Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 471 - 480 de 853 resultados.

A Casa de Galicia en Madrid remata 2014 con máis de 200 actividades e coa entrega de distincións a destacadas personalidades pola súa vinculación a Galicia

Os homenaxeados posaron na tradicional foto de familia con Rueda, Romay, Ónega e Elías Rodríguez.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu hoxe a ‘Clausura das Actividades 2014' da Casa de Galicia xunto ao presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría. Rueda destacou que a Casa de Galicia levou a cabo unha programación orientada a potenciar os aspectos culturais, económicos, sociais,  institucionais referidos a Galicia. O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, destacou a culminación dun ano cunha larga actividade e constante traballo.

Técnicos de Innovación da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España reuníronse na Casa de Galicia

Reunión técnicos APTE.

Técnicos de Innovación da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España, que dirixe Soledad Díaz, reuníronse hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia para traballar en novas posibilidades de participación dos parques e as súas empresas nos programas de axudas de Horizonte 2020.

"Anónima sociedad" presentouse na Casa: "un libro para os que non len... y tamén para o fan"

Enrique Fernández de Marambroz Bernabéu, Ramón Jiménez Pérez, Santiago Díaz-Pache Montenegro, Juan Antonio Corbalán e Basilio Cañada

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a presentación de "ANÓNIMA SOCIEDAD", de Santiago Díaz-Pache Montenegro nun acto no que interviñeron, ademais do autor, o deportista de elite e cardiólogo Juan Antonio Corbalán; o arquitecto Enrique Fernández de Marambroz Bernabéu, o presidente do Grupo Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez.

A Casa de Galicia acolle unha exposición de beléns napolitanos

Presentación da exposición belenística.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia inaugurou esta tarde nas súas instalacións a "Exposición de beléns napolitanos. Napolés en Galicia" que conta cun belén completo, un mercado e varios portais con todos os seus elementos tradicionais, obra da ferrolana Belén de Salas Escriña e da súa filla Belén del Pino Salas, dous artistas belenistas especialistas na creación destas figuras e a súa escenografía que reuniron nesta mostra máis dun centenar de figuras. O belén permanecerá aberto ata o 6 de xaneiro (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas de luns a sábado e de 10 a 14 domingos e festivos).

Ramón Sánchez Ocaña: "Alicia Antón pinta emocións"

Alicia Antón ante unha das súas obras

"Os seus cadros parecen reclamar silencio. Alicia Antón garda detrás de cada lenzo, entre as súas pinceladas, esa emoción calada que se esconde nesas rúas baleiras, nesa visión dun tempo que se foi", dixo o popular xornalista e escritor Ramón Sánchez Ocaña da obra da artista na inauguración da mostra, na que tamén interviñeron o coordinador de Actos Culturais da Casa, Ramón Jiménez e a propia autora.

O catedrático Ortíz de Landáuri falou na Casa de Galicia das razóns do culto xacobeo no Codex Calixtinus

Na conferencia de Ortíz de Landázuri.

"As razóns do culto xacobeo no Codex Calixtinus: Unha traslatio avalada por 22 milagres" é o título da conferencia que Carlos Ortíz de Landáuri, profesor asociado xubilado da Universidade de Navarra, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Con ela pechouse a décimo cuarta edición do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos que se desenvolveu ao longo da semana organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, que preside José Antonio Ortíz, quen acompañou e presentou o conferenciante.

Matías Díaz-Padrón ofrece na Casa de Galicia a conferencia "Unha visión de Santiago Apóstolo na pintura"

Un momento da conferencia de Díaz-Padrón.

A representación da figura do Apóstolo Santiago na pintura a través do tempo foi obxecto da conferencia que Matías Díaz-Padrón, doutor en Historia da Arte e conservador do Museo do Prado, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, "Unha visión de Santiago Apóstolo na pintura". Tivo lugar dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos que se desenvolve ao longo da semana en colaboración coa Asociación de Amigos de los Caminos de Santiago de Madrid.

O musicólogo e folclorista Joaquin Díaz analizou na Casa "A pegada do xacobeo no folclore castellán"

Díaz, Jiménez y Ortiz, departen instantes previos a conferencia

"O romeiro e peregrino, cansos de camiñar, comezan logo a cantar para alivio do camiño".Con estas palabras do vihuelista Narváez quixo resumir o conferenciante a necesidade dos romeiros e peregrinos de usar o recurso da música para facer máis levadeiro o Camiño. Esa necesidade foi o motor que impulsou todas as tendencias en todas a direccions. O musicólogo e folclorista Joaquín Díaz pronunciou hoxe a conferencia "A pegada do xacobeo no folclore castelán", dentro do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos", que a Casa acolle esta semana.

A Casa dedica un relatorio á "paisaxe arbórea do Camiño" a cargo do enxeñeiro e peregrino Santiago Soria

Santiago Soria, Ramón Jiménez e José Antonio Ortiz

"É unha conferencia inédita e ademais, moi poucas veces tratouse o Camiño dende este punto de vista", dixo José Antonio Ortiz, presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid na presentación da xornada inaugural da décimo cuarta edición do "Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos" que se celebrará na Casa durante esta semana. Ortiz explicou que "O Seminario adquire o sobrenome de José Antonio Cimadevila Covelo (Santiago 1919, Madrid 2001) en memoria e recordo deste galego ilustre, que no ámbito xacobeo fora fundador e primeiro presidente da Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid dende 1987". 

José Ramón Ónega y Gabriel Tirapu dieron la bienvenida a los hosteleros que se interesaron por los productos "Son Daquí"

Ónega e Tirapu cos produtores.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e o presidente da Federación de Escolas Familiares Agrarias (EFA) de Galicia, Gabriel Tirapu, deron a benvida esta tarde aos profesionais da hostalaría e alimentación que participaron na segunda parte da xornada empresarial de promoción dos produtos da rede "SonDaquí", que se celebrou hoxe na Casa.

Mostrando o intervalo 471 - 480 de 853 resultados.