Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 731 - 740 de 849 resultados.

Actuación do grupo de música tradicional contemporánea Talabarte na Casa de Galicia en Madrid

O grupo de música tradicional contemporánea Talabarte, formado por Quim Farinha (violín), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Kin García (contrabaixo) ofreceu hoxe unha actuación musical na Casa de Galicia en Madrid, ante máis dun centenar de persoas que encheron a sala e ás que deleitaron con temas do seu primeiro álbum, que leva o nome do grupo.

Teófilo Comunicación presenta na Casa de Galicia en Madrid o libro "Regalo de memoria"

Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid un novo proxecto editorial que leva por título "Regalo de memoria". Trátase dunha nova publicación que saíu á venda cun prólogo da xornalista Maruja Torres e asinou conxuntamente por Ghaleb Jaber Ibrahim e pola escritora galega Noemí Martínez que, cun nítido xénero biográfico, conta unha historia real.

Presentación en Madrid do libro "40 preguntas e respostas para entender a maldita crise" do xornalista Ignacio Capeáns e o economista Carlos Sánchez-Tembleque

No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, o empresario e editor José Luis Teófilo e un dos autores, Ignacio Capeáns. "Algo está a pasar cando as conversacións dos bares se encheron de palabras que ata agora só dicían os entendidos en economía", dixo Ónega, "é polo tanto unha obra de rabiosa actualidade e traballo de referencia neste momento".

O compositor Rubén L. Someso presentou en Madrido CD de música de cámara, "Orquesta de corda, piano e clarinete baixo"

A delegación da Xunta acolleu esta tarde a presentación en Madrid do CD de música de cámara "ORQUESTRA DE CORDA, PIANO E CLARINETE BAIXO", do compositor da localidade coruñesa de Arteixo, Rubén L. Someso. Este é o primeiro disco, de Rubén L. Someso, distribuído pola compañía iTinerant Record, que recompila as creacións realizadas entre os anos 2002 e 2010, e que inclúe tres obras para piano só, unha obra para clarinete baixo só, unha para piano e percusión, e unha obra para orquestra de corda.

Preto de duascentas persoas acudiron a Casa de Galicia para asistir a presentación do libro "Cociñar para 2. Recitas irresistibles" de Belén Otero Iglesias

Presentación do libro "Cociñar para 2. Receitas irresistibles", de Belén Outeiro Igrexas, publicado por Pigmalión Ediciones. No acto interviñeron ademais da autora; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, Marta González Novo, xornalista da Cadea SER, directora do programa Hoxe por hoxe Madrid, e prologuista do libro; Sacha Hormaechea, gourmetista, fotógrafo e autor do epílogo da publicación; Rosana Domínguez, bloggera e directora de operacións en Cocina.es e Basilio Rodríguez Cañada, editor e escritor.

A artista de Ferrol Catalina Lanza expón na Casa "os seus mares"

"Eu pinto porque o meu pai empeñouse  e a él dedícolle estes mares, cando hai só dúas semanas que nos deixou", dixo a artista de Ferrol, Catalina Lanza na inauguración da súa mostra, na Sala B da Casa de Galicia. "Eu empecei a pintar para telo contento porque él viu algo en min, e motivábame comprándome pinceis, óleos, enmarcando os meus cadros, e mira... ".

A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que Guillermo Bekes mostra na Casa de Galicia en Madrid

 A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que o artista arxentino Guillermo Bekes exhibe durante este mes na Casa de Galicia en Madrid, na exposición "Paisaxes de mar e terra". "A través da paisaxe compartida e a intervención humana nel evidénciase a integración iberoamericana, os lazos históricos e os vínculos culturais que irmandaron ambas as dúas nacións: España, especialmente Galicia, e Arxentina," valora o pintor, que se desprazou a Galicia durante varios meses para realizar algunhas das obras que se exhiben.

A secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas, presidiu na Casa de Galicia en Madrid a clausura do Ciclo de conferencias Medicina e Saúde

  • O cardiólogo, membro da Real Academia de Medicina de Galicia e presidente de Asomega, Francisco R. García Fernández, ofreceu a conferencia "A medicina do corazón no século XXI. Avances en cardioloxía"

 

  • "Todos os factores de risco vascular poden dar a cara nunha revisión antes de provocar un desastre", advirte García Fernández, último conferenciante do Ciclo

A Casa acolleu a`presentación en Madrid da XLIV edición da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o día 12 na bisbarra

-A delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá a presentación da XLIV Edición do Cocido de Lalín na que interviñeron o delegado e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o alcalde do concello, José Crespo Iglesias; o concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández; o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón Oliart e o restaurador, Manuel Domínguez Limeres. Ao acto asistiron tamén os empresarios Fernando Fernández Tapias, Julio Lage, José Solla; os xornalistas e escritores Pilar Cernuda e Carlos Reigosa; e o reverendo Andrés Ramos, entre outros.

La Casa de Galicia en Madrid acoge la presentación de la firma gallega Summum Delicatessen

La Casa de Galicia-Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid, acogió hoy la presentación de la firma gallega Summum Delicatessen (www.summumdelicatessen.com) y los productos gourmet de Galicia que comercializa, en especial las novedosas conservas de pez espada elaboradas por la Organización de Palangreros Guardeses, Orpagu Gourmet.

Mostrando o intervalo 731 - 740 de 849 resultados.