Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 411 - 420 de 853 resultados.

FAGAMA celebra na Casa de Galicia en Madrid o seu particular homenaxe ás Letras Galegas

Os protagonistas do acto.

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (Fagama), que preside Ovidio Cadenas e aglutina a oito centros galegos en Madrid, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu particular homenaxe ás Letras Galegas e a Xosé Fernando Filgueira Valverde, a quen están dedicadas nesta edición de 2015.

Presentan na Casa de Galicia en Madrid o libro "Pasiones, miserias y otras nostalgias", de Luis Miguel Sánchez

Tante, Sánchez, Jiménez, Gallardo e Pérez Poza.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro de relatos "Pasiones, miserias y otras nostalgias", de Luis Miguel Sánchez, editado por El Taller del Poeta. No acto interviñeron, ademais do autor, as escritoras Nieves Gallardo Cañaveras e Beatriz Tante, o editor e poeta Fernando Luis Pérez Poza, Almudena García, que leu algúns dos relatos, e o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez, en representación do delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

Presentación na Casa do libro de poemas "Todas las estrellas solitarias" de Miguel Losada

De esquerda a dereita, Pepa Nieto, Ramón Jiménez, Miguel Losada e Pablo Méndez.

"Todas las estrelas solitarias" é o título do libro de poesía de Miguel Losada presentado hoxe na delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia. A obra, editada por Vitruvio, é unha antoloxía do escritor vigués que recolle toda a súa produción e inclúe varios textos inéditos. No acto interveñeron o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez; o editor Pablo Méndez; as poetas Beatriz Hernanz  e Pepa Nieto, ademais do propio autor Miguel Losada.

AEGAMA celebra na Casa súa Asemblea Anual

Na imaxe, de esquerda a dereita, Gaspar de Vicente (tesoureiro); Julio Lage (presidente); e María José Pintor (secretaria)

A Sala A da Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a Asemblea Anual da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid AEGAMA, ás 18:30 en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda. O acto constou de dúas partes. Na Primeira celebrouse a Asemblea Ordinaria con dous puntos: Analizar as actividades correspondentes ao ano 2014, tamén dende o aspecto económico con gastos e ingresos; e tamén realizar o Plan de acción de cara ao actual exercicio 2015, actividades, ingresos e gastos.
Como Asemblea xeral extraordinaria os socios procederon a celebrar eleccións para elixir a Xunta Directiva para os próximos 4 anos, dende 2015 a 2019 á que se presentou unha única candidatura.AEGAMAconmemora en 2015 os 25 anos da súa fundación.

Grugalma pecha as súas XXXI Xornadas de Cultura Galega na Casa de Galicia cun acto literario sobre Teresa de Jesús

Delgado, Jiménez, Mourelle e Sánchez.

O Grupo Cultural Galicia en Madrid (Grugalma) pechou hoxe as súas XXXI Xornadas de Cultura Galega cun acto literario celebrado na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia: "Conmemoración do V Centenario do nacemento da santa e doutora da Igrexa Teresa de Ávila", no que foron relatores Manuel Mourelle de Lema, presidente de Grugalma, doutor en Filosofía e Letras e académico da Real Academia da Historia, e Fernando Delgado Mesonero, doutor en Filosofía e Letras e exmestre de capítulo de Novos Cabaleiros da Raíña Isabel La Católica. Acompañounos o prior do convento de carmelitas descalzos da madrileña Plaza de España, Ángel Sánchez.

A obra de teatro "Perfiles" ofreceu na Xunta en Madrid unha historia actual sobre a vida real e virtual

Silvia y Fernando en una escena de Perfiles.

A sala A da Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, foi hoxe o escenario que acolleu "Perfles", unha obra de teatro actual, escrita e dirixida polo orixinario lucense Sergio Martínez Vila; e protagonizada pola actriz pontevedresa de Cesures, Mercedes Castro e o ferrolano de Valdoviño, Miquel Insua. "Perfiles" alude ao "outro eu" que as persoas crean en internet e narra a historia de Fernando e Silvia, ambos os dous de corenta e tantos, solteiros e desenganados, que deciden compartir piso cando ela aluga un cuarto na súa casa. A vida imaxinaria e a real (el é escritor e ela tradutora) fóndense nesta obra que pon de manifesto os conflitos das emocións e as dificultades para comunicarse na era virtual.

José Cerdeira advirte na Casa de Galicia das consecuencias dunha xestión irresponsable dos recursos naturais

Sánchez, De Blas, Ónega, Romay, Santín, Cerdeira y Cadenas.

O pontevedrés José Cerdeira Taboada, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, experto en eficiencia enerxética e xerente da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), ofreceu hoxe na Delegación da Xunta en Madrid-Casa de Galicia a conferencia “Sete mil millóns de sonos... e un só planeta”, na que advertiu das consecuencias dunha xestión irresponsables dos recursos naturais. A conferencia tivo lugar con ocasión do Día Mundial do Medio, que se celebrou o pasado día 5 co slogan “Siete mil millóns de sonos. Un só planeta. Consume con moderación”.

A Casa acolleu esta mañana o encontro internacional "Xapón en Asia e ol mundo: Cales son as prioridades nun contexto cambiante?" organizado por FRIDE

José Ramón Ónega, no centro, cos relatores do encontro de FRIDE celebrado na Casa

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia, acolleu esta mañá o encontro internacional, que baixo o título "Xapón en Asia e o mundo: cales son as prioridades nun contexto cambiante?" organiza a Fundación para as Relacións Internacionais e o Diálogo Exterior, FRIDE. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega deu a benvida ao director de FRIDE Giovanni Grevi, a todos os relatores e asistentes á Casa, entre os que se encontraban os embaixadores de Xapón, Malta e Letonia, ademais de representantes das embaixadas de doce países de Europa Asia e América.

Conferencia en la Casa "O Venerable Luis Trelles e Galicia" a cargo de Antonio Troncoso

Fontecilla, Ónega, Troncoso e Cadenas, de esquerda a dereita.

A delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde o relatorio "O Venerable Luis de Trelles e Galicia", a cargo do presidente da Fundación Luis de Trelles e membro da comisión que promove a súa canonización, Antonio Troncoso de Castro. No acto, organizado pola Federación de Asociacións Galegas en Madrid (FAGAMA) con motivo da declaración de Venerable polo Papa Francisco, interviñeron ademais do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega López; o presidente de FAGAMA e promotor do acto Ovidio Cadenas Queipo; e o perito en Historia na causa de canonización de Luis de Trelles e Noguerol, Francisco Fontecilla Rodríguez, quen presentou ao conferenciante Antonio Troncoso.

A Casa acolle en Madrid a exposición fotográfica "O soño dunha noite de San Xoan" que ofrece 45 anos de historia das fogueiras coruñesas

Concepción Astray, Belén do Campo, José R. Ónega, e Tania Pintor na presentación da mostra.

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega e a delegada territorial da Xunta en A Coruña Belén do Campo, presidiron esta tarde na Casa de Galicia en Madrid a inauguración da mostra de fotografía “O soño dunha noite de San Xoán”. A mostra, realizada en colaboración coa Asociación de Meigas das Fogueiras de San Xoán e a Concellería de Turismo da Coruña, fai un repaso polos 45 anos de historia das fogueiras coruñesas a través dunha recompilación de fotografías e de carteis publicitarios da celebración. 

Mostrando o intervalo 411 - 420 de 853 resultados.