Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 561 - 570 de 846 resultados.

A Xunta destaca a importancia de dotar de valor engadido aos produtos do mar e de fortalecer a cadea do sector pesqueiro

Ante o logo de "Fisterra dende a Nube"

A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación do proxecto turístico "Fisterradendea nube", elaborado polo Grupo de Acción Costeirapara fomentar e promover o turismo mariñeiro e no que interviñeron o delegado da Xuntaen Madrid, José Ramón Ónega López, o alcalde de Fisterra, José Manuel Trabae a directora xeral de desenvolvementoPesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.

"Os silencios de Martina" de Eugenio Feijoo trata o amor na madureza

Eugenio Feijoo con seu libro Los silencios de Martina

"Os silencios de Martina" é a segunda obra que publica Eugenio Feijoo e que esta tarde se presentou na delegación da Xunta en Madrid-Casa de Galicia. No acto, ademais do autor, interviñeron o avogado e xornalista Renato Landeira; e o coordinador de Actrividades da Casa, Ramón Jiménez. A obra está protagonizada por unha parella madura que se reencontra despois dos cincuenta, e parte da súa trama desenvólvese na zona da Ribeira Sacra, onde Feijoo pasou parte da súa infancia.

Montserrat Pena Presas fai un percorrido pola Literatura infantil y xuvenil galega na Casa de Galicia en Madrid

Pena, Jiménez e Pichel, con público.

 A profesora do Departamento de Didáctica da Lingua e das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria Monserrat Pena Presas ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia-Casa de Galicia en Madrid a conferencia-coloquio "Soñar para nenas e mozos en galego: os libros que marcaron o Camiño", na que fixo un percorrido polas diferentes etapas polas que pasou a Literatura Infantil e Xuvenil galega (LIX, na súa sigla en galego). Entre o público asistente había numerosos alumnos de galego da Universidade Complutense de Madrid, o Espazo das Linguas Ibéricas e a Escola Oficial de Idiomas.

Mostra de esculturas de pequeno formato do coruñés Fran Lareo na Casa de Galicia en Madrid

Lareo e Jiménez.

O escultor coruñés Fran Lareo exhibe dende hoxe e ata o próximo día 31 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha mostra de corenta esculturas de pequeno formato decoradas nas que usa un material a medio camiño entre a pedra e a cerámica; polo que o artista confesou ter predilección "porque me permite desenvolver a miña capacidade creativa".

"Paisaxes na memoria", mostra da pintora pontevedresa Amelia Palacios na Casa de Galicia en Madrid ata finais de mes

Palacios ante unha das súas paisaxes.

Co título de "Paisaxes na memoria", a pintora pontevedresa Amelia Palacios inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha exposición da súa obra, coa que se abriu a programación cultural deste novo ano na Casa. A mostra, que se exhibe en dúas das salas, poderá verse ata o próximo día 31.

A Asociación Cultural da Vieira e o Comité Bretaña-Galicia asinan un acordo de colaboración, na Casa de Galicia en Madrid

Momento da firma de Ónega.

A Asociación Cultural da Vieira e o Comité Bretaña-Galicia asinaron esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia un convenio de colaboración nos obxectivos de ambas as dúas entidades, coincidentes en moitos casos. Ao acto asistiron directivos das principais asociacións galegas en Madrid.

Pierre Joubin fala na Casa de Galicia en Madrid sobre as afinidades entre Galicia e a Bretaña francesa

Joubin, Ónega e Santín.

O presidente do Comité Galicia-Bretaña, Pierre Joubin, ofreceu hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a conferencia "Galicia e a Bretaña Francesa, dúas rexións afíns", un acto realizado en colaboración cos Amigos dá Cultura Celta, e no que sorprendeu as afinidades etnográficas e xeográficas das dúas rexións, que xa asombraran a Castelao, como se reflicte no seu libro "Ás cruces de pedra na Bretaña".

O escritor vigués Francisco Castro presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última novela, "O Corazón da Branca de Neve"

Un momento da presentación.

O escritor vigués Francisco Castro presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa nova novela, "O corazón da Branca de Neve", publicada por Editorial Galaxia, unha historia policial que aparece nas librarías como a primeira aventura do inspector Hermida e con vocación de continuidade. A obra, escrita en galego, recibiu o Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de Galicia.

O vicepresidente Rueda presidiu na Casa de Galicia a clausura das actividades de 2013

De esquierda a deeita, posan coas súas distincins: Ángel Álvarez Álvarez, Melquíades Álvarez González, Alberto Aza Arias, Fernando Barrera Morate, José Ramón Ónega, Víctor Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, Silvia Catoira Seijas, Pilar García-Cernuda Lago,Alfoso Rueda Valenzuela, Yuri P. Korchagin; José Manuel Otero Lastres e Francisco Javier Varela Salas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde a clausura das actividades 2013 da Casa de Galicia en Madrid, na que destacou o papel de divulgación do patrimonio galego que vén facendo esta institución ano tras ano e desexoulle un 2014 igual de “forte e activo”. O director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, fixo un repaso polos máis de 300 actos que se celebraron durante este ano, entre os que destacou 53 presentacións de libros, 36 exposicións de pintura, 15 recitais de música e máis dun centenar de conferencias, presentacións, promocións de produtos e destinos turísticos, así como numerosos encontros empresariais, unha actividade que está collendo gran pulo na Casa.

El poeta y escultor Xosé Azar mostra en Madrid a súa colección "Saudade" ata o 29 de decembro

Xosé Azar ca súa escultura favorita

A sala B da Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta en Madrid, acolle dende esta tarde e ata o día 29 de decembro a exposición "Saudade" do escultor, poeta e artista santiagués Xosé Azar, que crea, obras nas que predominan as formas redondeadas e o seu gusto polas aberturas. No acto de inauguración, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez, recordou que Azar, "ademais de escultor, escritor e filósofo", é tamén autor de importantes e meditados tomos de Poética, nos que, "como un alquimista da palabra, analiza formas e fondos mediante un método orixinal seu único, asombrosamente coherente" e que "precisamente nesta mesma Casa presentou o seu libro "Rosalía erótica e existencial", escritora na que é especialista e sobre a que pronunciou tamén diversas conferencias".

Mostrando o intervalo 561 - 570 de 846 resultados.