Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 781 - 790 de 894 resultados.

A artista de Ferrol Catalina Lanza expón na Casa "os seus mares"

"Eu pinto porque o meu pai empeñouse  e a él dedícolle estes mares, cando hai só dúas semanas que nos deixou", dixo a artista de Ferrol, Catalina Lanza na inauguración da súa mostra, na Sala B da Casa de Galicia. "Eu empecei a pintar para telo contento porque él viu algo en min, e motivábame comprándome pinceis, óleos, enmarcando os meus cadros, e mira... ".

A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que Guillermo Bekes mostra na Casa de Galicia en Madrid

 A paisaxe galega e a arxentina irmándanse na pintura que o artista arxentino Guillermo Bekes exhibe durante este mes na Casa de Galicia en Madrid, na exposición "Paisaxes de mar e terra". "A través da paisaxe compartida e a intervención humana nel evidénciase a integración iberoamericana, os lazos históricos e os vínculos culturais que irmandaron ambas as dúas nacións: España, especialmente Galicia, e Arxentina," valora o pintor, que se desprazou a Galicia durante varios meses para realizar algunhas das obras que se exhiben.

A secretaria xeral de Sanidade, Pilar Farjas, presidiu na Casa de Galicia en Madrid a clausura do Ciclo de conferencias Medicina e Saúde

  • O cardiólogo, membro da Real Academia de Medicina de Galicia e presidente de Asomega, Francisco R. García Fernández, ofreceu a conferencia "A medicina do corazón no século XXI. Avances en cardioloxía"

 

  • "Todos os factores de risco vascular poden dar a cara nunha revisión antes de provocar un desastre", advirte García Fernández, último conferenciante do Ciclo

A Casa acolleu a`presentación en Madrid da XLIV edición da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o día 12 na bisbarra

-A delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá a presentación da XLIV Edición do Cocido de Lalín na que interviñeron o delegado e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega López; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o alcalde do concello, José Crespo Iglesias; o concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández; o presidente da Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón Oliart e o restaurador, Manuel Domínguez Limeres. Ao acto asistiron tamén os empresarios Fernando Fernández Tapias, Julio Lage, José Solla; os xornalistas e escritores Pilar Cernuda e Carlos Reigosa; e o reverendo Andrés Ramos, entre outros.

La Casa de Galicia en Madrid acoge la presentación de la firma gallega Summum Delicatessen

La Casa de Galicia-Delegación de la Xunta de Galicia en Madrid, acogió hoy la presentación de la firma gallega Summum Delicatessen (www.summumdelicatessen.com) y los productos gourmet de Galicia que comercializa, en especial las novedosas conservas de pez espada elaboradas por la Organización de Palangreros Guardeses, Orpagu Gourmet.

Cerca de un centenar de persoas acuderon a Casa para disfrutar da lectura dramatizada de "O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca", de Álvaro Cunqueiro

Preto dun centenar de persoas acudiron á Casa deGalicia en Madrid para gozar de "O INCERTO SEÑOR DON HAMLET. PRÍNCIPE DE DINAMARCA", escrita por un dos máis célebres autores galegos, Álvaro Cunqueiro, que tomou o mito de Hamlet e o reinterpretou fundindo o mito nórdico de Hamlet co clásico de Edipo e adaptándoo á sociedade actual. Foi nunha lectura dramatizada, en galego, fiel ao texto do autor, dirixida por Mercedes Castro e na que participaron Antón Belmonte, Uxía Gonzálvez, Mikel Insua, Berta Ojea, Pablo Paz, Alber ponte e María Vázquez.

O Parlamento de Galicia e o Consello de Europa coordinarán un proxecto para fortalecer a "Europa das Rexións"

A Casa de Galicia en Madrid, delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde nas súas dependencias a reunión da Comisión Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) celebrada baixo a presidencia da titular do Parlamento de Galicia e presidenta de COPREPA, Pilar Rojo Noguera. No encontro preparouse tamén a orde do día do Plenario da COPREPA que se celebrará en Santiago de Compostela os primeiros días de marzo.

Pilar Rojo aposta por divulgar as normas e procedementos parlamentarios para dar a coñecer as institucións

Presidiu na Casa de Galicia en Madrid a presentación dun "Manual de actuación do Parlamentario" que nunha linguaxe amena pretende achegar a realidade do poder lexislativo a un público non especializado.

Pilar Rojo avanza que o Parlamento de Galicia presentará nos próximos días o seu propio "Manual Parlamentario" no marco dunha estratexia para achegar a Cámara á sociedade

Ónega resaltou en FITUR "os xeodestinos como nova visión da Galicia turística, capaz de recoller todas as singularidades de cada espacio"

No acto, que tivo lugar na sala de conferencias do estand de Galicia na Feira Interancional de Turismo en Madrid, FITUR, presentouse "FERROLTERRA como destino turístico", e nel interviñeron o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega en representación da secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; e a xerente de Turgalicia, Carmen Pita.

A web www.menugallego.es presentouse na Casa de Galicia

www.menugallego.es, primeira empresa de venda de comida galega elaborada a domicilio, presentouse hoxe na sede da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia. O acto contou coas intervencións de José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid; María Luisa Cid, concelleira de Turismo do Concello da Coruña; Fernando Romay, excompoñente da Selección Española de Baloncesto e medallista olímpico, e Ramón Santiago, director comercial da firma. Entre os asistentes ao acto tamén estaban Eduardo Blanco, exconcelleiro de Deportes da Coruña, e Tristana Moraleja, deputada pola Coruña.

Mostrando o intervalo 781 - 790 de 894 resultados.