Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 451 - 460 de 853 resultados.

Destacados relatores ilustraron sobre a arbitraxe comercial na mesa redonda "Arbitraxe e competitividade empresarial"

Participantes e organizadores.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama), en colaboración coa Corte Española de Arbitraxe organizou a mesa redonda  "Arbitraxe e competitividade empresarial" que se celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, na que se ilustrou os numerosos asistentes, a maior parte deles empresarios, sobre a arbitraxe comercial.

A exposición itinerante "Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro" recala en la Casa de Galicia en Madrid

Xiz, Mato, López, Jiménez e Giz.

A figura do poeta lucense Manuel Oreste Rodríguez López (1934-1990) é protagonista da exposición itinerante "Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro" que se inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia co obxectivo de difundir a vida e obra do escritor de Paradela (Lugo) que a dicir de Méndez Ferrín, na súa tese "De Pondal a Novoneyra" é o máis grande poeta obreiro de Galicia da segunda metade do século XX. Foi organizada por GaliciaDigital coa colaboración da familia do escritor, o Concello de Paradela, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega.

A mostra "Realismo contemporáneo" de Belén Fernández Vigo, na Casa de Galicia ata o 28 de marzo

A pintora coa obra Muíños antigos en fornela azul.

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia, acolle ata o día 28 a exposición de pintura "REALISMO CONTEMPORÁNEO", da artista ferrolana afincada en Madrid Belén Fernández Vigo. O seu amor pola beleza é o denominador común de todos os seus cadros. O acto de inauguración correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais da institución galega, Ramón Jiménez Pérez e nel interveu tamén a propia pintora Belén Fernández Vigo.

Presentouse na Casa de Galicia en Madrid o libro ilustrado "Man y Bel", de Ana Asparouhova

A autora cunha recreación dos seus personaxes .

Dous cans de raza grifón son os protagonistas do libro ilustrado "Man e Bel", que se presentou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Editado por Sial Pigmalion, está escrito e ilustrado pola artista plástica e deseñadora de moda Ana Asparouhova, que sentiu a necesidade de compartir as súas vivencias persoais cos seus amigos caninos, dirixíndoas "aos amantes do mellor amigo do home, a pequenos e grandes". O libro inclúe breves informes da orixe e singularidades desta raza canina que aparece, entre outros cadros, en "A voda de Arnolfini e Goivanna Cenani" (1434), do pintor flamenco Jan van Eyck.

JOSÉ RAMÓN ÓNEGA PRESIDIU, EN REPRESENTACIÓN DE NÚÑEZ FEIJÓO, OS PREMIOS VITORIANO REINOSO

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega López presidiu hoxe, en representación de Núñez Feijóo -por encontrarse de viaxe oficial no exterior-, os premios Victoriano Reinoso, galardón que outorga a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid AEGAMA e que nesta IX edición a distinguida foi a presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores, Elvira Rodríguez.

"El contubernio de Lisboa" de Jesús Arsenio Díaz é un thriller en clave de humor que retrata a realidade social dos sesenta

Araguas, Jiménez, Arsenio Díaz e Rodríguez Cañada na presentación.

“Este libro naceu coa pretensión de ser unha obra seria, sensata e prudente... pero, como a cabra tira ao monte, foise configurando como unha caricatura esperpéntica do que foi a sociedade española pequeno-burguesa da segunda metade do século XX”. Con estas palabras definiu o arquitecto e escritor coruñés Jesús Arsenio Díaz, “El contubernio de Lisboa” na presentación da obra na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia.  No acto, ao que acudiron preto dun centenar de persoas -entre elas os deputados Juan de Dios Ruano e Guillermo Collarte-, interviñeron tamén o coordinador de Actividades da Casa Ramón Jiménez; o escritor e crítico literario Vicente Araguas; e o editor Basilio Rodríguez Cañada.

Chega a Madrid "El Quijote de madera" primeira novela do urólogo santiagués afincado en Lugo, Francisco Javier Neira Pampín

Neira, Ónega e Xiz, na Casa, pouco antes de principiar o acto.

O asasinato dunha moza a beira do Sar conmove a sociedade da Compostela dos anos sesenta na que se desenvolve o feito e convirte en protagonistas a moitos dos seus veciños. Esta podería ser a síntese de "El Quijote de madera", primeira novela do urólogo santiagués afincado en Lugo Francisco Javier Neira Pampín que se presentou hoxe na delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia. No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa José Ramón Ónega, interviñeron o xornalista e editor Xulio Xiz, e o autor Francisco Javier Neira Pampín.

A UNEFA celebra na Casa de Galicia en Madrid unhas Xornadas de Formación de Directivos das Escolas Familiares Agrarias (EFA)

Rodríguez Rendo, Tirapu, Ónega, Prado e García Campillo.

A Unión de Escolas Familiares Agrarias (UNEFA) celebra na Casa de Galicia en Madrid unhas Xornadas de Directivos da Escolas Familiares Agrarias españolas que teñen por obxectivo a preparación e formación dos próximos directivos dos 26 centros das Escolas Familiares Agrarias (EFA), entre os que se encontran os da Federación EFA Galicia, participada por tres centros educativos. Nelas abórdanse entre outros contidos: sostibilidade, comunicación, mercadotecnia, promoción, protección de menores, goberno dun centro educativo, comunidades de aprendizaxe e vinculación á institución.

A pintora galega María X Fernández inaugurou na Casa de Galicia a mostra "75 Cores"

María X Fernández e R. Jiménez.

A pintora galega María X Fernández inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición "75 cores" que inclúe obra recente de pintura, acuarela e escultura de papel e lenzo en pequeno formato, parte da cal está agrupada en series, como "75 cores", "Repensar" e "Transparente". Pode visitarse ata o próximo día 27.

A exposición "Gramática Xeomética" de Fernando Lafuente estará na Casa ata o 27 de febreiro

Fernando Lafuente cunha das súas obras

As Salas A e L da Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acollerán este mes a exposición "Gramática Xeométrica" do arquitecto e licenciado en Belas Artes pontevedrés Fernando Lafuente. As súas obras caracterízanse polo volume e a gran riqueza cromática. Ademais fonden rigor científico e sensibilidade. Lafuente descompón para logo compoñer outra vez e o baleiro é unha peza máis, conformando esencialmente mosaicos, mutacións e articulacións infinitas de fragmentos.

Mostrando o intervalo 451 - 460 de 853 resultados.