Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 441 - 450 de 853 resultados.

O escultor lucense Darriba Caralladas exhibe na Casa de Galicia en Madrid "Natureza redimida"

O escultor cunha das súas obras.

"Natureza Redimida" é o título da exposición de esculturas que o artesán e escultor en pedra e madeira lucense Darriba Caralladas -nome artístico de Xosé Darriba Castro- mostra ata o próximo día 29 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Fai referencia ás características das pezas que a compoñen: todas parten de estruturas achadas na natureza nas que Darriba descobre as formas, animais e obxectos que albergan. Son quince obras esculpidas en madeira -de castaño autóctono,na súa maior parte- combinando nalgunhas delas algo de pedra.

"A mar en acuarelas" de Miguel A. Camarero na Casa ata o 29 de abril

Miguel Ángel Camarero cunha das súas acuarelas.

Dende esta tarde, a Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid ofrece ata o día 29 a exposición "O mar en acuarelas" do artista coruñés Miguel Ángel Camarero Suanzes. A mostra é unha recompilación das súas últimas obras, coloristas, vitais e intimamente ligadas á súa profesión de mariño, que lle permitiu coñecer todo o mundo e plasmar logo cos seus pinceis os diferentes mares, paisaxes e detalles do natural.

O gastrónomo lucense Baldomero Cabadas presentou na Casa de Galicia a súa "Guía práctica de cocina clásica española"

Herrero, Cabadas, Rodríguez e Álvarez.

O gastrónomo lucense Baldomero Cabadas presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa "Guía práctica de cocina clásica española", unha obra especial para xefes de cociña e profesionais que contén setecentas receitas e foi editada por Vive Libro.

O profesor de Arte Diego Diz ilustrou sobre o tratamento de Cristo na pintura, no ciclo "Obras mestras da pintura"

Intervención inicial de Diego Diz.

A relación entre a pintura e a relixión e o tratamento pictórico da figura de Cristo foi a temática abordada esta tarde na Casa de Galicia en Madrid polo profesor de Arte Diego Diz na que foi a segunda sesión do ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX", que precisamente levaba por título "Pintura e relixión, achegamento á figura de Cristo".

A Casa acolleu esta mañá a presentación da Semana Santa de Lugo

Basanta, Ónega, Basadre e Carnero na presentación da Semana Santa de Lugo.

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta mañá a presentación en Madrid da Semana Santa de Lugo, co obxectivo de dar a coñecer e difundir, entre medios e público en xeral, a tradicional Semana Santa lucense e todos os atractivos que a rodean. Turismo Relixioso, Patrimonio Cultural, Lugo Romano e Lugo Verde, fan da cidade un destino único e incomparable

Urbano Cabrera celebra en Madrid os corenta anos da súa traxectoria cun concerto cos seus temas máis destacados

Cabrera e Jiménez antes do concerto.

A Casa de Galicia acolleu esta tarde o concerto acústico e intimista do cantautor galego, natural da localidade pontevedresa de Baiona, Urbano Cabrera que ofreceu para conmemorar os corenta anos de traxectoria profesional cos temas máis destacados da súa densa carreira. No acto tamén se proxectou o videoclip Ninguén escoitou, do director cinematográfico Pablo Aragüés.

A Casa acoglleu a presentación de "La Ilustración española (Galicia) guerra y cultura" publicación editada por GRUGALMA

Manuel Puga, Ramón Jiménez, Manuel Mourelle e Luis Vázquez, instantes antes da presentación.

A Casa de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación de "LA ILUSTRACIÓN ESPAÑOLA (GALICIA). GUERRA Y CULTURA", publicación editada por GRUGALMA que recolle tanto as ponencias das "Jornadas de Cultura Gallega" como as colaboracions presentadas en A Coruña nas "XXIV Jornadas de Cultura Gallega". 

A presentación do acto correu a cargo do coordinador de Actividades da Xunta en Madrid, Ramón Jiménez Pérez  e nela interviñeron: o pedagogo Manuel Ángel Puga Martínez; o membro da Real Academia de Doutores de España Luis Vázquez Fernández; e o editor do libro e membro Correspondente da Real Academia da Historia, Manuel Mourelle de Lema.

O Grupo de Acción Costeira GAC4 presentou na Casa de Galicia en Madrid el programa MarGalaica Ensina, de turismo escolar

Oviedo, Rodríguez, Ónega e De Blas.

O Grupo de Acción Costeira GAC4 presentou esta mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o Programa MarGalaica Ensina, de turismo escolar, nun acto no que participaron a subdirectora de Economía Pesqueira do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, Aurora de Blas Carbonero, a directora xeneral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de Galicia, Susana Rodríguez Carballo, e a xerente do Grupo de Desenvolvemento Pesqueiro de Fisterra, Ría de Muros-Noia (GAC4), Manuela Oviedo Hermida. Relatores e asistentes foron recibidos polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que lles deu a benvida á Casa e resaltou a importancia do labor que desenvolven.

O ILUSIONISTA PONTEVEDRÉS LUIS BOYANO VOLVEU DELEITAR AO PÚBLICO NA CASA DE GALICIA EN MADRID

Un momento do espectáculo, con público.

O recoñecido ilusionista pontevedrés Luis Boyano volveu sorprender na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia co espectáculo teatral "30 anos de maxia e humor" co que esta tarde fixo as delicias do numeroso público que acudiu á convocatoria, moitos dos cales recordaban outra exitosa actuación súa no mesmo escenario, hai máis de dous anos.

Máis dun centenar de persoas na Casa hoxe na presentación do libro "GALICIA ENTRE COPAS. Un viaje fascinante por los mejores vinos del fin del mundo" de Mariano Fisac

De esquerda a dereita: Pepe Solla, Orlando Lumbreras, Ana Rodríguez Barrena, Mariano Fisac e Laura Rodríguez Herrera, pouco antes da presentación.

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta tarde a presentación do libro "GALICIA ENTRE COPAS. Un viaje fascinante por los mejores vinos del fin del mundo", de Mariano Fisac, unha publicación de Hércules de Ediciones concibida como unha guía de viaxes por Galicia, que pode facerse "con mochila e garfo, ou dende a casa, copa a copa".

Mostrando o intervalo 441 - 450 de 853 resultados.