Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 661 - 670 de 849 resultados.

Nava Castro: "O custo do posto galego en Fitur será un 30% menos que en 2012"

Pita, Castro y Ónega.
  • A Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, acompañada do director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega e da xerente de Turgalicia, Carmen Pita, explicou as principais novidades da participación de Turismo de Galicia na edición número 33 da Feira de Turismo de Madrid.
  • Galicia apostará en Fitur pola introdución da marca turística nos diferentes mercados emisores, a promo-comercialización e o apoio ao empresariado turístico galego.
  • Ademais dos dez novos modos de descubrir Galicia, o posto galego -que este ano ocupa menos espazo para racionalizar o custo- contará con módulos dedicados a todos os xeodestinos de Galicia, o Camiño de Santiago e o Turismo de Cidade.

O Club de Xornalistas Galegos homenaxea o desaparecido xornalista Antonio D. Olano na Casa de Galicia en Madrid

Un momento do acto.

O Club de Xornalistas Galegos en Madrid entregou hoxe á familia do xornalista galego Antonio D. Olano a distinción que ía recoller el mesmo este mes de xaneiro, a de "Mestre de xornalistas", que lle foi concedida en vida pero se entregou xa a título póstumo, tras o seu falecemento, o pasado 29 de decembro en Madrid. Fíxoo nun acto de homenaxe celebrado na Casa de Galicia en Madrid -que visitaba con frecuencia o homenaxeado-, no que ademais da entrega da distinción, que recolleu a súa irmá Pilar, se celebrou unha mesa redonda en torno á súa figura na que interviñeron o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, os xornalistas Alfredo Amestoy, Carlos G. Reigosa e Pilar Falcón, presidenta do Club, e o produtor de televisión Alfonso Arteseros. Entre os asistentes ao acto, que encheron a sala principal da Casa, había numerosos xornalistas.

Presentada a segunda edición do libro "Lamazares. Viaxe íntima"

De esquerda a dereita: José Manuel Vargas, presidente de AENA; José Manuel Romay Beccaría, presidente do Consello de Estado; o pintor Antón Lamazares ao que está dedicado el libro; Ana Pastor Julián; José Ramón Ónega López, delegado da Xunta en Madrid y director de la Casa; Pilar Farjas, secretaria general de Sanidad y Consumo; Marta Fernández Currás, secretaria de estado de Presupuestos e Gastos del ministerio de Hacienda; José Crespo, alcalde de Lalín, vila natal de Lamazares e Enrique Beotas, coautor do libro.

La Casa de Galicia, delegación de la Xunta en Madrid acogió la presentación de la segunda edición del libro “Lamazares. Viaje íntimo” de Enrique Beotas, Sergio Casquet y Pedro Sempere, publicado por Quindici Editores. En el acto, que estuvo presidido por la ministra de Fomento, Ana Pastor, intervino, además del delegado de la Xunta y director de la Casa, José Ramón Ónega,  también el reconocido artista al que está dedicada la publicación, Antón Lamazares, que viajó a Madrid ex profeso desde Berlin, ciudad en la que reside por largas temporadas desde 2004.

Enxeñeiros químicos de Santiago reúnense na Casa con representantes doutras universidades para o proxecto "Novedar-Consolider"

José Ramón Ónega, no centro, cos integrantes do proxecto nun receso da xornada de traballo

 

"As nosas instalacións están á vosa disposición", dixo o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega aos integrantes do grupo de traballo, representado por Juan M. Lema, da Escola de Enxeñeiros Químicos da Unversidade de Santiago de Compostela. "Estamos encantados de servir á investigación e a ciencia e aquí atoparán sempre o noso apoio e colaboración". Pola súa banda, Lema expresou a súa "satisfacción, tanto polo ofrecemento como pola cálida acollida que sempre nos dispensan".

