Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 71 - 80 de 787 resultados.

A Delegación da Xunta acolleu esta mañá a presentación en Madrid do informe "A Xestión do risco en Galicia: cambio de rumbo" por Fundación Inade

1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega co director de INADE Adolfo Campos quen lle entregou as publicacións da fundación para a biblioteca da Casa de Galicia.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a rolda de prensa/presentación a medios xerais e especializados do ámbito das finanzas o seguro e a xerencia de riscos do informe "A Xestión do risco en Galicia: cambio de rumbo" por Fundación Inade, o primeiro estudo empírico realizado en España sobre a xerencia de riscos e o seguro no tecido produtivo dunha comunidade autónoma, que ademais foi galardoado en 2017 co Premio de Economía Valentín Paz Andrade. "O 80% da empresas galegas non coñece os seus riscos", é un dos datos que recolle o informe e que se deu a coñecer no acto informativo.

Asomega celebra na Delegación de la Xunta en Madrid/Casa de Galicia un coloquio sobre a humanización da asistencia sanitaria

O presidente da Fundación Humans, Julio Zarco, o cirurxián e escritor Alberto Infante, o presidente de Asomega, Julio Ancochea, a vicepresidenta de Asomega Inmaculada Ramos, o presidente de honra do Comité Internacional de Asomega, Enrique Iglesias, o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, a responsable de Formación e Calidade do Centro de Humanización da Saúde, Cristina Muñoz, e o viceconsejero de Humanización da Asistencia Sanitaria da Comunidad de Madrid, Fernando Prados. jpg

A Asociación de Médicos Galegos en Madrid (Asomega) organizou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o coloquio "Reflexiones sobre a humanización como elemento transformador da asistencia sanitaria", dentro do ciclo de conferencias "Medicina e Humanidades", que vén coordinando desde decembro de 2016 co patrocinio de PSN e Roche e a colaboración do Parlamento galego, a Xunta e a Casa de Galicia de Madrid.

A Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia de Juan Luís Beceiro "A expulsión dos xudeus e a Inquisición española"

1. O historiador ferrolán Juan Luís Beceiro co coordinador de Actividades da Casa de Galicia Ramón Jiménez instantes antes da conferencia sobre os xudeus e a Inquisición.

"A Inquisición española foi a única de Europa que non queimou a ningún escritor, humanista ou científico", asegurou categórico o historiador ferrolán Juan Luís Beceiro na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia na conferencia que pronunciou baixo o título "A expulsión dos xudeus e a Inquisición española". Na súa disertación, na que analizou a situación relixiosa na España dos séculos XV e XVI, argumentou que a lenda negra xurdida ao redor da persecución dos xudeus e a Inquisición foi "unha campaña orquestrada polos inimigos de España, e especialmente polos protestantes".

A Asociación Muxía Turismo Rural presenta na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o proxecto turístico "Muxía Rural: destino ornitolóxico"

O presidente da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos, Lorenzo Amor, o deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o alcalde de Muxía, Félix Porto, Francisco Canabal, do Clúster de Turismo de Galicia, e o presidente da Asociación Muxía Turismo Rural, Jesús Trillo, na presentación, cunha proxección sobre as rutas ornitolóxicas en Muxía.jpg

A Asociación Muxía Turismo Rural, en colaboración co concello de Muxía, presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o proxecto turístico "Muxía rural: destino ornitolóxico", de promoción desta variante turística no concello coruñés que, segundo expúxose, é un dos principais puntos de España para o avistamento de especies de aves migratorias pouco frecuentes, como a gaivota polar, que ten na praia de Nemiña a única colonia regular de Galicia e o falcón peregrino que xunto con outras especies pode verse no cabo Touriñán e mesmo o aguia real, que foi avistada recentemente en Nemiña.

As irmás lucenses Luisa Paz e Conchita (Concetta) Montenegro presentan na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a mostra pictórica "Liberación pola cor"

As artistas plásticas Conchita (Concetta) Montenegro e Luisa Paz ante senllas obras súas.

