Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 361 - 370 de 853 resultados.

A Casa de Galicia acolleu a conferencia "As lagoas do éxito", da "coach" Rosa Algarrada

Alonso, Cerdeira, Algarrada, Román e Masager.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a conferencia "As lagoas do éxito", organizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) e Coaching Lyskam e impartida pola "coach" Rosa Algarrada, directora de proxectos de Coaching Lyskam, que se completou coa introdución á temática "O email na actualidade" e a súa validez xurídica, que estivo a cargo da "country manager" de Alinto Ana Román.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, promociona a súa cidade como destino turístico na Casa de Galicia en Madrid

Os intervenientes na presentación con destacados lucenses que acudiron ao acto.

“Mondoñedo como cidade turística” foi o lema da presentación realizada hoxe pola alcaldesa desta cidade lucense, Elena Candia López, na sede da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, para promocionala turísticamente e dar a coñecer a súa riqueza cultural, patrimonial, artística e de natureza. A alcaldesa estivo acompañada por delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, nun acto que presidiu o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, e ao que acudiron destacados lucenses radicados na capital como os empresarios Francisco Cal Pardo e José Cerdeira, os xornalistas Jenaro Castro e Elías Rodríguez, os deputados Joaquín García Díez e Jaime Eduardo de Olano e o ex alto cargo do Ministerio de Agricultura Francisco José Simón Vila.

A Xunta incrementa nun 10% o orzamento para apoiar o traballo dos consellos reguladores do viño de Galicia

O presidente e o vogal da Asociación Madrileña de Sumilleres, Javier Gila e Manuel Ubago; a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; a vicepresidenta da Federación Internacional de Xornalistas e Escritores do Viño, María Isabel Mijares; o sumiller e autor da Guía Luís Paadin; a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez; o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega; e o exsumiller de Zalacaín Custodio López.

A conselleira do Medio Rural destacou a aposta do Goberno galego por este sector estratéxico na presentación, na Casa de Galicia en Madrid, da “Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia 2016”, na que estivo acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega. No 2014 a Administración autonómica concedeu axudas por importe de 1,6 millóns de euros para sufragar os gastos dos controis de calidade, funcionamento e promoción dos consellos reguladores das 5 denominacións de orixe vinícolas de Galicia e da de Augardentes.

Máis de medio centenar de persoas acudieron á presentación do libro "Nacer del fuego" da poeta coruñesa afincada en Madrid, Pepa Nieto

Montero Padilla, Pepa Nieto, Ramón Jiménez e Juan José Martín, de izquierda a derecha.

Máis de medio centenar de persoas acudiron á Casa de Galicia, sede da Delegación da Xunta  en Madrid, esta tarde á presentación do libro "Nacer del fuego" de la polifacética artista coruñesa Pepa Nieto. A obra componse de dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira están os poemas eróticos inéditos mentres que na segunda están reunidos os xa publicados en libros anteriores da mesma temática.

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta e director da Casa José Ramón Ónega, e contou coas intervencións do profesor e escritor José Montero Padilla, o editor Juan José Martín e a propia autora

As organizacións de empresarios galegos Cofer e Aegama celebran un encontro na Casa de Galicia en Madrid

O presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, o presidente de Cofer, Cristóbal Dobarro, a directora da Oficina do Plan de Reindustrialización de Ferrolterra, Natalia Barros, o presidente da Confederación Empresarial de Madrid (Ceim), Juan Pablo Lázaro, e o presidente de Aegama, Julio Lage.

A Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), celebrou esta tarde na delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia un encontro empresarial de promoción das tres comarcas que axunta Cofer, ao que asistiron numerosos empresarios membros de ambas as organizacións. O obxectivo foi presentar as oportunidades para a implantación empresarial que ofrecen esas comarcas ao empresariado galego en Madrid, en especial as que se refiren a alicerces básicos das súas economías -porto, industria, turismo, estratexias de promoción económica, sector naval e industria enerxética-, os incentivos públicos e as políticas de dinamización económica.

Presentado na Casa "Sombra de Luna" de Francisco Álvarez "Koki", no que o poeta galego recolle tres décadas de vivencias en Nova York

Antonino Nieto, Francisco Álvarez KOKI, Ramón Jiménez, Vicente Araguas e Basilio R. Cañada.

"Sombra de Luna, é a metamorfose interior da alma  do poeta. É unha vida en moitas vidas que deambulando desde Harlem á Quinta soñan e sofren  diariamente, no limbo das palabras". Desta forma define o seu libro o poeta galego afincado en Nova York desde os anos oitenta, Francisco Álvarez "Koki". A obra, a duodécima do autor, compóñena 72 poemas que reflicten as inxustizas, ilusións, amor e dor sobre as vivencias na cidade dos rañaceos.

"Outra parte nosa", pinturas de José María Prado, ata o 29 de xaneiro

José María Prado con unha das súas obras.

A Delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, inaugura as exposicións do ano coa mostra pictórica "Outra parte nosa" do artista de alma castelá e corazón galego, José María Prado, cuxa obra ofrece os seus sentimentos en teas que lle permiten reflectir o desconsuelo, a alegría, o agarimo ou o medo.

O acto correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, e lembrou nas súas palabras que se trata da segunda vez que o artista expón na Casa, pois o fixo anteriormente fai xa máis de cinco anos coa mostra titulada "Memorias da orixe".

A Casa de Galicia en Madrid acolle a primeira reunión dos socios do proxecto europeo "Empattics", do que Galicia é coordinadora

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, flanqueado polos representantes de Galicia, cos asistentes á reunión.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a primeira reunión dos socios do proxecto europeo "Empattics", do que Galicia é coordinadora, tras asinarse, o pasado venres, día 18, o acordo da súa subvención. "Empattics" conta cun orzamento de cinco millóns de euros na convocatoria H2020.

Os contos infantís, protagonistas dunha conferencia ofrecida hoxe na Casa de Galicia en Madrid

Santín, Jiménez, Falcón e Egea

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a conferencia “O conto: soñar para vivir”, que pronunciaron a xornalista e escritora lucense Pilar Falcón, o presidente da Asociación Cultural da Vieira, Enrique Santín, tamén lucense, e a deseñadora e ilustradora Cristina Egea, marquesa consorte de la Ría de Ribadeo, que abordaron o mundo da fábula na actualidade. Entre os asistentes ao acto estivo o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.

A Orde do Camiño de Santiago entrega a súa Medalla de Ouro ao embaixador de Xapón en España, na Casa de Galicia en Madrid

Pampin impón a Medalla a Koshikawa ante o delegado da Xunta de Galicia, José Ramón Ónega, e Alejandro Rubín.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia foi esta tarde o escenario da entrega da Medalla de Ouro da Orde do Camiño de Santiago, que preside o exsenador Miguel Pampin Rúa, ao embaixador de Xapón en España, Kazuhiko Koshikawa, polo seu defensa dos valores do Camiño de Santiago. A Medalla foille imposta ao embaixador por Pampin Rúa e o diploma que a acredita foille entregado polo secretario xeral da Orde, Alfonso Barcia Raposo, en presenza de, entre outros, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

Mostrando o intervalo 361 - 370 de 853 resultados.