Actualidade

Mostrando o intervalo 351 - 360 de 861 resultados.

Aegama celebra na Casa de Galicia en Madrid a Xornada "Universidade e empresa"

Gómez, Lage, Conde, Fernández e Segura.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a xornada de traballo "Universidade e Empresa", sobre a importancia da formación para o exercicio profesional e a interacción do mundo empresarial e laboral.

Paulino Martínez Portela: "A Xenética aplicada á acuicultura xa está mellorando a producción"

1. Paulino Matínez, Ana R. Barrena e Antonio Villalba.

"Os estudos xenéticos aplicados á acuicultura en España xa serviron para desenvolver recursos e ferramentas esenciais para a mellora da produción en rodaballo, robaliza, linguado, dourada, mexillón, ostra plana e ameixa", dixo Paulino  Martínez Portela,  catedrático de Xenética da Universidade de Santiago, na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, na conferencia "Mellora xenética en Acuicultura", terceira do ciclo "Galicia á vangarda da investigación mariña", organizado pola Casa de Galicia en Madrid, para divulgar a excelencia e a transcendencia da actividade investigadora como xeradora de innovación e actividade económica e como foco de atracción e irradiación internacional na formación de investigadores.

Presentada na Casa de Galicia en Madrid a biografía "Vida de Carmen Martín Gaite", de Natalia Velasco

Velasco, Jiménez, Alberdi e Maillard.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro "Vida de Carmen Martín Gaite", de Natalia Velasco Postigo, unha biografía publicada por Eila Editores e que xa forma parte da Colección de Biografías de Mujeres da Asociación Matritense de Mujeres Universitarias (AMMU), colección promovida pola propia Velasco, vicepresidenta da Asociación, xunto á editora e presidenta da AMMU María Luisa Maillard e Susi Álvarez.

José Brea Colmeiro inaugurou na Casa de Galicia a mostra antolóxica "Sensibilidades da miña vida"

O pintor ante o seu cadro ´Catedral de Salamanca´.

O artista e catedrático de Debuxo pontevedrés José Brea Colmeiro inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a mostra antolóxica "Sensibilidades da miña vida" que reúne pintura, debuxos e esculturas de distintas temáticas e épocas da longa traxectoria profesional de Brea Colmeiro nas tres salas de exposicións da Casa. Pode verse ata o próximo 31 de marzo.

A Xunta achega aos empresarios de Madrid as oportunidades de investimento en Galicia

1. Antonio F. Ecker, Javier Aguilera, José R. Ónega e Julio Lage.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a Xornada "Galicia un lugar para investir", organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) co obxectivo de apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego así como os investimentos que poidan xerar riqueza e crear emprego.

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) celebrou na Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria de 2016

Elías López (tesoureiro), Ovidio Cadenas (presidente) e Fernando Gómez (secretario).

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA), que preside Ovidio Cadenas, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2016, na que se revisou e aprobou o acta da anterior asemblea xeral ordinaria, as contas do exercicio 2015 e o orzamento e as actividades previstas para 2016, ademais de contar co correspondente capítulo de “Rogos e preguntas”.

Presentada en Madrid a "XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas-2016", que se celebrará na vila coruñesa do 23 ao 27 de marzo

1. Posado de familia co delegado mostrando o obsequio recibido do alcalde e flanqueados polas modelos.

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a presentación da "XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas-2016", co lema "Inspiración, Deseño e Encaixe. Escrito na Pel", organizada polo Concello, e que terá lugar na vila coruñesa do 23 ao 27 de marzo de 2016, na que se darán cita palilleiras de medio mundo, desfiles e pasarelas de deseñadores consagrados e noveis, así como creadores e medios nacionais e internacionais. O obxectivo da presentación en Madrid, que contou con material audiovisual, un pequeno desfile e demostracións en vivo, é promocionar  e dar a coñecer ante medios e profesionais unha das señas de identidade da comarca, elaborada de forma tradicional desde fai máis de cinco séculos. 

O cronista Juan de Betanzos e as xestas de Pizarro, na conferencia da Dra. Carmen Martín Rubio na Casa de Galicia

1. O coordinador de Actos Ramón Jiménez e a doutora Mª del Carmen Martín.

"O cronista galego Juan de Betanzos foi o autor da obra máis verídica e minuciosa que existe sobre o Imperio Inca", asegurou a doutora en Historia de América, María del Carmen Martín Rubio. "Betanzos explica, entre outras moitas noticias, que Atahualpa naceu en Cusco, que  Pizarro era chamado o capito e que Atahualpa foi vencido moi facilmente porque se enfrontou aos españois estando moi embriagado", dixo na conferencia que pronunciou esta tarde, na Casa de Galicia, baixo o título "Francisco Pizarro segundo o cronista galego Juan de Betanzos".

A Delegación da Xunta en Madrid acolle as "Xornadas de Formación de Directivos das Escolas Familiares Agrarias 2016"

1. José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, posa na foto de familia con los directivos das escolas EFA.

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolle hoxe e mañá as Xornadas de Formación de Directivos das Escolas Familiares Agrarias (EFA), que teñen por obxectivo a preparación e formación dos próximos directivos dos 26 centros das Escolas. Nelas abórdanse entre outros contidos: sustentabilidade, comunicación, márketing, promoción, protección de menores, goberno dun centro educativo, comunidades de aprendizaxe e vinculación á institución.

Xosé Antón Álvarez Salgado na Casa: "Ou nos poñemos todos ao choio, ou vanse cumprir os peores agoiros"

1. Álvarez Salgado, Romay Beccaría, o delegado da Xunta en Madrid Ónega López e Antonio Villalba.

 

"Os problemas globais precisan solucións globais. É unha frase que se di moito, pero é así", dixo na Casa Xosé Antón Álvarez Salgado, Investigador Científico do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. "O cambio climático aféctanos a todos e iso implica que todos temos que poñernos ao choio xa" e analizou con datos os efectos que xa sofren as rías e as costas galegas, na súa conferencia A investigación oceanográfica en apoio da pesca e a acuicultura. Efectos do cambio climático, segunda do ciclo Galicia á vangarda da investigación mariña, organizado pola Casa para divulgar a excelencia e a transcendencia da actividade investigadora como xeradora de innovación e actividade económica e como foco de atracción e irradiación internacional na formación de investigadores.

Mostrando o intervalo 351 - 360 de 861 resultados.