Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 651 - 660 de 853 resultados.

Juan Ignacio Mascareñas presentou na Casa "Historia de Bélmetor"

Mascareñas, Jimenez, Merchan y Pastor

A delegación da Xunta en Madrid acolleu a presentación do libro "HISTORIA DE BÉLMETOR", de Juan Ignacio Mascareñas. No acto interviñeron, ademais do autor, o coordinador de actividades da Casa, Ramón Jiménez, o escritor Faustino Merchán Gabaldón, e o editor de Opera Prima, Edición persoal, Antonio Pastor Bustamante. O autor, Juan Ignacio Mascareñas Alonso, nacido en Allariz, santiagués de adopción e residente en Madrid, centra a súa obra na "entrañable Compostela, cos seus días e chuvias, as súas historias e amores" e está protagonizado por un ser tetramorfo, con catro personalidades, como a maioría da xente, "que leva dentro múltiples persoas".

Feijóo avoga pola rebeldía constructiva con solucións e argumentos para superar estes momentos de dificultades

Santín, Feijóo, Romay y Ónega

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou, esta tarde na Xunta de Galicia en Madrid,  durante o acto de presentación do libro Análisis de una época de Enrique Santín, pola rebeldía construtiva, con solucións e argumentos para superar estes momentos de dificultades. Ver vídeo do acto.

O humorista gráfico "Rufus" publica as súas sátiras na Casa de Galicia en Madrid, presentado por Villanueva e Patiño

Fdez.Ortega, Patiño, Falcón, Reigosa, Ónega e Villanueva.

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolle, dende hoxe e ata o próximo día 31, unha mostra da obra máis recente do humorista gráfico "Rufus", que dende o ano 1979 publica en diversos medios de comunicación. Os seus creadores, o escritor e xornalista lucense Carlos G. Reigosa e o pintor e infógrafo cántabro Leopoldo Fernández Ortega, fixeron unha ampla selección das sátiras que máis encaixan coa actualidade para publicalas nunha das salas de exposicións da Casa.

Exposición "Nova Obra" de Amador García Giménez, ata o 31 de marzo

´Ramón Jiménez co pintor Amador García

A exposición de pintura “Nova Obra”, de Amador García Giménez ocupará desde hoxe martes 5 ata o día 31 de marzo a Sala A da Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid. O artista aragonés, de ascendencia galega, e que  actualmente reside nun pequeno pobo da provincia de Segovia, preséntanos unha colección de cadros nos que ofrece os seus sentimentos cunha pintura chea de soños, seres reais e fantásticos.

Ónega entrega a Miras Portugal o "Madrigallego de Ouro" ao Mérito Público que lle concedeu a Enxenbre Orden dá Vieira

Ónega, Miras Portugal e Fernando Ramos, de Cliner.

 O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, foi o encargado de entregar a distinción de Madrigallego de Oro ao Mérito Público que a Enxebre Orden dá Vieira concedeu ao director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal, con ocasión da celebración do seu XLVI Capítulo Xeral, que tivo lugar en Madrid o sábado 2 de marzo de 2013 co lema "Emprendedor, orgullo de Galicia". Entre as preto de trescentas persoas que asistiron ao acto estaban o director xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, e Leopoldo Calvo Sotelo, marqués da Ría de Ribadeo e letrado maior do Consello de Estado, que acompañan a Ónega na fotos xunto a outros profesionais e empresarios.

Carlota Lama presenta a súa novela "O encontro das aguas" en la Casa de Galicia en Madrid

Jiménez, Lama e Cintado.

A escritora coruñesa Carlota Lama presentou hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a súa última "O encontro das augas" publicada por Edicións Atlantis e ambientada na desembocadura do río Miño, en "unha paisaxe sen igual, que arrepía", onde "as augas doce e salgadas están en perpetua loita, como as almas de Susana e Miguel, cuxas vidas parecen perseguidas pola sombra dun home que deu renda solta aos seus instintos aproveitando a súa posición: don Eusebio, o cura da aldea, que está a punto de morrer". En "O encontro das augas" os personaxes analizan as súas vidas nunha apaixonada busca interior e mostran a perspectiva da súa existencia, dando, ás veces, os seus puntos de vista dos mesmos feitos.

Presentado na Casa de Galicia en Madrid un libro sobre a posible coincidencia de diseño de seres vivos no cosmos

Herikberto M.Q., Jiménez e Aguirre Cebeiro.

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a presentación do libro "A teoría dos deseños coincidentes", do autor ourensano Herikberto M. Quesada, que desenvolve nel a teoría de que a evolución no cosmos pode producirse por camiños adaptativos converxentes, desenvolvéndose seres vivos moi similares aos do noso planeta, mesmo ao ser humano.

A Casa de Galicia acolle a presentación do libro "Un vulto na mama. Ti elixes cómo abordalo"

Teresa Ferreiro co seu libro.

A Casa de Galicia en Madrid-Delegación da Xunta de Galicia, acolleu hoxe a presentación do libro da xornalista galega Teresa Ferreiro "Un vulto na mama. Ti elixes como abordalo", editado por Edicións Obelisco e baseado na experiencia persoal da autora e a súa forma de posicionarse ante a enfermidade.

A relixión, o ritual e o simbolismo, trazos culturais da celticidade en Galicia

García Fdez-Albalát, Jiménez e Cerdeira.

A celticidade de Galicia, demostrada pola lingua, consiste en trazos culturais que inclúen parámetros máis amplos que a tipoloxía arqueolóxica, como é a profundidade da relixión, o ritual e o simbolismo. Así o sostivo hoxe a arqueóloga coruñesa especialista en relixión celta e membro de "Os Amigos da Cultura Celta" Blanca García Fernández-Albalát na conferencia "A celticidade de Gallaecia: Discusións e estado da cuestión", que impartiu na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia.

Luisa Rubines inaugura na Casa, con máis de cen persoas, a mostra fotográfica "As árbores do bo camiño", composta por impresionantes imaxes da Ribeira Sacra en caixas de luz

De esquerda a dereita, a xornalista Pilar Rubines, a artista Luisa Rubines, José Ramón Ónega e Ramón Jiménez

Un total de 35 fotografías, delas máis dun terzo en caixas de luz e o resto enmarcadas e en bastidores, compoñen a exposición "AS ÁRBORES DO BO CAMIÑO" da lucense Luisa Rubines que acollerán as salas A e B da delegación da Xunta de Galicia en Madrid ata o día primeiro de marzo. As protagonistas das imaxes son as árbores da Ribeira Sacra do Miño, que permanecen mergulladas gran parte do tempo e só poden verse cando baixa a canle do río.

Mostrando o intervalo 651 - 660 de 853 resultados.