Actualidade

Mostrando o intervalo 311 - 320 de 861 resultados.

Aegama organiza na Casa de Galicia en Madrid a xornada de formación "´Compliance´ e responsabilidade da persoa xurídica"

Masaguer, presentando a xornada, e, na mesa, os relatores Sainz, Alonso e Gil.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) organizou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a xornada de formación para os seus socios "´Compliance´e responsabilidade da persoa xurídica", impartida por un dos seus asociados especialista na materia, Gramm Audit, e presentadas polo seu vicepresidente e responsable de PEMES, Casimiro Masaguer, e presentadas polo seu vicepresidente e responsable de PEMES, Casimiro Masaguer.

A escritora coruñesa Carlota Lama presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa terceira novela publicada, "Los nombres de la tía Lita"

Cintado, Lama, Jiménez, Burgos e De Vera.

A escritora coruñesa afincada en Madrid Carlota Lama, licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa terceira novela publicada -en realidade a primeira que escribiu, inspirándose na súa tía Lita-, "Los nombres de la tía Lita". Foi editada por Nova Casa Editorial e no acto de presentación participaron, ademais da autora, a xornalista Lola Cintado, o avogado José Manuel Burgos, a tamén autora da mesma editorial Paula de Vera, que interveu sobre os traballos de ambas as escritoras, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega.

O Concello de Lugo presenta na Casa de Galicia en Madrid a XV edición de "Arde Lvcvs", que desenvolverá máis de 400 actividades

A concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, o presidente do Concello de Estado, José Manuel Romay, e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Carmen Basadre, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o programa de "Arde Lvcvs 2016", que por primeira vez, e coincidindo co seu décimo quinto aniversario, durará catro días, do 16 ao 19 de xuño. A presentación contou coa participación do seu anfitrión, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, tamén lucense, e do presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que clausurou o acto. "Arde Lvcvs" aspira a ser unha das 7 mellores festas de España nun concurso nacional no que se pode participar ata o 31 de decembro na web www.as7mellores.com onde está en primeira posición con máis de 5.200 votos.

A rede de avogados Iurisgal Inolf e Aegama celebran na Casa de Galicia unha xornada de orientación en asuntos internacionais

O presidente de Aegama, Julio Lage, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, e o presidente de Iurisgal, Blas Rivas.j

A rede internacional de avogados Iurigal Inolf, cuxa finalidade é orientar ás pequenas e medianas empresas nos seus procesos de internacionalización, e a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebraron hoxe na Casa de Galicia en Madrid un encontro no que participaron avogados de máis de 20 países, algúns tan afastados como Australia e Chile. O obxectivo do encontro foi orientar aos asociados de Aegama interesados en temas internacionais, conectándolles cos seus representantes nos países aos que desexan acceder.

A pintora de orixe coruñesa María Gato expón na Casa de Galicia en Madrid obras de diversos formatos e temáticas

María Gato ante un dos seus cadros.

A pintora María Gato, nacida en Brasil de pais coruñeses e radicada en Barcelona -tamén viviu en Sao Paulo, A Palma, A Coruña, Londres, Miami e Madrid- inaugurou hoxe na delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha mostra do seu traballo composta por cadros ao óleo de diversos formatos e temáticas: retratos, espidos, paisaxes e naturezas mortas, así como apuntamentos de movemento. A exposición, que leva o nome da artista, exhíbese nas salas A e L ata o próximo 30 de xuño. Entre os asistentes á inauguración estaban o escritor e cineasta Álvaro del Amo, o músico José Manuel Villacañas, o correspondente do New York Times, Raphael Minder, e a secretaria xeral do Tesouro Público, Rosa Sánchez-Yebra.

O fotógrafo lucense José Luis Fernández Liz expón na Casa de Galicia en Madrid a mostra "Fotos escritas a man"

Fernández Liz ante unha das súas obras.

O fotógrafo lucense fincado en Madrid, e catedrático de Administración de Empresas, José Luis Fernández Liz, exhibe na Casa de Galicia en Madrid ata o próximo 30 de xuño a exposición de fotografías "Fotos escritas a man", composta de obras que combinan imaxes tomadas en diversas partes do mundo con reflexións escritas sobre o que transmiten.

A Casa acolleu esta tarde a reunión do grupo de investigación oncolóxica do IDIS con expertos en cancro de diferentes partes de España

1. Expertos oncólogos de diferentes partes de España acudiron á Casa para coñecer o proxecto PREDICTC presentado por un grupo do IDIS.

Un grupo de Investigación oncolóxica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), liderado polos doutores  Rafael López e Miguel Abal, presentou esta tarde o proxecto PREDICTC ante expertos en cancro de diferentes partes de España para analizar os resultados obtidos ata agora,  a viabilidade clínica e posibles variacións.

Xusto Beramendi: "Castelao é unha das figuras máis importantes da política galega por converterse case nun símbolo de Galicia"

Beramendi nun momento da súa conferencia.

Alfonso Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-Buenos Aires,1950) "é unha das figuras máis importantes da política galega da primeira metade do século XX e non polo poder que alcanzou no seu tempo, senón por converterse para as xeracións posteriores case nun símbolo de Galicia, recoñecido e enxalzado por todas as tendencias ideolóxicas democráticas, da dereita á esquerda, a pesar da súa condición de líder do nacionalismo galego". Así o mantivo hoxe o catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Museo do Pobo Galego Xusto Beramendi na conferencia "Castelao e a política", que impartiu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, enmarcada no ciclo de conferencias "Ao redor de Castelao", organizado en colaboración coa Fundación Castelao.

Seixas Seoane: "Para Castelao a beleza e a verdade, que son o mesmo, están dentro das cousas, non na súa aparencia"

1. Na mesa, de esquerda a dereita, Miguel Anxo Seixas Seoane, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e Xesús Palmou.

"Para Castelao a beleza e a verdade, que son o mesmo, están dentro das cousas non na súa aparencia", explicou o historiador, Miguel Anxo Seixas Seoane, na segunda conferencia do ciclo "Ao redor de Castelao", que organiza a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia en colaboración coa Fundación Castelao. "Hai que acceder a ese interior para atrapala", seguiu dicindo o conferenciante, "unha conquista que non consegue, segundo o rianxeiro, nin a pintura nin a recente fotografía senón o debuxo humorístico e que el denomina caricatura". A estas conclusións chegou "Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, artista autodidacta, quen ademais de debuxar e de pintar investigou e converteuse nun teórico da arte. Tras numerosas lecturas elaborou unha conferencia titulada Algo acerca de la caricatura que impartiu moitas veces ata imprimila en Pontevedra en 1917. Antes de imprimila leuna en Vigo en 1910 e no Ateneo de Madrid en maio de 1915".

Xesús Palmou: "Castelao relacionou, por primeira vez, Autonomía con benestar"

1. De esquerda a dereita, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega, o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay e o conferenciante, Xesús Palmou. (FOTO LALIN PRESS)

"Castelao relacionou, por primeira vez, Autonomía, (Facenda), co benestar dos galegos", tal e como sinalou o avogado e expresidente do Consello de Contas de Galicia, Xesús Palmou, na conferencia inaugural do ciclo "Ao redor de Castelao", organizado pola Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia en colaboración coa Fundación Castelao; co obxectivo de "achegar ao público madrileño a polifacética figura do insigne artista e intelectual galego, dunha maneira multidisciplinar, con reflexións, a cargo de diferentes estudosos, sobre os temas que marcaron a súa traxectoria, analizados desde a actualidade: o seu pensamento social, político, económico e artístico".

Mostrando o intervalo 311 - 320 de 861 resultados.