Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 191 - 200 de 809 resultados.

A Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da novela "La jueza y el tendero", do coruñés afincado en Lugo Manuel Eduardo López

Véliz del Carpio, Manuel E. López, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o coñecido xornalista Fernando Ónega, Palacio Cantos, Hernán e Puri Sánchez.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación da novela "La jueza y el tendero", do coruñés afincado en Lugo Manuel Eduardo López, editado por Piediciones. Un relato que se desenvolve en Lugo, "sobre política e corrupción, sobre ambición e loita de poder, sobre a realidade mesma" coa particularidade de que o lector vivirá a historia "desde dentro", "palpará a normalidade da vida do protagonista, sentirá a súa angustia e temerá os tentáculos da xustiza", adelanta la editorial.

O Concello de Arbo presenta na Casa de Galicia la LVII Festa da Lamprea, que terá lugar o último fin de semana de abril de 2017

O presidente do C.R. Rías Baixas, Juan Gil, a directora xeral Nava Castro, a secretaria de Estado Matilde Asián, o alcalde Horacio Gil e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, ante o bodegón da presentación.

As instalacións da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia foron o escenario elixido polo Concello de Arbo (Pontevedra) para presentar en Madrid a profesionais do sector turístico e medios de comunicación a "Tempada da lamprea 2017" e a "LVII Festa da Lamprea", que terá lugar o último fin de semana de abril, do día 28 ao 30, por primeira vez como Festa de Interese Turístico Nacional.

A Casa de Galicia en Madrid acolle a exposición "Kontrakorriente" da multidisciplinar Pilar Santos

1. Pilar Santos coas súas esculturas pintadas, na Sala B da Casa de Galicia.jpg

As salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerán ata o día 26 deste mes a exposición de pintura e escultura "KONTRAKORRIENTE", na que a artista coruñesa afincada en Madrid Pilar Santos, capaz de expresarse en múltiples e variadas manifestacións incluíndo a música (piano, contrabaixo, canto...), ofrece nesta mostra un amplo conxunto de obras -escultopinturas- que destacan pola súa cor, inspiración, creatividade, composición, trazos, humor, sorpresa, tenrura...

Francisco Javier Neira Pampín presentou na Casa de Galicia en Madrid a súa novela "El sabor amargo de la fruta madura"

1. De esquerda a dereita, o autor Fco. Javier Neira Pampín; o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e o xornalista Xulio Xiz.

"¿Que levou a Alejandro -froita madura e protagonista da novela-, a pasar os últimos momentos da súa vida nunha residencia de anciáns, na maior indigencia, cando na súa vida profesional había conseguido todo o que unha persoa pode desexar?". O médico de Compostela fincado en Lugo Francisco Javier Neira Pampín, que asina F. J. Neira, ofrece a resposta a esta cuestión na novela editada por Galicia Dixital, El sabor amargo de la fruta madura, e que deu a coñecer hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. A presentación correu a cargo do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, e nela tamén interveu, ademais do autor, o xornalista Xulio Xiz.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do libro da Real Academia de Gastronomía "Alta cociña Galega"

1. De izq. a dcha.,o presidente da Academia de Gastronomía Rafael Ansón, a directora de Turismo Nava Castro, o delgado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e o cociñeiro Pepe Solla.

A Casa de Galicia de Madrid acolleu esta mañá a presentación do libro editado pola Real Academia de Gastronomía Alta Cociña Galega que recolle  a traxectoria e receitario de catorce dos mellores cociñeiros da nosa comunidade así como unha detallada selección das nosas mellores materias primas. O acto contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Real Academia de Gastronomía, Rafael Ansón; o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; e o cociñeiro galego Estrela Michelin, Pepe Solla.

