Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 641 - 650 de 853 resultados.

O músico tudense Samuel Diz ofreceu o recital comentado "Guitarra clásica galega" na Casa de Galicia en Madrid

Diz nun momento da súa actuación.

 O músico galego -de Tui- Samuel Diz ofreceu hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid o recital comentado "Guitarra clásica galega", no que interpretou unha selección de temas do seu último traballo discográfico que, co mesmo nome, foi editado polo selo Ouvirmos co apoio da Secretaría Xeral de Cultura e a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic). Este traballo é unha mostra directa do compromiso de Diz co patrimonio musical galego, para o que recupera a identidade histórica da guitarra clásica en Galicia facendo un percorrido polo pasado, presente e futuro do instrumento na cultura galega.

Presentación de "O atraso político do nacionalismo autonomista galego"

Mora, Ónega e Fidalgo

A Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro Ou atraso político do nacionalismo autonomista galego" de Félix Rodrigo Mora, publicado por Edições da Terra. A obra ofrece unha visión que foxe dos tópicos e mostra unha terra moi rica e plural, baseándose na investigación realizada sobre o mundo rural popular tradicional galego dende o século XVIII ata a década dos noventa do pasado século, na que practicamente desapareceu.

A Bakin´ Blues Band ofreceu un concerto na Casa

Jiménez presenta o acto

A Bakin Blues Band de Santiago de Compostela, que estará en Madrid toda a semana, ofreceu hoxe na delegación da Xunta en Madrid un concerto para difundir no Foro o seu amplo repertorio no que ademais de recoller as influencias da música afroamericana, jazz, country, funky e soul, adaptan tamén ao seu estilo temas tradicionais do folk galaico. A banda intégrana cinco experimentados músicos, Javier Turnes, voz e guitarra; David “Tato”, guitarra; David Prieto, baixo e voz; Alejandro Casquero, piano; e  Pablo Bárez, batería.

Rosalía volve á Casa ao conmemorarse 150 anos de "Cantares"

Santiago Losada e Ramón Jiménez

A Casa de Galicia conmemora os 150 anos da publicación de Cantares Galegos de Rosalía de Castro coa conferencia "A poesía rosaliana como símbolo da identidade galega" polo profesor de filosofía, Santiago Losada Carregal. No acto, varias persoas recitaron poemas que ilustraron as diferentes explicacións do relator.

Escenas da Galicia urbana, rural y mariñeira compoñen a mostra pictórica "Costumismo Galego", que se exhibe na Casa de Galicia

Martín Palacios ante o cadro Puerto de Riveira.

"Costumismo galego", a exposición de pintura de Vidal Martín Palacios que se exhibe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid dende hoxe ata o próximo día 26 recrea escenas galegas urbanas, rurais e mariñeiras nas que se desenvolveron as vivencias galegas deste artista toledano namorado de Galicia e en especial da Serra de Barbanza e da Ría de Muros e Noia, que frecuenta dende hai tres décadas.

Caino expón en Madrid "As cores da memoria"

Caino e Jiménez na presentación

A sala A da delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a inauguración da mostra de pintura "AS CORES DA MEMORIA", do artista de Baiona, Claudio Vasconcelos Caino, un pintor de formación autodidacta que persegue a harmonía e a tenrura para plasmala nos seus cadros, especialmente nas caras que evocan as do mestre Mateo no Pórtico da Gloria

Máis de doscientos profesionais vitivinícolas acudiron a cata de viños, destilados e espumosos organizada na Casa

Presentación Guía javier Gila, Luis Paadín, Ónega e Pepe Lorenzo

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu durante a xornada de hoxe a cata sobre a máis ampla mostra realizada ata agora con viños, destilados e escumosos galegos, ou "túnel de viños" como denominan no argot á cata libre. Este tipo de eventos realízanse só para profesionais con acreditación previa, xornalistas, críticos, distribuidores e exportadores, pero sen a presenza de bodegueiros, para que a s catas sexan "totalmente libres".

Presentación do libro "A Muralla Co-habitada" da mostra realizada para conmemorar o X Aniversario da declaración da Muralla pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade

Mesa con Reigosa, Ónega, Marta e Jiménez+foto Marta

A delegación da Xunta en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro "A muralla cohabitada", que recolle medio centenar de fotografías que incialmente integraron unha exposición realizada polo fotógrafo Xosé Reigosa, para conmemorar o X Aniversario de que a Muralla lucense tivese sido declarada pola Unesco como Patrimonio da Humanidade. A exposición formábana 50 fotografías de persoas de todos os ámbitos que teñen en común a súa vinculación coa cidade, e a singular visión do fotógrafo que captou "a co-habitación entre o artista, o entorno e a persoa que posaba". A mostra puido materializarse en libro ao contar o autor coa colaboración do Concello e a Deputación lucenses.

As instalacións da Xunta en Madrid acolleron hoxe a xornada de traballo do equipo Novedar-Consolider con directivos de empresas de tratamento de augas

Ónega se diríxese aos directivos

Durante o día de hoxe, dende a mañá ata ben entrada a tarde, a Sala L da Casa de Galicia acolleu a reunión que o equipo Novedar-Consolider tivo con directivos das empresas de tratamentos de augas máis importantes deste momento (Aqualia, Abengoa Water, Acciona, Aqualogy, OHL/Inima, Isolux Corsan, Drace). O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega deulles a benvida, "porque é unha directriz da Xunta e do seu presidente, apoiar a investigación, a universidade, as empresas... Teñen vostedes as portas abertas". 

Santiago presentou a súa Semana Santa en Madrid

Reyes Leis y José ramón Ónega

A Casa de Galicia acolleu esta mañá a presentación da Semana Santa de Santiago, un acto organizado por Turismo de Santiago en colaboración coas cofradias da cidade, cuxo obxectivo é incentivar o mercado nacional e propoñer Compostela como destino turístico nestas datas. Un pequeno documental con imaxes dos pasos e de diferentes actividades paralelas ilustrou o que o "viaxeiro pode encontrar" na capital galega.

Mostrando o intervalo 641 - 650 de 853 resultados.