As irmás lucenses Luisa Paz e Conchita (Concetta) Montenegro expoñen desde hoxe e ata o próximo día 31 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a mostra pictórica "Liberación pola cor", na que o xogo de cores é o nexo de unión de dous estilos distintos que coinciden tamén na temática: a paisaxe urbana de Lugo e o corpo feminino, fundamentalmente.

A Delegación da Xunta en Madrid inicia o seu programa de actividades de 2018 coa exposición de pintura "Laberinto de cores" do artista guardés Antonio Martínez "Cachi"

1. Antonio Martínez, Cachi, ante a súa obra MUIÑOS DO FOLÓN.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a inauguración da mostra de pintura "Laberinto de cores" de Antonio Martínez "Cachi" cuxos lenzos están protagonizados polas súas paisaxes natais de A Guarda (Pontevedra) e que poderán verse en Madrid ata o 31 deste mes.

Editorial Torremozas presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o poemario "Fugaces", da escritora coruñesa Sofía Casanova

A poeta María Tecla Portela Carreiro, a editora Marta Porpetta, a filóloga Amelia Serraller, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, o xornalista Alfonso Armada e a escenógrafa Liz Wittlin.

A Editorial Torremozas presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o poemario Fugaces, da escritora coruñesa Sofía Casanova, primeira muller correspondente de guerra en España, que narrou ao país a Revolución Rusa desde San Petersburgo. Casanova realizou un importante labor literario como xornalista, novelista, dramaturga e poeta, sendo esta última a faceta menos coñecida da autora, que casou co filósofo Wincenty Lutoslawski, viviu en Polonia case toda a súa vida e morreu alí. O poemario reeditado acompáñase dun interesante material fotográfico, en parte inédito en España, e unha ampla introdución da filóloga e tradutora Amelia Serraller Calvo.

A Fundación Barrié celebra na Delegación da Xunta de Madrid/Casa de Galicia un taller sobre o dano cerebral

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, cambia impresións coa directora de Acción Social, María Isabel Pérez Martínez..

A Fundación Barrié celebra hoxe e mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia  un taller de traballo no que representantes do movemento asociativo vinculado ao dano cerebral adquirido agrupados ao redor da Federación Española de Daño Cerebral ( FEDACE) traballan, grazas ao acompañamento de SocialCo, na obtención dun prediagnóstico de marca e na comunicación interna.

IFEMA e Eventos del Motor presentan na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia "Retromóvil Madrid, Salón Internacional do Vehículo de Época"

O director xeral de Eventos del Motor, José Enrique Elvira, a coordinadora de Actividades Económicas da Casa, Ana Rodríguez, e o director xeral de IFEMA, Eduardo López-Puertas.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación de "Retromóvil Madrid, Salón Internacional do Vehículo de Época", cuxa décimo quinta edición terá lugar o próximo fin de semana, do 15 ao 17 de decembro de 2017, no recinto feiral de IFEMA, tras o acordo alcanzado entre esta organización e Eventos do Motor, S. L., empresa viguesa de organización de salóns relacionados co mundo do motor clásico e de época. No acto interviñeron o director xeral de IFEMA, Eduardo López-Puertas Bitaubé, o director xeral de Eventos do Motor, S. L., José Enrique Elvira, e a coordinadora de Actividades Económicas da Casa, Ana Rodríguez, que o fixo en representación do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

As enfermidades infecciosas na historia do Camiño de Santiago, obxeto dunha conferencia na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia

Os directivos de Asomega Julio Ancochea (presidente) e Inmaculada Ramos (vicepresidenta), o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e o catedrático de Microbiología José María Eiros.

Tres enfermidades infecciosas destacaron na traxectoria secular do Camiño de Santiago, a lepra, a peste e a chamada "lume de San Antón", e a gran pandemia ao longo da súa cronoloxía foi a peste que tivo lugar a finais do século XV e principios do XVI, unha enfermidade que na actualidade está vixente nalgúns países, como Madagascar. Así se expuxo esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia na conferencia "As enfermidades infecciosas no Camiño de Santiago", ofrecida polo doutor mindoniense José María Eiros Bouza, catedrático de Microbiología da Universidade de Valladolid e xefe do Servizo de Microbiología e Parasitología do Hospital Universitario Río Hortega de Valladolid.

Mostrando o intervalo 71 - 80 de 787 resultados.