Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 531 - 540 de 846 resultados.

"Naturalismo Poético" de Marcial Ortiz, na Casa ata o 29 de abril

Marcial Ortiz con duas das súas obras dedicadas ao mundo taurino

A exposición "Naturalismo Poético" do pintor coruñés Marcial Ortiz que poderá verse ata o día 29 deste mes na Sala B da delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia, está formada por case unha trintena de obras que recrean vistas rurais, vellos muíños, montañas, paisaxes con ríos e recantos galegos de grande beleza e frescura, sen esquecer os cadros que dedica tamén aos temas taurinos, pola súa grande afección o arte de cúchares.

No acto de inauguración interviñeron: o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez; o médico, presidente de Bibliófilos de España e director da aula de tauromaquia, Rafael Cabrera Bonet; e o propio autor, Marcial Ortiz.

A excelencia dos produtos galegos de calidade conquista o mercado madrileño de San Antón

Autoridades, o xornalista Jenaro Castro e Piñeiro co seu equipo, na presentación.

Máis de 20 empresas galegas de distintos sectores están representadas na iniciativa, que conta coa participación de profesionais como o cociñeiro Kike Piñeiro, o sumiller Óscar Quintana ou o barista Óscar de Toro

O doutor Durán Mariño presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu libro "España, S.L. A colmea insostible"

Durán, Ónega e Xiz.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu esta tarde a presentación do libro "España, S.L. A colmea insostible", escrito polo cirurxián vascular José Luis Durán Mariño, no que o autor analiza a sociedade española partindo dunha metáfora na que a compara coa vida nunha colmea.

Galicia Calidade promociona os seus produtos no mercado madrileño de San Antón con showcookings e demostracions en directo

Kike Piñeiro, José Ramón Ónega, Alfonso Cabaleiro e Óscar de Toro

A Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, achegará ao mercado madrileño de San Antón a excelencia dos produtos gastronómicos galegos cunha iniciativa que se desenvolverá mañá venres e sábado, e que inclúe showcookings e degustacións. O xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, presentaron hoxe a actividade aos medios. No acto tamén estiveron presentes Kike Piñeiro e Óscar de Toro, coordinador do programa e barista, respectivamente.

A Casa de Galicia acolleu a proxección do documental "Digna rabia" , sobre a vida das mulleres galegas durante o franquismo

En el coloquio posterior al visionado.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu esta tarde a proxección do documental "Digna rabia", con testemuños sobre a vida das mulleres galegas durante o período franquista, dirixido por María Victoria Martins Rodríguez e Ángel Rodríguez Gallardo, investigadora e profesor da Universidade de Vigo, respectivamente.

Ónega asistiu á entrega do premio "Galego do ano 2013" ao doutor Miguel Cabanela

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu está noite á entrega do premio Galego do Ano 2013 que outorgou o Club de Xornalistas Galegos en Madrid ao doutor mindoniense Miguel Cabanela non só polo eco xornalístico que tivo que tivese operado o Rei senón tamén pola "difusión de Galicia no mundo e o seu traballo desinteresado con persoas necesitadas".

Investigadores de la USC manteñen unha reunión de traballo en la Casa de Galicia en Madrid

Cristina Gómez y Javier Serrano.

Investigadores de Psicoloxía Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que coordinan en España un proxecto de investigación sobre "Mobilización social" mantiveron unha reunión de traballo na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

A Casa acolleu hoxe a presentación en Madrid do Grupo Literario Leiras Pulpeiro

Matías Escalera, Julia Mª Labrador, Ramón Jiménez, Fernando Gómez Contreras, Xe Freyre, Marta Gómez Pérez, Ramón Reimunde Beatriz Rodríguez, César Morán con Mª Luisa Contreras Leiras, adiante

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro, cun acto no que interviñeron Matías Escalera, Julia María Labrador, Xe Freyre, Ramón Reimunde. Ademais tamén asistiron a neta, o bisneto e a tataraneta de Manuel Leiras, María Luisa Contreras Leiras, Fernando Gómez Contreras e Marta Gómez Pérez.

No acto, presidido polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, estivo organizado polo profesor, escritor e crítico, Matías Escalera e iniciouse coa proxección dun breve audiovisual para dar a coñecer e difundir entre o público en xeral de Madrid, -cerca de medio cento de persoas-, os aspectos máis destacados da vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro.

"Mulleres na Terra", recital de poesía galega na Casa de Galicia en Madrid en conmemoración do Día Internacional da Muller

Pousado dos que interviñeron no recital.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe o recital poético "Mulleres na terra. Celebración do Día Internacional da Muller Traballadora" no que recitaron as poetas galegas residentes en Madrid Ana Cibeira, Yolanda López e Luz Pichel e alumnos das clases de Galego no Espazo das Linguas Ibéricas que se imparten nas súas instalacións, no que constituíu unha especial celebración do Día da Muller.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA, celebra na Casa unha xornada económica especialmente dirigida a PEMES culturais

Ponente y asistentes co delegado da Xunta. Imaxe de A.J.González

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia acolleu esta mañá a "Xornada económica sobre Negocio Angels no ámbito das industrias culturais e creativas", un proxecto, financiado polo Ministerio de Cultura, especialmente dirixido as PEME. O acto, que se desenvolveu dende 09.30 ata as 13.00 horas, está dentro da programación realizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) para socios e profesionais do sector.

O delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, recibiu aos integrantes de AEGAMA e transmitiulles o seu apoio e o da Xunta. "Todo o que estea na nosa man, xa sabes que esta é a vosa Casa". "Moitas grazas, José Ramón, xa sabes que este tipo de cousas podémolas facer grazas a que sempre contamos convosco", díxolle Pepe Cerdeira, xerente da Asociación.

Mostrando o intervalo 531 - 540 de 846 resultados.