Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 481 - 490 de 849 resultados.

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o libro "El azabache y su cultura en la Península Ibérica, de Ángel Cardín Toraño

De esda. a dta, Cardín, Leguina y Ónega.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro "El azabache y su cultura en la  Península Ibérica", do economista e colaborador da "Gran Enciclopedia Gallega" Ángel Cardín Toraño, publicado por Edicións Xerais de Galicia. A obra, froito de dúas décadas de investigacións, explica todo o relacionado co acibeche, amuleto do Camiño de Santiago que foi usado na prehistoria, na época castreña e en épocas modernas e que ten profundas raíces en Galicia e Asturias.

Investigadores de sete universidades españolas traballan sobre Educación Infantil

Reunión de traballo sobre el proxecto de investigación na Educación Infantil

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia ten entre os seus labores o favorecer e colaborar con diversas institucións que promovan investigacións nos máis variados campos. Nesta ocasión, acolleu o encontro de coordinadores de universidades, entre elas a de Santiago e Vigo, que están a levar a cabo un proxecto de investigación nacional, financiado polo Ministerio de Educación, baixo o título Deseño curricular e Boas Prácticas na Educación Infantil.

A exposición "In natura mundi" de Antonio Valverde estará na Casa ata o 28 de novembro

Antonio Valverde con algunhas das súas obras

A sala B da Casa de Galicia acolle dende esta tarde a exposición " In natura mundi" do biólogo e artista Antonio Valverde, cuxas obras son unha persoal interpretación e visión do mundo natural. No acto de inauguración, o coordinador de actividades Culturales da Casa, Ramón Jiménez Pérez fixo referencia á especial percepción que ten o artista e como a escultura ou a fotografía son medios para expresala.

A exposición "Debuxos e pinturas" de Marta de la Sota estará na Casa ata o 28 de novembro

Marta de la Sota ante dous dos seus debuxos

A sala A da Casa de Galicia acolle dende esta tarde a exposición "Debuxos e pinturas" da creadora Marta de la Sota. O acto de inauguración correu a cargo do coordinador de actividades culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez e nas súas palabras sinalou que se trata dunha mostra composta por óleos sobre táboa, e debuxos do natural.

A Casa acoleu hoxe a presentación de"Opositar: reto y oportunidad", un libro para os futuros funcionarios

Raquel Marañón, José M. Romay Beccaría, José Ramón Ónega e Diego Vigil na presentación do libro

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid foi o escenario elixido polos coordinadores do libro editado por Wolters Kluwer "Opositar: reto y oportunidad", Diego Vigil de Quiñones Otero, rexistrador da Propiedade e Raquel Marañón Gómez, letrada das Cortes Xerais. A obra, informa do que hai que saber das principais oposicións (xa sexan para desempeñar funcións no poder xudicial,  lexislativo, administración xeral ou os órganos constitucionais e corpos especiais), e inclúe ademais unha recompilación de testemuños escritos por funcionarios novos que ingresaron recentemente nos diferentes corpos funcionariais (opositores do século XXI), mostrando tamén as oposicións dende unha perspectiva vital. No acto interviñeron, ademais dos coordinadores: o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría.

A Casa acolleu hoxe a presentación/degustación ante medios e profesionales de Bico de Xeado, helado artesán galego

Ónega co equipo de Bico de Xeado

A Casa de Galicia, delegación de á Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a presentación/ degustación de "Bico de Xeado" xeado artesán de alta calidade elaborado por Granxa O Cancelo, como unha atractiva e creativa aposta dentro sector lácteo. O obxectivo do acto foi dar a coñecer este novo produto, -formulado non só como postre senón tamén para preparacións culinarias, acompañamento e realce doutros pratos-, entre medios de comunicación especializados e profesionais do sector hostaleiro.

Presentado na Casa de Galicia o poemario "Poemas salvajes", de Alfredo Puy

Bahamonde, Puy, Jiménez, Triper e R. Cañadas.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do poemario "Poemas salvajes", de Alfredo Puy, publicado pola editorial Sial-Pigmalión, que recolle poemas escritos nesta e outras épocas do autor. Participaron na presentación, ademais do propio autor, o historiador e escritor Javier Bahamonde Santiso de Ossorio, o xornalista e poeta José María Triper, o presidente da editorial, Basilio Rodríguez Cañadas, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, quen afirmou que "toda presentación dun texto literario é unha celebración da voz humana". Puy (Granada, 1943) leva 43 anos vivindo en Galicia, onde casou, tivo fillos e impartiu as súas clases. Reside na Coruña e frecuenta Ourense.

Domínguez Rey reivindica en Madrid a figura de Amor Ruibal e cualifícao como "o científico humanista máis grande de Galicia"

Domínguez e Jiménez, instantes antes da conferencia

"Ángel María Amor Ruibal (1869-1930) é o científico humanista máis grande de Galicia e instruído da Igrexa", dixo o catedrático da UNED Antonio Domínguez Rey na conferencia "Ángel Amor Ruibal: Lingüista e filósofo", que a Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe, coincidindo co centenario da publicación do primeiro tomo de Los problemas fundamentales de la filosofía y el dogma, obra de referencia do destacado pensador, filósofo, lingüista e teólogo galego.

Chega a Madrid a novela "Casa de vecinos" de Eugenio Feijoo

Eugenio Feijoo, Ramón Jiménez e Nuria Álvarez na presentación

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a presentación da novela "Casa de veciños", do escritor e xornalista Eugenio Feijoo, publicada por Edicións Correo. Trátase dunha obra costumista actual que narra as vivencias de medio centenar de persoas dun barrio, das cales, trinta habitan na mesma casa. O relato é unha análise sociolóxica informal aderezada con certo sentido do humor e no que aparecen as novas tendencias nas relacións sociais e familiares, a complexa convivencia e a delicada confluencia de intereses na comunidade na que conviven tres xeracións.

Domingo Góas Chao presentou na Casa de Galicia o seu libro "Por qué nunca fui de izquierdas ni nacionalista... pero sí liberal"

O autor co libro.

O avogado vilalbés Domingo Góas Chao presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu último libro, "Por que nunca fun de esquerdas, nin nacionalista... pero si liberal", editado por De buena tinta, un ensaio no que o autor explica as súas conviccións liberais como froito dunha ampla experiencia en países ideoloxicamente afastados delas, tanto en América coma en Europa.

Mostrando o intervalo 481 - 490 de 849 resultados.