Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 381 - 390 de 853 resultados.

A Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid celebrou na Casa de Galicia un acto de presentación de novos asociados

Intervención de Casimiro Masaguer.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia un acto de presentación de novos asociados no que deu a coñecer a dezaseis novos membros da entidade, as súas empresas, actividades e servizos, pertencentes a ámbitos tan dispares como o agrario, das novas tecnoloxías, centros de negocio, combustibles, “coaching”, construción, seguros, seguridade, enerxía, consultoría, xestión de patrimonio, hostalería e enxeñería enerxética.

A escritora pontevedresa Beatriz Hernanz ofreceu un recital poético na Casa de Galicia en Madrid

Beatriz Hernanz recitando os seus poemas.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde un recital poético da escritora pontevedresa Beatriz Hernanz, directora de Cultura do Instituto Cervantes, que fixo un percorrido polos seus libros publicados, entre eles “A peregrina do vento”, unha antoloxía dos seus poemas en galego, e algúns inéditos dun libro que está a terminar, “Habitarás la luz que te cobija”. Entre os asistentes estaban o secretario xeral do Instituto Cervantes, Rafael Rodríguez-Ponga, e o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Institucionais da Universidade de Alcalá, Jesús Raúl Fernández do Castelo.

O bispo de Lugo presenta na Casa de Galicia en Madrid a "Credencial do peregrino de Lugo a Santiago de Compostela"

Latorre, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o bispo Alfonso Carrasco e Cabana.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López, presidiu hoxe o acto de presentación da "Credencial do Peregrino de Lugo a Santiago de Compostela", editada con motivo da declaración como Patrimonio Mundial dos camiños de Santiago Norte e Primitivo, que tivo lugar na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia e no que interviñeron así mesmo o bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco, o presidente da Asociación de empresarios Lugo Monumental, Luís Latorre Real, e o delegado de La Voz de Galicia en Lugo, Miguel Ángel Cabana Aguiar. Entre os asistentes ao acto achábanse o deán da catedral de Lugo e vigairo xeral da Diocese de Lugo, Mario Vázquez Carballo, e os deputados por Lugo Joaquín García Díez, exalcalde da cidade (PP), e Margarita Pérez Herraiz (PSOE).

A Casa acolleu a conferencia, "O bodegón ou a realidade sen concesións, tres aproximacións", a cargo de Diego Diz

Na mesa, o conferenciante Diego Diz (esquerda) e o coordinador da Casa, Ramón Jiménez.

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde a conferencia: "O bodegón ou a realidade sen concesións, tres aproximacións, (Zurbarán, Meléndez, Picasso)", sexta e última sesión do Ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da Pintura do S. XV ao S. XX", a cargo do profesor de arte Diego Diz. Nesta sesión de clausura o relator analizou as obras: Bodegón con cacharros de Zurbarán; Bodegón con arenques, cebolas, pan e utensilios de cociña, de Meléndez; e Os paxaros mortos de Picasso.

Presentado en la Casa el libro "Testimonios gallegos en Madrid" de Luis Miguel Aparisi Laporta

De esquerda a dereita, Luis Miguel Aparisi, Enrique Santín, o delegado da Xunta en Madrid José Ramón Ónega e Antonio Bonet Correa.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López presidiu esta tarde a presentación do libro editado pola Asociación Cultural dá Vieira "Testimonios gallegos en Madrid" do enxeñeiro e historiador especializado en temas madrileños, Luís Miguel Aparisi Laporta. A obra é unha recompilación "estatuaria, lapidaria e toponimia conmemorativa"  de Galicia na capital de España. No acto interviñeron, ademais do autor, o presidente honorario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Antonio Bonet Correa e o presidente da Asociación Cultural da Vieira, Enrique Santín Díaz.

Yolanda López presenta na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o seu poemario "Con el tambor del viento"

Yolanda López, pousando co poemario.

A escritora ourensá Yolanda López presentou hoxe o seu último poemario, "Con el tambor del viento", na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, acto no que falou da creación do libro, editado por Huerga&Fierro Editores, e recitou algúns dos seus poemas. Na presentación interviñeron, ademais da autora, a escritora e escultora Pepa Nieto, a editora Charo Fierro, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en nome do delegado da Xunta de Galicia en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. O acto estivo amenizado e foi clausurado coa actuación musical do guitarrista Federico Rico e entre os asistentes tamén se achaba Antonio J. Huerga, da editoral.

O artista cubano Omar Kessel expón a súa obra na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/ /Casa de Galicia

Kessel con biombo tallado en madeira.

O artista cubano Omar Kessel, profesor de gravado e xefe de Taller do Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos (A Coruña), inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición “Por un pouco de amor”, que mostra nas salas A e B da Casa a súa produción máis recente en pinturas, debuxos, óleos, gravados e tallas de madeira, xunto con algunha máis antiga. A exposición está aberta ao público ata o próximo 27 de novembro.

"Falando para o colo da camisa", gravados de Isabel Somoza na Casa ata o 27 de este mes

Isabel Somoza ante a súa obra de puños realizados por xilografía, auforte e gravado matérico.

A Casa de Galicia, sede institucional da Xunta en Madrid, ofrece ata o día 27 deste mes a exposición de gravados "Falando para o colo da camisa", da artista e investigadora lucense Isabel Somoza que traballa con novos e alternativos soportes como resinas de poliéster, vidro ou tecidos. Esta orixinal mostra está composta por unha selección de obras estampadas en elementos de xastrería, tecidos, puños e colos de camisas.

Presentado na Casa o libro "O Piloto, el guerrillero" de Afonso Eiré

Na mesa, Carlos Reigosa, José Ramón Ónega, Afonso Eiré, e Francisco R. Iglesias, de esquerda a dereita.

A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do libro “O Piloto, el último guerrillero” de Afonso Eiré, publicado por Hércules de Edicións agora en castelán. A obra é unha biografía novelada e moi documentada sobre o lucense Xosé Luís Castro Veiga, O Piloto, o último guerrilleiro morto en combate, fai diso 50 anos.

A poeta Rosa Mª Milleiro presentou na Casa o seu libro "Amarré la distancia con el cordón de los zapatos"

De esquerda a dereita, Rosalía Castiñeiras, Rafael Permuy, Ramón Jiménez, Rosa M. Milleiro, Julia León e Basilio R. Cañada.

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "Amarré la distancia en el cordón de los zapatos" da poeta ferrolá Rosa María Milleiro. A obra, publicada polo Grupo Editorial Sial Pigmalión, é un poemario bilingüe español-galego no que a autora mostra e comparte as súas inquietudes e sentimentos.

Mostrando o intervalo 381 - 390 de 853 resultados.