Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 21 - 30 de 891 resultados.

O delegado da Xunta en Madrid asistiu ao Senado á entrega do Premio Montero Ríos de IURISGAMA outorgado a Otero Lastres

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, IURISGAMA, celebrou esta mañá a entrega dos seus máximos galardóns, os Premios Montero Ríos e o Premio IURISGAMA, que recaeron respectivamente en José Manuel Otero Lastres e en Jesús Souto Prieto. Ao acto asistiu, en representación institucional, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.


 

Ónega acudiu, en representación oficial, ao Club de Xornalistas onde o invitado foi o presidente do Parlamento de Galicia

1. O delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega co presidente do Parlamento de Galicia Miguel Santalices na exposición de G. Lagares que a Casa ofrece ata o 30 deste mes.j

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, visitou a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia e foi recibido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega e por parte do persoal da institución galega en Madrid.

O profesor xubilado Peláez Valle repasa o século XIX español e os seus protagonistas na Delegación da Xunta en Madrid

José María Peláez Valle e Ramón Jiménez, mentres o primeiro imparte a conferencia.

O escritor, experto en armería e profesor xubilado da Universidade de Vigo José María Peláez Valle descubriu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia reviravoltas do século XIX español e os seus personaxes públicos, na conferencia "Personaxes, anécdotas e curiosidades do século XIX español", que impartiu esta tarde cun importante éxito no público, que pedía continuación.

O delegado da Xunta en Madrid acudiu á entrega dos XXV Premios Pelayo

1. Entrega dos Premios Pelayo no súa vixésimo quinta edición. (Imaxe cedida polo grupo Pelayo).

O delegado do a Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega asistiu á entrega dos "XXV Premio Pelayo para Xuristas de Recoñecido Prestixio" que se realizou no transcurso dun solemne acto que tivo lugar no Casino de Madrid. O Salón Real acolleu a cerimonia que foi retransmitida en streaming e por circuíto interno para os preto de 700 invitados que ocuparon todos os salóns da case bicentenaria institución madrileña.

O escritor pontevedrés Xulio Ríos presentou na Delegación da Xunta en Madrid o seu libro "Pepe Castedo. Vida y Azares. De la Guerra Civil Española a la Revolución Cultural China"

O editor José Luis Teófilo, a xornalista Ana Fuentes, o escritor e director do Observatorio de la Política China, Xulio Ríos, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o exembaixador Felipe de la Morena e o escritor Juan Morillo.

O escritor pontevedrés Xulio Ríos presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o libro publicado por Teófilo Edicións "Pepe Castedo. Vida y Azares. De la Guerra Civil Española a la Revolución Cultural China", do que é autor. A obra, de pequeno formato e encadernada en tea, con tapa dura, está escrita en español e en chinés, e dedicada á figura de Pepe Castedo, nacido en Madrid de nai ferrolá, que fixo historia na China de Mao, onde impartiu docencia ata 1979. Foi publicada por Teófilo Edicións.

Ana Pastor, galardoada co Castiñeiro de FAGAMA

1. De esquerda a dereita, Ovidio Cadenas, o pai Andrés Ramos, a homenaxeada Ana Pastor, o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, Carlos de Blas e Fernando Gómez..

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid, FAGAMA entregou a súa máxima distinción a Ana Pastor no transcurso dun xantar que se celebrou para conmemorar o "VI Magosto de FAGAMA", nun restaurante da localidade madrileña do Pardo. Ao acto, ao que acudiron preto de 250 persoas, asistiu o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega como representación institucional.

Presentación de "AYER Y TODAVÍA", última obra de Vicente Araguas

1. Na mesa, co libro en primeiro plano, e de esquerda a dereita, o poeta e autor Vicente Araguas, o coordidador de Actos Ramón Jiménez e o editor Basilio R. Cañada.

"AYER Y TODAVÍA" é o título do último libro do prolífico autor de Xuvia Neda, (A Coruña) Vicente Araguas, publicado polo Grupo Editorial Pigmalión, e que se presentou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. No poemario Araguas ofrece numerosas referencias culturais, vivencias persoais, primeiras relacións de parella, situacións familiares e pasaxes da súa infancia e adolescencia. Todo en 42 poemas.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, asistiu á inauguración da exposición "La Seda. Del origen al futuro por la Ruta de la Seda"

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu hoxe á inauguración da exposición "La Seda. Del origen al futuro por la Ruta de la Seda", que se exhibe na sede da Real Fábrica de Tapices, en Madrid, organizada por esta entidade e polo Instituto Seda España.

Cambados presenta en Madrid unha selección de publicacións sobre a súa historia e patrimonio

1. De esquerda a dereita, JMª Pérez Peridis, Alejandro Tiana, Ramón Jiménez, Fátima Abal, Francisco F. Rei e Javier García.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación de "CAMBADOS: RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL" coa selección dunha ducia de publicacións editadas polo seu concello sobre a historia e patrimonio da vila pontevedresa. Para iso contaron coas intervencións de profesionais de diferentes ámbitos: o catedrático emérito da USC e membro da RAG, Francisco Fernández Rei; o arquitecto, humorista e escritor, José María Pérez, " Peridis"; o catedrático emérito de Dereito Constitucional, Javier García Fernández; o secretario de estado de Educación e F. P., Alejandro Tiana Ferrer e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma.

"XIX Seminario Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos": "A restauración do Pórtico da Gloria" e "As peregrinaxes con persoas de mobilidade reducida"

1. De esquerda a dereita, Ramón Jiménez, Jacques Chauty, Ana Laborde e Jorge Martínez.

A Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid organizou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o "Seminario Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos", que este ano celebra a décimo novena edición. O seminario creouse en 2001 como homenaxe ao ilustre galego do que tomou o nome, José Antonio Cimadevila Covelo, que presidiu o Centro Galego de Madrid e tamén a Asociación desde 1987 data da súa fundación.

Mostrando o intervalo 21 - 30 de 891 resultados.