Presentouse na Casa de Galicia en Madrid o libro "Liber Amicorum. Homenaxe ao Prof. Dr. Francisco Peña, Fillo Predilecto de Ponteareas"

Peña, o presidente do Consello de Estado, J.M. Romay Beccaría, e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia foi hoxe o escenario da presentación do libro "Liber Amicorum. Homenaxe ao Prof. Dr. Francisco Peña, Fillo predilecto de Ponteareas", acto no que interviñeron, ademais do homenaxeado, Francisco José Peña Castiñeira, o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría -que participa na obra-, o delegado da Xunta de Galicia e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, e algunhas outras das personalidades que participan no libro. A obra reúne a 211 autores que renden a súa particular homenaxe ao Prof. Peña, especialista en saúde na tripla vertente docente, investigadora e educativa-divulgativa.

"Cátedra China" celebra unha reunión de traballo na Casa de Galicia con Javier Serra, exconsejero da Embaixada de España en China

O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, diríxese aos participantes na reunión acompañado por Víctor Cortizo (á súa esda.) e Javier Serra (á súa dta.).

Unha vintena de membros da asociación Cátedra China, formada por expertos en relacións hispano-chinesas, cuxo obxectivo é favorecer as relacións entre ambas as nacións, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha reunión de traballo con Javier Serra, conselleiro da Embaixada de España en China entre 2011-2016 e conselleiro comercial en China 2002-2007. O propósito da reunión foi tratar a evolución do marco económico e de negocios en China, en especial desde a perspectiva da empresa española.

Poetas da Asociación Cultural Río Xuvia e do Grupo Bilbao renderon homenaxe a Fermín Bouza na Casa de Galicia en Madrid

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, 1º pola dta., cos relatores -Cándido Conde-Pumpido, Vicente Araguas e Carmen Pena- e algúns dos rapsodas que interviñeron na homenaxe.

Membros da Asociación Cultural Río Xuvia e do Grupo Bilbao, os compoñentes do faladoiro do antigo Café Comercial, déronse cita hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia nun recital de homenaxe ao profesor e escritor compostelán Fermín Bouza Álvarez, falecido a finais de pasado mes de outubro en Madrid, no que recitaron algunhas das súas poesías en galego e ofreceron testemuños sobre a súa vida. A eles sumouse o ex fiscal xeral do Estado e actual maxistrado do Tribunal Supremo Cándido Conde-Pumpido, como amigo do homenaxeado, e a viúva do escritor, Carmen Pena.

Asomega crea o seu Comité Estratéxico, formado por relevantes personalidades do campo sanitario e outros

Membros do Comité estratéxico de Asomega, no que se acha o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, primeiro pola esquerda, acompañado da súa muller.

A Asociación de Médicos Galegos (Asomega) acaba de constituír o seu Comité Estratéxico, un organismo composto por destacados perfís profesionais, a maioría vinculados ao ámbito sanitario, que servirá de apoio á institución para definir as súas liñas estratéxicas e grandes proxectos desde a cualificación que outorga a traxectoria dos seus membros. Entre eles, destaca a presenza de Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, e a de José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia en Madrid.

Feijóo avanzou en FITUR un plan estratéxico para consolidar Galicia como destino internacional e reforzar o peso do turismo no PIB da comunidade

1. O presidente da Xunta acompañado por Pilar Rojo, Nava Castro, José Ramón Ónega e outras autoridades no stand de Galicia en Fitur. (Imaxe BAFFYPRESS)

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un Plan estratéxico do Turismo 2017-2020, unha iniciativa froito da colaboración co sector que marcará as liñas para consolidar Galicia como destino internacional e seguir reforzando o peso do turismo no PIB da comunidade.

Durante o acto de presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2017, asegurou que para Galicia o turismo non é só un sector económico puxante, senón que se trata dunha actividade que "enriquece o noso día a día". "O turismo é un sector capaz de xerar 108.000 ocupados en 2015 e supón máis do 11% do PIB da comunidade. Pero tamén é a privilexiada xanela coa que nos asomamos ao mundo. Cada peregrino, cada turista, convértese en improvisado embaixador de Galicia", destacou.

Mostrando o intervalo 191 - 200 de 809 resultados.