Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 461 - 470 de 853 resultados.

Ribadeo presenta a campaña turística #Ribadeoxqsí

Martínez, Suárez, Ónega e Roberto Ramón, presidente de Acisa Ribadeo.

Con motivo da celebración da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid, o Concello de Ribadeo preséntase vivo na rede  como destino turístico a través da súa nova campaña #Ribadeoxqsí. O lugar elixido para a presentación foi a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, onde acudiron máis de trescentas persoas.

O profesor de Arte Diego Diz inicia o ciclo de conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX"

Diz e Jiménez.

O profesor de Arte Diego Diz iniciou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o ciclo de clases-conferencias "Obras mestras da pintura do século XV ao século XX". Abriuno a conferencia "A arte do autorretrato", na que o profesor centrou a súa exposición nos autorretratos dos pintores Tiziano, Tintoretto e Goya, analizando e comparando os seus estilos.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid participou nos actos de Galicia en Fitur

Un momento da presenza do presidente en Fitur.

delegado da Xunta de Galicia en Fitur, José Ramón Ónega, participou nos actos que Galicia desenvolveu hoxe na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra en Madrid. Ónega acompañou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, e outras autoridades galegas.

A Casa acolle hoxe a xornada "Galician Wines 2015" coa cata "túnel de viños e destilados" e a presentación da Guía de Luis Paadín de 2015

Gila, Mijares, Ónega e Paadín brindan con e por o viño galego

A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolle hoxe, por terceiro ano consecutivo, unha xornada dedicada ao viño organizada por Foro da Enogastronomía e do Turismo de Galicia FETGa, ServinoConsulting editores e consultores de Viño e Gastronomía en colaboración coa Asociación Madrileña de Sumilleres.

Pouco despois de mediodía realizouse a presentación da "Guía de Vinos, destilados y bodegas de Galicia, 2015" dirixida por Luis Paadín, e na que interviñeron tamén o presidente da Asociación Madrileña de Sumilleres (AMS), Javier Gila; e a presidenta da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Viño (AEPEV), Isabel Mijares.

Luis Menéndez presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu último libro, "Galleira passport. Crónicas viaxeiras do século XXI"

Un momento da presentación do libro, con público.

O xornalista galego Luis Menéndez presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa terceira e última obra, "Galleira passport. Crónicas viaxeiras do século XXI", un libro de viaxes publicado por Alvarellos Editora. Participaron na presentación, ademais do autor, o xornalista e escritor Carlos G. Reigosa, o editor, Henrique Alvarellos e, en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen recordou que Menéndez "desenvolveu unha ampla traxectoria profesional internacional, sempre con Galicia como referencia, despois de obter diversos premios polo seu labor".

Mesa redonda sobre o libro "Primeiras páxinas da historia de Filipinas", do escritor galego José Rodríguez, na Casa de Galicia

Pousado de J.Rodríguez, Ónega, Palomares y Reigosa, co libro.

A historia de Filipinas a través das primeiras páxinas de xornais estivo presente, esta tarde, na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia na mesa redonda "Primeiras páxinas da historia de Filipinas", que xirou en torno ao libro do mesmo nome do que é autor o xornalista e escritor ourensano José Rodríguez Rodríguez, que interveu na mesa xunto cos tamén xornalistas e escritores Alfonso S. Palomares e Carlos G. Reigosa e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

O pintor ferrolán Ignacio Dávila Golmayo "Matute" exhibe na Casa de Galicia a mostra "Retratos y paisaxes"

O pai do pintor posa ante un autorretrato de Matute.

O pintor ferrolán Ignacio Dávila Golmayo, "Matute", exhibe dende hoxe e ata o próximo día 30 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha ampla mostra da súa traxectoria artística baixo o título de "Retratos e paisaxes" na que, a través das obras que se exhiben en dúas das salas de exposicións da Casa, o artista reflicte o seu mundo a través de retratos e paisaxes pintadas ao óleo e gravados sobre madeira.

Federico Fernández de Buján ofreceu na Casa de Galicia a conferecia "Os Reis Magos: historia, tradición e fantasía"

Un momento da conferencia de Fdez.Buján.

O catedrático-director de Departamento de Dereito Romano da UNED e escritor lucense Federico Fernández de Buján ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia "Os Reis Magos: historia, tradición e fantasía".

Representantes do sector pesqueiro negocian na Casa de Galicia o Plan de Xestión de Explotación para 2015

El delegado de la Xunta dando la bienvenida a los representantes del sector.

Representantes do sector pesqueiro de cerco das comunidades autónomas de Galicia, País Vasco, Cantabria, Asturias e Andalucía celebraron hoxe unha reunión de traballo na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia para negociar un acordo sobre o Plan de Xestión de Explotación da sardiña para o próximo ano, que tivo restricións. A cota de captura mantense nas mesmas 20.500 toneladas que o ano pasado para toda a península.

AEGAMA clausura na Casa as súas actividades de 2014 con preto dun centenar de asistentes

Aegama familia posado

Un ano máis, a delegación da Xunta de Galicia en Madrid/ Casa de Galicia, acolleu o acto de clausura de actividades de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid) á que pertencen preto de 300 empresarios de orixe galega.

Mostrando o intervalo 461 - 470 de 853 resultados.