Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 541 - 550 de 849 resultados.

A Casa acolleu hoxe a presentación en Madrid do Grupo Literario Leiras Pulpeiro

Matías Escalera, Julia Mª Labrador, Ramón Jiménez, Fernando Gómez Contreras, Xe Freyre, Marta Gómez Pérez, Ramón Reimunde Beatriz Rodríguez, César Morán con Mª Luisa Contreras Leiras, adiante

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro, cun acto no que interviñeron Matías Escalera, Julia María Labrador, Xe Freyre, Ramón Reimunde. Ademais tamén asistiron a neta, o bisneto e a tataraneta de Manuel Leiras, María Luisa Contreras Leiras, Fernando Gómez Contreras e Marta Gómez Pérez.

No acto, presidido polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, estivo organizado polo profesor, escritor e crítico, Matías Escalera e iniciouse coa proxección dun breve audiovisual para dar a coñecer e difundir entre o público en xeral de Madrid, -cerca de medio cento de persoas-, os aspectos máis destacados da vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro.

"Mulleres na Terra", recital de poesía galega na Casa de Galicia en Madrid en conmemoración do Día Internacional da Muller

Pousado dos que interviñeron no recital.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe o recital poético "Mulleres na terra. Celebración do Día Internacional da Muller Traballadora" no que recitaron as poetas galegas residentes en Madrid Ana Cibeira, Yolanda López e Luz Pichel e alumnos das clases de Galego no Espazo das Linguas Ibéricas que se imparten nas súas instalacións, no que constituíu unha especial celebración do Día da Muller.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA, celebra na Casa unha xornada económica especialmente dirigida a PEMES culturais

Ponente y asistentes co delegado da Xunta. Imaxe de A.J.González

A delegación da Xunta en Madrid, Casa de Galicia acolleu esta mañá a "Xornada económica sobre Negocio Angels no ámbito das industrias culturais e creativas", un proxecto, financiado polo Ministerio de Cultura, especialmente dirixido as PEME. O acto, que se desenvolveu dende 09.30 ata as 13.00 horas, está dentro da programación realizada pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) para socios e profesionais do sector.

O delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, recibiu aos integrantes de AEGAMA e transmitiulles o seu apoio e o da Xunta. "Todo o que estea na nosa man, xa sabes que esta é a vosa Casa". "Moitas grazas, José Ramón, xa sabes que este tipo de cousas podémolas facer grazas a que sempre contamos convosco", díxolle Pepe Cerdeira, xerente da Asociación.

El CCG expón na Casa de Galicia en Madrid a mostra "Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)"

Público interesándose na mostra.

O Concello da Cultura Galega (CCG) trae á Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a exposición "Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultura a Galicia (1961-1975)" sobre o papel transformador que tiveron os axentes e as asociacións culturais en Galicia nos últimos quince anos da ditadura franquista. Despois de percorrer nove cidades galegas, poderá verse en Madrid, nas instalacións da Casa de Galicia, onde ocupa dúas salas, ata o próximo día 28.

A exposición de Alicia Solla estará na Casa hata o 28 de marzo

A pintora Alicia Solla ante unha das súas obras

A Casa de Galicia acolleu esta tarde a inauguración da mostra pictórica da artista viguesa Alicia Solla, que permanecerá na Sala A da institución galega ata o día 28 deste mes. No acto interviñeron o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez; a licenciada en Humanidades e gran coñecedora da obra de Alicia Solla, Ruth Martínez, e a propia pintora.

O delegado da Xunta en Madrid participou no XLVII Capítulo Xeral da Orden da Vieira

Ónega entrega o diploma a González-Aller.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu o sábado, 1 de marzo, ao XLVII Capítulo Xeral que a Enxebre Orden da Vieira celebrou en Madrid, con grande afluencia de público.

A Casa de Galicia acolleu a conferencia "Perspectivas para os mercados de EE UU, Europa, España e Emerxentes"

Lage, Mas, Martín e Arenillas.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a conferencia "Perspectivas para os mercados de EE. UU., Europa, España e Emerxentes", promovida pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) en colaboración con Santander Private Banking, na que se dió unha visión do ámbito económico actual e fíxose unha análise dos mercados de EE UU, Europa, España e dos países emerxentes e as pespectivas económicas para 2014.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta na Casa de Galicia a "Guía Ilustrada da Catedral de Santiago"

Os deputados que asistiron, cos intervenientes e o Valedor.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou esta tarde na presentación da "Guía Ilustrada da Catedral de Santiago", que tivo lugar na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Ademais, interviñeron no acto o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, os autores da Guía, a historiadora e deputada en Madrid Marta González Vázquez e o ilustrador Joaquín González Dorao, e a representante de El Patito Editorial, responsable da publicación, Gemma Sesar. Entre o máis dun centenar de persoas que asistiron á presentación achábase o Valedor do Pobo, José Julio Fernández, unha trintena de deputados de máis dunha decena de comunidades autónomas e alumnos das clases de galego que se imparten na Casa.

FAGAMA celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria na Casa de Galicia en Madrid

Os participantes posan con García Gómez e Ónega .

A Federación de Asociacións Galegas en Madrid (Fagama), que preside Ovidio Cadenas, celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2014, na que se abordou, entre outras cousas, o programa de actividades do ano.

A Casa acolleu a mesa redonda "Unha mirada dende dentro. Como se constrúe un personaxe" organizada polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, dentro do ciclo dedicado á Prensa do Corazón

Falcón, Josemi, Ónega e Ballarín na mesa redonda hoxe

"O que non quere saír, non sae", afirmaron categoricamente os profesionais esta tarde na Casa de Galicia na mesa redonda: "Unha mirada dende dentro. Como se constrúe un personaxe", dentro do ciclo que organiza o Club de Xornalistas Galegos en Madrid dedicado á Prensa do Corazón. No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, interviñeron o comunicador galego e especialista en crónica social, Josemi Rodríguez-Sieiro; a redactora xefe da revista "Dez Minutos", Rosa María Ballarín Borruel e a xornalista Pilar Falcón, presidenta do Club e coordinadora do ciclo.

Mostrando o intervalo 541 - 550 de 849 resultados.