño como ás que quedaron esperando as promesas que non sempre viron cumpridas".

O xornalista e escritor José de Cora presenta na Delegación da Xunta en Madrid a súa última novela, "Te llamaré Muerto. Valle Inclán y Acevedo en la Casa del Demonio", publicada por Edhasa

O deputado Jaime de Olano, o editor Daniel Fernández, os escritores Ramón Pernas e José de Cora, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o conde de Fontao, José Manuel Romero, e o escritor Carlos G. Reigosa.

O xornalista -director xeneral do diario El Progreso, de Lugo- e escritor José de Cora presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Te llamaré Muerto. Valle Inclán y Acevedo en la Casa del Demonio", unha novela publicada por Edhasa que está dacabalo entre o histórico, o costumista e o esotérico, baseada en feitos reais e que transcorre na Galicia profunda de principios do século XX. Acompañaron ao autor na presentación José Manuel Romero, conde de Fontao; Daniel Fernández, editor e presidente de Edhasa, e o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, e entre os numerosos asistentes ao acto achábanse os deputados por Lugo Joaquín García Díez e Jaime de Olano e os xornalistas e escritores Carlos G. Reigosa, Ramón Pernas e José María Carrascal.

José M.ª Peláez Valle: O Marqués de Salamanca era un personaxe de novela que pasou de nobre revolucionario a empresario e político internacional na España do XIX

1. O coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez (centro) co relator José M.ª Peláez (cuarto pola esquerda) e o xerente de Llardy Daniel Marugán (á dereita) con membros do Club de Esgrima Ateneo, que acudiron á Casa de Galicia para escoitar ao conferenciante que tamén é especialista en armas e que nesta ocasión falou sobre o enigmático Marqués de Salamanca.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a Conferencia: "Un personaxe de novela: o Marqués de Salamanca", que ofreceu o escritor e profesor José María Peláez Valle, un percorrido pola vida, obra, fantasías, realidades e relacións cos principais personaxes da época de José de Salamanca, quen pasou de nobre revolucionario na súa mocidade a político e empresario con importantes e decisivas actuacións para España en asuntos internacionais. Entre as cuestións expostas, algunhas "absolutamente inéditas", tal e como destacou, foron as "aclaracións sobre a intervención de José de Salamanca nos acordos co xeneral Cabrera en Londres para propiciar o final das Guerras Carlistas estudadas por un grupo de investigación español que desvelou aspectos descoñecidos".

O músico Rafael Carracedo enche as instalacións da Delegación da Xunta/Casa de Galicia na presentación do libro-disco "A requinta da Ulla. Obradoiro Riobó"

O coordinador de Actividades, Ramón Jiménez, con Rafael Carracedo -coa requinta na man- e os músicos que lle acompañaron.

O músico de orixe galega Rafael Carracedo Crespo encheu hoxe as instalacións da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia con motivo da presentación do libro-disco "A requinta dá Ulla. Obradoiro Riobó", publicado por Edicions Embora coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, do que é autor. A sala principal, cun aforamento de ao redor dun centenar de persoas, colgou o cartel de completo e moitos dos asistentes tiveron que seguir o acto desde o hall da Casa.

Clausuradas as Xornadas de Formación "Os novos empregos no medio rural: retos para os docentes da FP" que reuniron a máis de medio centenar de directivos das EFA

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega -en primeira fila, con gravata azul- pousou cos directivos e participantes das Xornadas.

Finalizadas as xornadas de formación de directivos das Escolas Familiares Agracias ( EFA) "Os novos empregos no medio rural: retos para os docentes da FP" que durante dous días reuniron na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a máis de medio centenar de directivos de sete comunidades autónomas: Aragón, Andalucía, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid e Galicia, cuxa EFA organizou o encontro en colaboración coa Unión de Escolas Familiares Agrarias de España ( UNEFA).

Medio centenar de directivos das EFAs asisten á Casa de Galicia ás Xornadas de Formación, "Os novos empregos no medio rural: retos para os docentes da FP"

1. De esquerda a dereita Gabriel Tirapu, Javier Prado, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, Rosalía Serrano Velasco e Maria Teresa Salinero.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle hoxe xoves día 8 (en horario de mañá e tarde) e mañá venres 9 (en horario de mañá) as "XORNADAS DE FORMACIÓN DE DIRECTIVOS DAS ESCOLAS FAMILIARES AGRARIAS ( EFA), baixo o título, "OS NOVOS EMPREGOS NO MEDIO RURAL: RETOS PARA OS DOCENTES DE FORMACIÓN PROFESIONAL", e cuxo obxectivo é a preparación e formación dos directivos dos 26 centros das Escolas. A estas xornadas, que se celebran cada dous anos, asisten máis de medio centenar de profesionais que desenvolven as súas actividades en sete comunidades autónomas: Aragón, Andalucía, Castela a Mancha, Comunidade Valenciana, Estremadura, Madrid e Galicia, cuxa EFA organiza os encontros en colaboración con UNEFA.

A AMMU presenta na Delegación da Xunta/Casa de Galicia a biografía "Vida de Concepción Arenal", de María Luisa Maillard, publicada por Elia Editores

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o presidente do Consejo de Estado, José Manuel Romay, a exministra Cristina Alberdi e a escritora María Luisa Maillard.

A Asociación Matritense de Mujeres Universitarias (AMMU) presentou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a biografía "Vida de Concepción Arenal", de María Luisa Maillard, escritora, presidenta da AMMU e directora de Elia Editores, a editorial que publica a colección de biografías de mulleres á que se incorpora a recollida neste novo libro. O acto encheu a sala principal e o hall da Casa, a pesar do frío que facía en Madrid.

César Antonio Molina: "Keith L. Boyd é tan galego como nós, e ademais capaz de captar nos seus cadros o misterio do mar da Costa da Morte"

1. O escritor e exministro César A. Molina co artista Keith L. Boyd e o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez.

O escritor e exministro de Cultura César Antonio Molina presidiu esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid o acto de inauguración da mostra "Mares" de Keith L. Boyd no que sinalou do artista neoiorquino que "é un galego como nós" que soubo "captar como poucos a inmensa forza oceánica e todo o misterio que encerra ese mar intensamente azul, denso e misterioso da Costa da Morte". E engadiu que Keith "é un pintor sibilino que interpreta o que o mar lle comunica a través da mestura de cores, a través do movemento das ondas, a través do seu propio espírito metamorfoseando no irracional". A exposición poderá verse na Casa durante o mes de febreiro.

Camariñas na Casa de Galicia

1. De esquerda a dereita, a concelleira de Cultura Sandra Insua, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, o alcalde Manuel Valeriano Alonso e a presidenta da Mostra Dolores Lema.

A Delegación da Xunta en Madrid acolleu hoxe a visita do alcalde e parte da corporación da localidade coruñesa de Camariñas famosa polos elaborados encaixes que nela se elaboran. Manuel Valeriano Alonso acompañado pola concelleira de Cultura Sandra Insua e a presidenta da Mostra do Encaixe de Camariñas Dolores  Lema, acudiron á Casa de Galicia en Madrid e nela deron a coñecer o novo cartel e a programación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018 .

Mostrando o intervalo 61 - 70 de 787 resultados.