Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 491 - 500 de 837 resultados.

José Ramón Ónega recibe a homenaxe das Colectividades Culturais e Profesionais Galegas en Madrid

Ónega cos representantes das colectividades galegas que xuntaron esforzos para organizar a homenaxe

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, recibiu onte unha cea homenaxe que lle ofreceron as diferentes asociacións culturais, profesionais e centros galegos da Comunidad de Madrid. Mais dun centenar de persoas déronse cita no salón panorámico do piso 30 da Torre Eurostars, como demostración do  "afecto, cariño e admiración", palabras que se repetiron nas intervencións dos representantes de todas e cada unha das institucións convocantes. Ónega recibiu unha placa conmemorativa coas bandeiras de Madrid e Galicia e un diploma acreditativo do emotivo acto.

"Luces, costumes y viño tinto" de Abel Barandela, na Casa ata o 31 de xullo

Barandela con unha das obras da serie viño tinto

"É o artista do viño e así deuse a coñecer", unha casual e curiosa incursión que fixo que moitas miradas se parasen nas súas obras. As salas B e L da Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta en Madrid, acollerán ata o 31 de xullo a exposición "Luces, costumes e viño tinto" de Abel Barandela, artista ourensano afincado en Sanxenxo, parte de cuxa obra está elaborada con pousos de viño, tras ser tratados convenientemente por ser unha materia orgánica e polo tanto alterable.

A inauguración da mostra correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez Pérez e nas súas palabras explicou as tres series que compoñen a exposición, tal e como indica o seu título: "Luces, costumes e viño tinto", diferentes tanto pola temática coma pola técnica empregada.

O endocrino Enrique Rodríguez presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu libro "Un cociñeiro no universo. Cartas a Carla"

Barón, Rguez Jiménez, Tamamesey Ónega, entre outros.

Carlos Enrique Rodríguez Jiménez, médico especialista en Endrocinología, Metabolismo e Nutrición, presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu libro "Un cociñeiro no universo. Cartas a Carla", no que o autor aborda temas universais en epístolas dirixidas á súa filla Carla, que se achaba entre o público e a quen escribe "por se lle serve". Fíxoo acompañado polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, e o catedrático de Estrutura Económica e membro do Club de Roma e da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas Ramón Tamames, que tamén interviñeron ante o centenar de persoas que encheu a sala na que se desenvolveu o acto. Entre os que se achegaron a saudar o autor achábase o exministro e expresidente do Parlamento Europeo Enrique Barón.

Máis de cen persoas asistiron a actuación en Madrid da Coral Follas Novas na tarde de San Xoan

A coral o completo en primero termo, seu director, a pianista, o delegado Ónega, o deputado Ruano, a violinista e o presidente da coral.

A Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta en Madrid, acolleu hoxe, tarde de San Xoan, a actuación da Coral Polifónica Follas Novas da Coruña, que interpretou un amplo programa no que incluíu composicións de diversos autores rexionais, nacionais e estranxeiros, algunhas xa esquecidas e recompiladas agora no seu labor de investigación da música coral de todas as épocas. A Coral Polifónica "Follas Novas", baixo a dirección do Mestre Fernando Vázquez Arias, contou tamén coas actuacións da pianista Anna Mirzoyan e a nova violinista Diana Poghosyan Mirzoyan. "Son unhas colaboracións das que aínda podemos gozar, especialmente a de Diana, que será cada vez máis difícil dado o seu virtuosismo, proxección e traxectoria, pois con só 16 anos xa a solicitan e actúa en encontros internacionais", dixo o presidente da formación, Fernando Sandín. Máis dun centenar de persoas acudiron á Casa para asistir á actuación programada.

O "Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España" reúnese na Casa de Galicia

Ónega+Comisión Cidades Patrimonio

A sede da Xunta de Galicia en Madrid, Casa de Galicia (C/ Casado do Alisal, 8) acolleu esta mañá a reunión do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, formado por representantes das cidades que recibiron este nomeamento por parte da UNESCO, que son Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo, que contan co recoñecemento internacional "aínda que tamén supón unha grande responsabilidade que debemos asumir de cara a garantir a protección e conservación de todos eses valores para as xeracións futuras", tal e como sinalan.

