Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 421 - 430 de 838 resultados.

Francisco Castro presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última novela, "Tes ata as 10", publicada por Editorial Galaxia

Francisco Castro coa súa última novela.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro, hoxe presentouse na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a novela "Tes ata as 10", publicada por Editorial Galaxia, do novelista e editor vigués Francisco Castro, unha trama de intriga e suspense que contén moitas historias distintas e que parte coa recepción por parte do protagonista dun correo electrónico enviado polo seu pai, que morrera.

Pepa Martín explica as ensinanzas económicas dos contos na conferencia "A economía nos contos tradicionais"

Pepa Martín con algúns dos seus contos e personaxes.

A presidenta da "Asociación Cultural Mariscando Cuentos" e cofundadora de "Meridianos e paralelos, coaching educativo", Pepa Martín, especialista en contos que se define a si mesma como cuentera e mariscadora de contos, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a peculiar conferencia "A economía nos contos tradicionais", na que se serviu dunha serie de contos, que contou, para extraer deles conclusións económicas de actualidade.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) nomea Asociado de Honra a José Ramón Ónega

Lage entrega a vieira de prata a José Ramón Ónega.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) nomeou Asociado de Honra a José Ramón Ónega, delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, no transcurso dun xantar na súa honra que tivo lugar nun coñecido hotel madrileño. Á concorrida homenaxe, que congregou máis dun centenar de persoas, sumáronse todas as organizacións profesionais e culturais galegas en Madrid. Entre os numerosos asistentes ao acto achábanse o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, e a directora xeneral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia, Blanca García Señoráns Álvarez, que acudiu en representación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen tamén envío unha carta de felicitación ao homenaxeado.

Sabela Muñiz presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa segunda novela, "A porta de Europa"

Un momento da presentación da novela.

A escritora pontevedresa -de Vilagarcía de Arousa- Sabela Muñiz presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a súa segunda novela, "A porta de Europa", publicada por Redelibros Editorial e escrita en galego. Unha novela negra, de suspense e ficción, innovadora, ambienta no mundo do narcotráfico galego, na que as verdadeiras intencións dos personaxes son unha incógnita ata derivar nun final inesperado e na que a realidade e a ficción se mesturan de modo que é complicado chegar a diferencialas.

Turismo de Galicia Presentou en Madrid a nova edición de "Galicia a todo tren" que incorpora como pincipal novidade o Tren Peregrino

Presentación Galicia a todo tren, co cartel anunciador en primeiro plano.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación da nova edición do programa ‘Galicia a todo tren’, na que interviñeron ademais da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o xerente do área comercial e servizo de atención ao cliente de RENFE, Javier Díaz Trisac, e o xerente do Inorde, Jose Manuel Rodríguez.

O escultor lucense Darriba Caralladas exhibe na Casa de Galicia en Madrid "Natureza redimida"

O escultor cunha das súas obras.

"Natureza Redimida" é o título da exposición de esculturas que o artesán e escultor en pedra e madeira lucense Darriba Caralladas -nome artístico de Xosé Darriba Castro- mostra ata o próximo día 29 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Fai referencia ás características das pezas que a compoñen: todas parten de estruturas achadas na natureza nas que Darriba descobre as formas, animais e obxectos que albergan. Son quince obras esculpidas en madeira -de castaño autóctono,na súa maior parte- combinando nalgunhas delas algo de pedra.

"A mar en acuarelas" de Miguel A. Camarero na Casa ata o 29 de abril

Miguel Ángel Camarero cunha das súas acuarelas.

Dende esta tarde, a Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid ofrece ata o día 29 a exposición "O mar en acuarelas" do artista coruñés Miguel Ángel Camarero Suanzes. A mostra é unha recompilación das súas últimas obras, coloristas, vitais e intimamente ligadas á súa profesión de mariño, que lle permitiu coñecer todo o mundo e plasmar logo cos seus pinceis os diferentes mares, paisaxes e detalles do natural.

O gastrónomo lucense Baldomero Cabadas presentou na Casa de Galicia a súa "Guía práctica de cocina clásica española"

Herrero, Cabadas, Rodríguez e Álvarez.

O gastrónomo lucense Baldomero Cabadas presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa "Guía práctica de cocina clásica española", unha obra especial para xefes de cociña e profesionais que contén setecentas receitas e foi editada por Vive Libro.

O profesor de Arte Diego Diz ilustrou sobre o tratamento de Cristo na pintura, no ciclo "Obras mestras da pintura"

Intervención inicial de Diego Diz.

A relación entre a pintura e a relixión e o tratamento pictórico da figura de Cristo foi a temática abordada esta tarde na Casa de Galicia en Madrid polo profesor de Arte Diego Diz na que foi a segunda sesión do ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX", que precisamente levaba por título "Pintura e relixión, achegamento á figura de Cristo".

A Casa acolleu esta mañá a presentación da Semana Santa de Lugo

Basanta, Ónega, Basadre e Carnero na presentación da Semana Santa de Lugo.

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a presentación en Madrid da Semana Santa de Lugo, co obxectivo de dar a coñecer e difundir, entre medios e público en xeral, a tradicional Semana Santa lucense e todos os atractivos que a rodean. Turismo Relixioso, Patrimonio Cultural, Lugo Romano e Lugo Verde, fan da cidade un destino único e incomparable

Mostrando o intervalo 421 - 430 de 838 resultados.