Actualidade

Mostrando o intervalo 601 - 610 de 861 resultados.

É un proxecto pioneiro en España cuxa base dos produtos son as augas mineromedicinais do Balneario

Noelia Cabarcas, Beatriz Reig, José R. Ónega, Amalia Gallego e Kiko Rial

A Sala A da Casa de Galicia acolleu esta mañá o acto de presentación en Madrid, ante medios especializados, da liña "Mondariz Cosmética Termal", un proxecto pioneiro en España no que se utilizan as augas mineromedicinais do Balneario e que moi pronto estará nas farmacias. -A liña persoal solo estará en farmacias concretas que dispoñan de laboratorio, xa que o futuro da cosmética é que sexa personalizada e por ela apostan en Mondariz-.
 

Dez artistas plásticos da Agaec mostran as súas obras na Casa de Galicia en Madrid ata o día 29

Miraz, Irgalán, Doroma,Mariño, Calviño, Jiménez, González-Alegre e Díaz.

Dez artistas plásticos galegos pertencentes á Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec) mostran as súas obras na exposición colectiva "Mesturas/Mezclas", de pintura e escultura, que pode verse dende hoxe e ata o próximo día 29 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde ocupa dúas salas.
 

Inauguración da mostra de Mercedes Lence

A autora ante a súa obra preferida

A sala A da Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde o acto de inauguración da mostra "Ven, mar, ven", da artista de Vigo, Mercedes Lence. Na exposición pode verse a evolución de Lence, pintora de longa traxectoria, cuxas obras están protagonizadas pola auga, area, e terras ocres xunto coa súa persoal visión dos mares de Galicia, calmo, salvaxe, ceibe...

Milagros Frías presenta na Casa de Galicia a súa última novela, "Amor en un campo de minas"

Marías, Frías, Ónega, Sánchez e Matellanes.

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da novela “Amor en un campo de minas”, da escritora e xornalista Milagros Frías, gañadora da XXI edición do Premio Torrente Ballester con “El verano de la nutria”. A obra foi editada por Algaida e na presentación interviñeron, ademais da autora, o editor, Miguel Ángel Matellanes, os escritores Clara Sánchez e Fernando Marías e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

Evoluta, firma galega de alta marroquinería, expón unha selección dos seus sofisticados deseños na Casa de Galicia en Madrid

C. Pérez, P. Mansilla e A. Rodríguez, na presentación.

Evoluta, firma de alta marroquinería que traballa accesorios en peles exóticas creada en 2006 polas coruñesas Carmen Pérez e Cristina Franco, expón dende hoxe e ata o próximo martes 29 unha selección dos seus sofisticados deseños na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Trátase de pezas exclusivas de máxima calidade en canto a elaboración e materia prima, traballadas artesanalmente con peles lexítimas de crocodilo, avestruz, mantarraya, pitón ou lagarto, entre outras, traídas por provedores internacionais cos seus correspondentes certificados CITES.

A Asociación Ribeiros do Avia presentou os seus viños na Casa de Galicia

Montoto, Ónega, Pazos, González, Rivera e M. Jul.

A Asociación Ribeiros do Avia, que agrupa ás firmas Finca Viñoa, Coto de Gomariz, Casal de Armán e Ailalá presentou hoxe os seus viños na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde durante tres horas os interesados puideron degustar os seus caldos, que xa se exportan a quince países e seguen en plena expansión de mercado, e escoitar as explicacións que sobre estes deron os seus produtores. Sumilleres, xornalistas e afeccionados, así como o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, puideron conversar cos protagonistas para coñecer de primeira man que características converten a esta zona de Galicia nunha rexión de máxima actualidade entre os expertos a pesar dos seus 800 anos de Historia.

Conferencia "A Catedral de Santiago. Unha obra maestra do patrimonio universal" polo profesor Francisco Prado-Vilar

Prado-Vilar, Domínguez, Ónega y Daniel Lorenzo

Esta tarde, a delegación da Xunta en Madrid acolleu a conferencia "A Catedral de Santiago. Unha obra mestra do patrimonio universal", a cargo do profesor de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Prado-Vilar. O acto enmarcouse dentro da presentación ao público en xeral do Plan Mecenado para dar a coñecer as obras necesarias para a restauración e conservación do emblemático templo de Compostela.

 

A Catedral de Santiago presenta o seu Plan de Mecenado na Casa de Galicia en Madrid

Ónega, Lorenzo e Domínguez .

A Catedral de Santiago presentou na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia o seu Plan de Mecenado para dar a coñecer e obter fondos cos que afrontar as obras necesarias para a súa restauración e conservación. É o primeiro paso para lograr 1,7 millóns de euros e completar a restauración integral da fachada do Obradoiro. Na presentación interviñeron o cóengo da SAMI Catedral de Santiago e director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo Santos, o administrador xeral da Catedral de Santiago, Francisco Domínguez, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, quen actuou como anfitrión do acto.

A Casa colgou o cartel de "aforamento completo" no concerto do guitarrista estadounidense Adam Levin

Adam Levin, nun momento do concerto que ofreceu na Casa

Unhas cento cincuenta persoas acudiron ao concerto que acolleu a delegación da Xunta de Galicia en Madrid do guitarrista estadounidense Adam Levin. Foi preciso colgar o cartel de aforamento completo na Sala A, e tamén a B -dotada con circuíto pechado de televisión- se encheu, por tratarse dun mestre que difunde en todo o mundo a guitarra española.

.

Xesús Vázquez Abad presenta en Madrid la muestra "Orinoco. Viaje a un mundo perdido", en exposición en el Museo Centro Gaiás hasta el 12 de enero de 2014

Urgoiti, Ónega, Patricia Phelps, Vázquez e González.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes do mundo, actualmente en exposición no Museo Centro Gaiás e onde se poderá visitar ata o 12 de xaneiro de 2014.

A presentación enmárcase nas accións de promoción fóra de Galicia da programación da Cidade da Cultura, convidando neste caso a que se aproveiten os últimos tres meses da mostra para viaxar a Santiago e coñecer unha colección que se exhibe por primeira vez en España e Portugal.

Mostrando o intervalo 601 - 610 de 861 resultados.