A Casa de Galicia acolle a presentación en Madrid do "Proxecto de accesibilidade aplicada produtos alimentarios. Conservas 1884"

Cerdeiras, Onega, Leonor Pérez e Severino Rodríguez

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta mañá a presentación do "Proxecto de accesibilidade aplicada" a produtos alimentarios: Conservas 1884". Un proxecto innovador impulsado pola empresa galega "1884 Especialidade Alimentaria" e desenvolvido dende os seus inicios en colaboración co Consello Territorial da ONCE, e as empresas do Grupo Fundosa: "Vía Libre" e "Technosite". O resultado é unha liña de conservas con "abremuyfácil" e linguaxe braille para chegar a un amplo sector da poboación formado por persoas con problemas de accesibilidade, (cegas ou con minusvalidez visual, así como con dificultades para o manexo de obxectos).

Palomares presenta na Casa seu libro "Sempre chega a noite. Momentos estelares de medio século de xornalismo"

Palomares, Bono e Ónega

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, acolleu esta tarde a presentación do último libro do xornalista Alfonso S. Palomares, un relato do que nunca se publicou sobre determinados acontecementos e as razóns polas que isto foi así, contado por un profesional que viviu os feitos moi de preto ou en primeira persoa. No acto de presentación de "Sempre chega a noite. Momentos estelares de medio século de xornalismo", publicado por Edicións B, interviñeron (segundo esta orde), o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; director editorial de Edicións B, Ernest Folch; o xornalista e escritor Carlos G. Reigosa; o expresidente da Comunidade de Castela-A Mancha, exministro de Defensa e expresidente do Congreso dos Deputados, José Bono e o propio autor, Alfonso S. Palomares. Ademais, contou coa asistencia de máis de 150 persoas, delas personalidades, como o escritor e xornalista, Luis María Ansón; o exmisitro José Barrionuevo ou a empresaria María Luz Barreiros.

Cinco novas rutas polos territorios vinícolas galegos incorpóranse ao programa dos trens turísticos "Galicia a todo tren"

Baltar, Castro, Ónega e Hilario.

 A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación do programa dos novos trens turísticos de Galicia ‘Galicia a todo tren', na que interviñeron ademais da directora de Turismo de Galicia,  Nava Castro, o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocios de Renfe, Rodrigo Hilario.

O programa desenvolvido en colaboración con Renfe acadou gran éxito na súa primeira edición e incorpora agora novos percorridos que permiten aos turistas coñecer os recursos máis singulares da comunidade a bordo dun tren

 A posta en marcha en 2013 deste proxecto pioneiro suma neste ano 2014 cinco trens turísticos do viño que suporán a posibilidade para os viaxeiros de percorrer a riqueza vitivinícola e enoturística do territorio galego

 

Cerca dun centenar de persoas acudieron a Casa a presentación do libro "María Balteira" do lucense Manuel Romay

Rivera de la Cruz, Ónega e Romay

Preto dun centenar de persoas acudiron á presentación da novela "María Balteira. A soldadeira máis fermosa dá Corte do Rei Sabio" do lucense Manuel Romay López editada pola Deputación Provincial da Coruña. Trátase da biografía novelada sobre María Balteira, destacada xoglar de Betanzos que tivo fama e notoriedade na Corte máis ilustrada na Europa da época. No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid, e director da Casa, José Ramón Ónega López; a xornalista e escritora, Marta Rivera de la Cruz e o propio autor, Manuel Romay López.

José Cerdeira ofreceu na Casa de Galicia a conferencia "A vinganza de Gaia: a crise climática e o fin da nosa civilización"

A sala, dende un punto medio.

Coincidindo co Día Mundial do Medio, José Cerdeira Taboada, enxeñeiro de Caminos, Canles e Portos e experto en eficiencia enerxética pronunciou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, a conferencia "A vinganza de Gaia: a crise climática e o fin da nosa civilización", na que resaltou a transcendencia que o medio ten para a humanidade. Foi presentado pola coordinadora de Actividades Económicas da Casa, Ana Rodríguez -quen escusou a ausencia do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, por acharse en Santiago, cuxa univesidad lle invitou a pronunciar unha conferencia-, e asistido nas proxeccións que apoiaron a conferencia polo seu amigo Rafael Sánchez.

Mostrando o intervalo 491 - 500 de 837 resultados.