Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 571 - 580 de 849 resultados.

O escritor vigués Francisco Castro presenta na Casa de Galicia en Madrid a súa última novela, "O Corazón da Branca de Neve"

Un momento da presentación.

O escritor vigués Francisco Castro presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a súa nova novela, "O corazón da Branca de Neve", publicada por Editorial Galaxia, unha historia policial que aparece nas librarías como a primeira aventura do inspector Hermida e con vocación de continuidade. A obra, escrita en galego, recibiu o Premio de Novela por Entregas 2013 de La Voz de Galicia.

O vicepresidente Rueda presidiu na Casa de Galicia a clausura das actividades de 2013

De esquierda a deeita, posan coas súas distincins: Ángel Álvarez Álvarez, Melquíades Álvarez González, Alberto Aza Arias, Fernando Barrera Morate, José Ramón Ónega, Víctor Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, Silvia Catoira Seijas, Pilar García-Cernuda Lago,Alfoso Rueda Valenzuela, Yuri P. Korchagin; José Manuel Otero Lastres e Francisco Javier Varela Salas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta tarde a clausura das actividades 2013 da Casa de Galicia en Madrid, na que destacou o papel de divulgación do patrimonio galego que vén facendo esta institución ano tras ano e desexoulle un 2014 igual de “forte e activo”. O director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, fixo un repaso polos máis de 300 actos que se celebraron durante este ano, entre os que destacou 53 presentacións de libros, 36 exposicións de pintura, 15 recitais de música e máis dun centenar de conferencias, presentacións, promocións de produtos e destinos turísticos, así como numerosos encontros empresariais, unha actividade que está collendo gran pulo na Casa.

El poeta y escultor Xosé Azar mostra en Madrid a súa colección "Saudade" ata o 29 de decembro

Xosé Azar ca súa escultura favorita

A sala B da Casa de Galicia, sede da delegación da Xunta en Madrid, acolle dende esta tarde e ata o día 29 de decembro a exposición "Saudade" do escultor, poeta e artista santiagués Xosé Azar, que crea, obras nas que predominan as formas redondeadas e o seu gusto polas aberturas. No acto de inauguración, o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez Pérez, recordou que Azar, "ademais de escultor, escritor e filósofo", é tamén autor de importantes e meditados tomos de Poética, nos que, "como un alquimista da palabra, analiza formas e fondos mediante un método orixinal seu único, asombrosamente coherente" e que "precisamente nesta mesma Casa presentou o seu libro "Rosalía erótica e existencial", escritora na que é especialista e sobre a que pronunciou tamén diversas conferencias".

Ángel Basanta valora na Casa de Galicia en Madrid a contribución de José María Merino ao microrrelato

Jiménez, Basanta, Merino, Mayoral, Reigosa e Almino.

José María Merino "é un dos escritores españois que máis e mellor contribuíron á construción da teoría do microrrelato, que xa conta cunha importante bibliografía, e está considerado como un dos mestres indiscutibles na creación de minificcións representativas desta modalidade narrativa", mantivo hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, o catedrático de Literatura Española e presidente da Asociación Española de Críticos Literarios Ángel Basanta, na conferencia que ofreceu sobre o escritor nacido na Coruña, "José María Merino: teoría e práctica do micorrelato".

A mostra "Os Adeuses, fotografías de Alberto Martí" estará en Madrid ata final de ano

Ramón Villares, José Ramón Ónega e Aurelio Miras coa pequena Rocío, bisneta do autor, sentada na tarima na inauguración da mostra

A exposición “Os adeuses, fotografías de Alberto Martí” abriuse hoxe na Casa de Galicia de Madrid grazas a colaboración da propia Xunta de Galicia e do Consello da Cultura Galega. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a mostra a través da Agadic, e por medio do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI- Filmoteca de Galicia).

Antonio Magariños Compaired realiza na Casa de Galicia unha proposta de percorrido pola bibliografía do Camiño de Santiago

Intervención do conferenciante.

O bibliotecario Antonio Magariños Compaired realizou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia unha proposta de percorrido pola bibliografía que produciu ao longo do tempo o Camiño de Santiago, na conferencia "Selección de fontes para o estudo do Camiño de Santiago. Unha proposta de percorrido". Con esta conferencia pechouse o Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, cuxa décimotercera edición se veu desenvolvendo ao longo da semana organizada en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid, cuxo presidente, José Antonio Ortiz, presentou ao conferenciante, acompañado polo coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que puxo o acento na clausura desta edición do Seminario.

O Parque Nacional da Serra de Guadarrama, un fito e primeira dificultade no Camiño de Santiago dende Madrid

Soria, Donés, Ortiz e Cimadevila.

Por un espazo da Serra de Guadarrama protexido pola máxima figura da lexislación española remonta a súa primeira dificultade o Camiño de Santiago dende Madrid e a el referiuse hoxe o enxeñeiro técnico forestal e director do Centro Montes e Serradoiro de Valsaín, Javier Donés Pastor, na conferencia "Parque Nacional da Serra de Guadarrama: fito no Camiño de Madrid a Santiago", que ofreceu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

Conferencia "A Porta máis bela que o ceo teña sobre a tierra: Nuevas investigaciones sobre el Pórtico de la Gloria", por el profesor de la Complutense Francisco Prado-Vilar

Prado-Vilar con J.A. Ortiz

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolle esta semana a celebración da décimo terceira edición do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, organizado pola Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. Este ciclo conta con catro relatorios a cargo de especialistas en diferentes temas relacionados co Camiño. Hoxe martes celebrouse a segunda ponencia, co título "A Porta máis bela que o ceo teña sobre a terra: Novas investigacións sobre o Pórtico da Gloria", que pronunciou o profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Prado-Vilar.
 

Conferencia "O Camiño de Santiago como modelo internacional de revitalización das Peregrinacións contemporáneas: claves do éxito", polo catedrático de Compostela Rubén C. Lois

Rubén Lois a esquerda, e José Antonio Ortiz

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolle esta semana a celebración da décimo terceira edición do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, organizado pola Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. Este ciclo conta con catro relatorios a cargo de especialistas en diferentes temas relacionados co Camiño. Rubén C. Lois, catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela foi o encargado esta tarde de pronunciar a conferencia inaugural, baixo o título, "O Camiño de Santiago como modelo internacional de revitalización das Peregrinacións contemporáneas: claves do éxito".

As marcas de gourmet máis innovadoras e unha novela compartieron espacio na Casa de Galicia

Os protagonistas do acto brindan con Ónega.

A Casa de Galicia-Delegación da Xuntade Galicia en Madrid, acolleu hoxe o evento "O Mar, a inspiración dos novos emprendedores", organizado por Summum Delicatessen, firma galega especializada a comercialización das marcas gourmet máis innovadoras, entre as que destacan ConservasSiccas, Conservas Chanquete, Obrador de Lamprea e Bodega Corisca. Tamén se presentou a novela "Finis Terrae" do escritor novel Adolfo Valverde Quintas.

Mostrando o intervalo 571 - 580 de 849 resultados.