Actualidade
Presentación en Madrid de "Cantares Gallegos Hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro" de María Pilar García Negro
Esta tarde, a delegación da Xunta en Madrid acolleu a presentación do libro "Cantares Galegos Hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro" por María Pilar García Negro, ao cumprirse o 150 aniversario da publicación. No acto, presidido polo delegado da Xunta en Madrid, e director da Casa, José Ramón Ónega López, interviñeron ademais da autora e profesora María Pilar García Negro; o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez; a catedrática e investigadora e presidenta da Asociación de Mulleres Galegas Rosalía de Castro, Helena Veiguela; e o editor, Henrique Alvarellos.
José Ramón Ónega, nomeado Presidente de Honra do Centro Gallego de Madrid
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, foi nomeado onte á noite Presidente de Honra do centenario Centro Galego de Madrid, distinción que recibiu de mans do presidente do Centro, Fernando de Castro López-Vilarino. O acto tivo lugar no transcurso dunha cea celebrada nas instalacións da entidade á que asistiron, entre outros moitos, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente do Consello de Estado, Romay Beccaría, o maxistrado do Tribunal Supremo Ramón Trillo, o letrado maior do Consello de Estado, Leopoldo Calvo Sotelo, e o xornalista Fernando Ónega, ademais de maxistrados, políticos, catedráticos, representantes das principais entidades galegas en Madrid e familiares e amigos do homenaxeado. Tamén se citaron adhesións de, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o exministro César Antonio Molina, o exalcalde de Madrid José María Álvarez del Manzano, o político Jorge Moragas, e os parlamentarios José Manuel Barreiro, José Blanco López e José Luis Rivera López.
CCAMINA presenta "A relatividade do imposible: coaching no Camiño de Santiago"
Dez directivos de empresas líderes, cinco etapas e 121 km percorridos son só os números da “Primeira CCAMINATA de Líderes”, celebrada o pasado mes de setembro. Os seus verdadeiros resultados presentáronse hoxe, 14 de novembro, na Casa de Galicia de Madrid durante a Conferencia “A relatividade do imposible: Coaching no Camiño de Santiago” na que participaron a Directora da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro; o director da Casa de Galicia en Madrid e delegado da Xunta na capital, José Ramón Ónega; Carlos Álvarez, presidente da Fundación Innaxis, e a fundadora e directora de CCAMINA, Mariela Villar.
Santín, Palomares, Reigosa e Ónega debaten na Casa de Galicia sobre as patoloxías dos políticos
"A patoloxía dos políticos" é o título dun libro recente do escritor e empresario Enrique Santín e o da mesa redonda que con motivo da publicación dese libro se celebrou hoxe na Casa de Galicia en Madrid. Nela participaron, ademais do autor do libro, os escritores e xornalistas Alfonso S. Palomares e Carlos G. Reigosa e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que moderou o encontro, ante numeroso e relevante público, entre o que se achaban o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, e o ex ministro Rodolfo Martín Villa.
"Lágrimas de Luna" riende homenaxe aos poetas galegos
Composicións de Luis Pimentel, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía e Valle resoaron hoxe na Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid na voz do poeta David Coll, acompañada con diferentes obras musicais de autores clásicos e formacións actuais. Coll lidera o grupo "Lágrimas de Luna", que realiza espectáculos poético-musicais e que prepararon este, especialmente para a ocasión con poemas só de escritores galegos.
Presentación do Poemario "Silencio habitado" de Olga Patiño
A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid, acolleu esta tarde a presentación do poemario "SILENCIO HABITADO", da poeta, actriz directora de teatro e profesora, Olga Patiño Nogueira, prologado por Luz Pozo Garza e publicado por Pigmalión Ediciones. No acto, cuxa presentación foi realizada polo coordinador de Actividades, Ramón Jiménez, interviñeron, ademais da autora, a escritora e xornalista, Milagros Frías; o crítico literario e escritor, Miguel Losada; o poeta, escritor e artista, Antonino Nieto e o presidente do grupo editorial Sial Pigmalión, Basilio Rodríguez Cañada.
É un proxecto pioneiro en España cuxa base dos produtos son as augas mineromedicinais do Balneario
A Sala A da Casa de Galicia acolleu esta mañá o acto de presentación en Madrid, ante medios especializados, da liña "Mondariz Cosmética Termal", un proxecto pioneiro en España no que se utilizan as augas mineromedicinais do Balneario e que moi pronto estará nas farmacias. -A liña persoal solo estará en farmacias concretas que dispoñan de laboratorio, xa que o futuro da cosmética é que sexa personalizada e por ela apostan en Mondariz-.
Dez artistas plásticos da Agaec mostran as súas obras na Casa de Galicia en Madrid ata o día 29
Dez artistas plásticos galegos pertencentes á Asociación Galega de Arte e Cultura (Agaec) mostran as súas obras na exposición colectiva "Mesturas/Mezclas", de pintura e escultura, que pode verse dende hoxe e ata o próximo día 29 na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde ocupa dúas salas.
Inauguración da mostra de Mercedes Lence
A sala A da Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde o acto de inauguración da mostra "Ven, mar, ven", da artista de Vigo, Mercedes Lence. Na exposición pode verse a evolución de Lence, pintora de longa traxectoria, cuxas obras están protagonizadas pola auga, area, e terras ocres xunto coa súa persoal visión dos mares de Galicia, calmo, salvaxe, ceibe...
Milagros Frías presenta na Casa de Galicia a súa última novela, "Amor en un campo de minas"
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación da novela “Amor en un campo de minas”, da escritora e xornalista Milagros Frías, gañadora da XXI edición do Premio Torrente Ballester con “El verano de la nutria”. A obra foi editada por Algaida e na presentación interviñeron, ademais da autora, o editor, Miguel Ángel Matellanes, os escritores Clara Sánchez e Fernando Marías e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.