Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 201 - 210 de 809 resultados.

A Asociación Muxía Turismo Rural presenta na Casa de Galicia en Madrid a campaña turística "Muxía rural, destino slow"

Lema, Trillo, Porto, Leis, Rodríguez, Pita e Burgos.

A Asociación Muxía Turismo Rural (A Coruña) presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a campaña de promoción turística "Muxía rural, destino slow" coa que os membros da Asociación queren ofrecer ao rural de Muxía como destino "slow" coincidindo con que Nacións Unidas decidiu que 2017 sexa o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento.

Máis de medio centenar de persoas acudiron á presentación na Casa de Galicia do informe "Mondoñedo, un municipio para investir"

1. O delegado da Xunta José Ramón Ónega e a alcaldesa María Elena Candia con destacados mindonienses, lucenses e profesionais interesados en Mondoñedo.

A Delegación da Xunta en Madrid/ Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación do Informe "Mondoñedo, un municipio para investir", un estudo encargado polo concello e que a alcaldesa da cidade María Elena Candia López expuxo porque "pon en valor e dá  a coñecer os recursos que temos e así captar investimentos para a nosa localidade". Ao acto asistiron máis de sesenta persoas entre as que se atopaban empresarios, deputados, destacados cargos das diferentes administracións así como relevantes profesionais de variados sectores.

O delegado da Xunta en Madrid visitou FITUR

1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega co ministro Nadal e a directora da Axencia de Turismo de Galicia Nava Castro, visitando a caseta.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, acude estes días a Fitur (mércores 18, xoves19 e venres 20) para desempeñar as funcións propias do seu cargo na feira de turismo máis importante de España e unha das de maior proxección do mundo. Como cada ano, acompaña ás diferentes autoridades e asiste ás presentacións dá ampla oferta que se mostra na caseta de Galicia, que nesta edición ofrece un orixinal formato simulando cadernos de viaxe con vistosas páxinas dous lugares emblemáticos.

Ónega acompañou a directora de Turismo Nava Castro na recepción ao ministro de Enerxía,Turismo y Axenda Dixital, Álvaro Nadal, quien visitó o amplio stand de Galicia que aposta este año polo turismo sostenible e pudo coñecer de primeira man os diferentes espazos, por provincias, adicados ao ocio, a gastronomía, a promoción ou a artesanía.

 

Investigadores do IDIS/SERGA e de varios hospitais españois organizan na Casa de Galicia a súa colaboración na tecnoloxía M-Trap

Reunión para organizar a colaboración na tecnoloxía M-Trap, con Miguel Abal (ao fondo) e Rafael López (4º pola dcha.).

Os investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS/SERGA) Miguel Abal e Rafael López, que lideran o proxecto de investigación "Tecnoloxía M-Trap para a captura das células metastásicas en cancro de ovario" que se desenvolve no Hospital de Santiago, mantiveron ao longo do día de hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia unha reunión de traballo con outros investigadores de sete hospitais nacionais que colaborarán no seu desenvolvemento. A tecnoloxía M-Trap foi creada en Galicia partindo dun proxecto financiado en orixe polo Fondo de Ciencias da Fundación Barrié.

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o poemario "Sacar a bailar", da autora coruñesa Rosalía Fernández Rial

Novo, Jiménez, Fernández Rial, Araguas e Cañada.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do poemario "Sacar a bailar", en edición bilingüe, galego e castelán, de Sial-Pigmalión, no que a autora coruñesa Rosalía Fernández Rial (Carballo, Muxía) reúne poesía creada entre 2009 e 2016.

Galicia acollerá en xuño o primeiro econtro internacional "Conecta Fiction" do sector televisivo

1. De esquerda a dereita, Jacobo Sutil Nesta, AGADIC; Julián Izqdo. Zamarriego, ICEX ; José Ramón Ónega delegado da Xunta en Madrid, Geraldine Gonard, CEO de Conecta Fiction e Xosé Luís G. Canido, da Fundación SGAE.

Galicia será a sede do 21 ao 23 de xuño do encontro internacional Conecta Fiction, primeiro evento dedicado á ficción televisiva que conectará Europa con América Latina e Estados Unidos. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o ICEX España Exportación e Investimentos e a Fundación SGAE promoven esta iniciativa, que reunirá na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, os representantes de cadeas de televisión, distribuidoras e produtoras de ambos continentes e que ten previsto, así mesmo, unha serie de actividades abertas ao público.

O binomio creativo Arte Guiglo inaugura na Casa de Galicia en Madrid a exposición "Fusión de espazos"

Os artistas cunha das súas obras.

O binomio creativo Arte Guiglo, constituído polos artistas plásticos Guille de la Paz Serra e Gloria López Paz (Padrón-A Coruña), que residen en Boiro (A Coruña) inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición de pintura (óleos, acrílicos, acuarelas,...) "Fusión de espazos" que pode verse nas salas A e B da Casa ata o próximo día 30. Con ela ábrense as actividades públicas da Casa de Galicia en 2017.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a reunión xacobea na que participaron representantes de diferentes institucións relacionadas co Camiño de Santiago

1. Os representantes das diferentes institucións na reunión de traballo.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde na Sala L unha reunión de traballo na que participaron preto dunha vintena de persoas de diferentes institucións relacionadas co Camiño, co obxectivo de axuntar esforzos, preparar e presentar as ferramentas de colaboración de cada unha das partes. Entre os asistentes estaban representantes do Xacobeo, (Xunta de Galicia); do  ING, Instituto Xeográfico Nacional, (Ministerio de Fomento); así como da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (que acolle a 35 asociacións de diferentes comunidades do territorio nacional).

A Casa de Galicia en Madrid ofreceu o concerto "Músicas do mundo... para todo o mundo", do grupo Batital

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, no centro, co grupo Batital.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, ofreceu hoxe o concerto "Músicas do mundo... para todo o mundo" do grupo Batital, banda lucense que interpretou temas musicais de quince países, fusionando a música de raíz co folclore e ritmos galegos, todo iso "baixo o fío condutor dun guión literario que profunda na historia de cada canción, na obra do seu compositor, na situación histórica na que se compuxo ou na análise musical e rítmica da obra". Un concerto que encheu a sala e foi moi aplaudido.

"2000 años del Balneario de Lugo: un modelo de activación del patrimonio termal", de J. Mario Crecente e Silvia G. Soutelo

1. Co libro, Mario Crecente, o deputado por Ourense Celso Delgado; o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega ; Antonio Garaloces director do Balneario e o deputado lucense Joaquín Díez.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación do libro "2000 años del Balneario de Lugo: un modelo de activación del patrimonio termal", editado polo arquitecto J. Mario Crecente Maseda e a arqueóloga Silvia González Soutelo, baixo o patrocinio do Balneario de Lugo. A obra que conta con case setecentas páxinas e numerosas imaxes tanto antigas como actuais, ofrece un amplo e completísimo estudo realizado sobre o balneario así como varias propostas de valorización do mesmo. No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o propietario do Balneario Termas Romanas de Lugo, Antonio Garaloces Paz; e un dos autores, Juan Mario Crecente Maseda.

Mostrando o intervalo 201 - 210 de 809 resultados.