O artista lucense José María Lugilde expón en Madrid a mostra "Konfiguracions Kármicas Lugildianas" ata o primero de febreiro

Lugilde e Jiménez na inauguración da mostra

A Casa de Galicia, sede institucional da Xunta en Madrid acolleu hoxe a inauguración da mostra de pintura e escultura do artista lucense José María Lugilde, co enigmático título, "KONFIGURACIONS KÁRMICAS LUGILDIANAS". Lugilde ofrece unha selección da súa obra na que incorpora o "Kousismo", que ven de cousas, en galego

A artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas expón en Madrid unha selección das súas obras pictóricas e escultóricas ata o primeiro de febreiro

Beotas, Lema Devesa, M. Carrillo, Pedro Guitián e Jiménez pousan coa artista Lema Bouzas

A delegación da Xunta en Madrid iniciou as actividades do novo ano coa inauguración da mostra da artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas. Trátase dunha coidada selección, realizada pola autora, da súa obra pictórica e escultórica que supón un pequeno percorrido pola súa traxectoria creativa.

A presentación do acto correu a cargo de Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra localidade na que reside Lema Bouzas desde hai varias décadas e na que ademais “participa activamente”, en palabras do rexedor da vila. Tamén interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez e a propia artista.

O proxecto permitiu formar a máis de 6000 propietarios e 1700 escolares en prevención de incendios forestais

Jacobo Feijoo y Verónica R. Vicente en el acto informativo

A Asociación Sectorial Forestal Galega, e a organización profesional de selvicultores de Galicia Silvanus, presentaron esta mañá na Casa de Galicia en Madrid os resultados do Proxecto LIFE "O Monte Vivo", que viñeron executando nos anos 2011 e 2012, conxuntamente coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Trátase dun dos Proxectos LIFE Comunicación, cofinanciado polo Instrumento Financeiro LIFE+ da Unión Europea, e que tivo como principal obxectivo aumentar a sensibilización da sociedade galega, tanto rural coma urbana, fronte á problemática ambiental dos incendios forestais en Galicia. O presuposto total do proxecto para o período de 2011 e 2012 foi de 689.000 euros.

Guillermo García de la Riega presentou naa Casa de Galicia a teoría da galeguidade de Colón que defendeu Celso García de la Riega

O conferenciante, J.R.Ónega e E.E. Meruéndano.

Guillermo García de la Riega Bellver, biógrafo e bisneto de Celso García de la Riega, explicou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a defensa que realizou o seu antepasado da galleguidad de Cristóbal Colón, na conferencia "Cristóbal Colón Gallego. A teoría de Celso García de la Riega a estudo e actualización".

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid clausurou as actividades del año coa entrega de distincions a diversas personalidades

Foto de familia con todos los galardonados y delegado de la Xunta

A Casa de Galicia, sede institucional da Xunta en Madrid, acolleu hoxe o acto de clausura das actividades do ano, no que tamén se procedeu á entrega de distincións a diversas personalidades que colaboraron activamente con esta institución. "En nome do presidente da Xunta, quen me encarga que lles traslade o seu saúdo persoal e o seu afecto, moitas grazas por estar aquí", dixo o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López. “Foi un ano abundante en actividade, pleno en traballo e rico en contidos", engadiu, como o proban os máis de 300 actos celebrados, entre os que se encontran culturais e de carácter económico-empresarial. Destacou as 32 exposicións de pintura e escultura levadas a cabo, entre elas as de Soledad Fernández, a antolóxica de Carlos Bóveda, ou a realizada sobre o Códice Calixtino en colaboración coa Sociedade de Xestión do Xacobeo.

Alfonso Palomares presentou o seu último libro "El evangelio de Venus" na delegación da Xunta en Madrid

Mesa

No acto de presentación interviñeron o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López; o director xeral da editorial Edhasa, Daniel Fernández; a exministra de Cultura e senadora, Carmen Alborch e o propio autor, Alfonso S. Palomares e contou coa asistencia de numerosos amigos, entre eles, José Barrionuevo, Luis María Ansón, Mariluz Barreiros, o senador Miguel Fidalgo, así como presidentes e membros das asociacións galegas en Madrid.

Mostrando o intervalo 661 - 670 de 849 resultados.