Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 671 - 680 de 846 resultados.

O profesor Tanco Lerga disertou na Casa de Galicia sobre os vínculos entre os peregrinos de Santiago e as súas sociedades

Un momento de conversación previo á conferencia.

O xornalista e profesor da Universidade de Navarra Jesús Tanco Lerga ofreceu hoxe na Casa de Galicia a conferencia "Vínculos entre peregrinos, estudosos e amigos: certa sociedade jacobea", sobre as relacións humanas que se fraguan no Camiño, coa que pechou o duodécimo ciclo de conferencias do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, que se celebrou nos últimos días na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia. Acompañaron ao conferenciante na mesa o presidente da Asociación dos Camiños de Santiago de Madrid, organizadora do Seminario, José Antonio Ortiz Baeza, o delegado do Goberno de Navarra en Madrid, Salvador Estébanez Eraso, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

A Gastronomía, Patrimonio da Humanidade

Bello, Currás e Ónega conversan cos participantes.

A Casa de Galicia (C/ Casado do Alisal, 8) en Madrid foi o lugar escollido para a presentación, hoxe, da gastronomía das trece cidades do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España (Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa / Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristobal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo), coincidindo co 40 Aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Javier Rivera Blanco: "O Camiño é un Patrimonio Único"

Javier Rivera Blanco (esquerda) e José Antonio Ortiz

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu esta tarde a terceira conferencia do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos, realizado en colaboración coa Asociación dos Camiños de Santiago de Madrid. Na sesión de hoxe, o catedrático de Historia da Arquitectura e Teoría da Restauración da Universidade madrileña de Alcalá de Henares, Javier Rivera Blanco ocupou a tribuna da Casa para falar sobre "O Camiño como un Patrimonio Único".

José Antonio Ortiz, presidente da Asociación dos Camiños de Santiago de Madrid, como nas xornadas anteriores, foi o encargado de realizar a presentación do conferenciante. Rivera Blanco é, ademais de catedrático de Teoría e Historia da Arquitectura e da Restauración, vicereitor de Extensión Universitaria e Relacións Institucionais, e autor de máis dunha trintena de libros a título individual e máis de medio centenar escritos en colaboración con outros profesionais.

 

Agustín Dosil: "Compostela recibiu este ano peregrinos de 153 países e Madrid é a cidade do mundo da que proceden máis camiñantes"

Agustín Dosil, a esquerda xunto con José Antonio Ortíz

O presidente da Arquiconfraría Universal do Apóstolo Santiago, Agustín Dosil deu a coñecer os datos máis recentes na delegación da Xunta en Madrid, na segunda conferencia do ciclo que baixo o título "Unha visión actual da Peregrinación Compostelá dende a cidade do Apóstolo" pronunciou dentro do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos, organizado en colaboración coa Asociación dos Amigos dos Camiños de España de Madrid.

Iurisgama impón a súa Insignia de Ouro ao decano do Colexio de Avogados da Coruña na Casa de Galicia en Madrid

Lema Devesa impón a Insignia de Ouro a Platas Tasende.

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama), que preside o catedrático de Dereito Mercantil Carlos Lema Devesa, impuxo hoxe a súa Insignia de Ouro ao decano do Colexio de Avogados da Coruña, Antonio Platas Tasende, nun acto celebrado na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia presidido polo presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Salas, que estivo acompañado na mesa presidencial polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de la Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, o homenaxeado e o presidente de Iurisgama. O acto foi conducido polo seu anfitrión o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, que dió a benvida ás personalidades e ao numeroso público que encheu as instalacións.

Marcelino Oreja recorda na Casa de Galicia a Declaración do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo

Un momento do acto.

O presidente da Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio e da Real Academia de Ciencias Políticas e Morais, Marcelino Oreja Aguirre, inaugurou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a duodécima edición do ciclo de conferencias Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, que se desenvolverá durante os próximos días organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. Fíxoo coa conferencia "O Camiño de Santiago. 25 anos da declaración do Consello de Europa".

A Rede Española de Teatros, Auditorios, Circuítos e Festivais de Titularidade Pública celebra unha Xunta Xeral na Casa de Galicia en Madrid

Intervención de José Ramón Ónega.

Forma parte dela a Rede Galega de Teatros (Agadic), o Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o Auditorio do Narón e o Teatro Principal de Ourense, cuxa directora, Olga Monjón Costela, é vicepresidente da Rede Española de Teatros

Presentación do libro "Unha aventura europea" de Domingo Goás

De izquierda a dereita, Domingo Goás,Ónega e XulioXiz

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid foi o escenario elixido polo avogado e escritor lucense para presentar o seu libro, "Unha aventura Europea", publicado por Ophiusa Editorial. A obra está baseada nun caso real, protagonizado polo propio autor, que foi o primeiro letrado español que interveu ante a Comisión Europea de Dereitos Humanos en Estrasburgo, nos anos oitenta. -O segundo, como recordaron na presentación, foi Ruiz Jiménez-.

No acto interviñeron, o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, o xornalista lucense e director de Ophiusa Editorial, Xulio Xiz e o propio autor, Domingo Goás Chao; e contou entre os asistentes coas artistas María Carretero e Soidade Fernández; o cardiólogo Francisco R. García Fernández e a xornalista Pilar Falcón... entre outros.

A pintora galega Marta Cabaleiro expón o seu colorista obra na Casa de Galicia en Madrid ata finais de mes

Marta Cabaleiro ante unha das súas obras.

A pintora galega Marta Cabaleiro, natural do Porriño (Pontevedra), expón o seu colorista obra na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid dende hoxe e ata o próximo día 30. Trátase dunha mostra composta por obras -acrílicos sobre lenzos- inspiradas na natureza de Galicia, os seus bosques, o mar, as Illas Cíes, que inclúe tamén representacións florais en macetas.

La delegación de la Xunta en Madrid acogió hoy la "Jornada sobre Arbitraje Tributario", organizada por la Asociación Española de Asesores Fiscales

Participantes en la jornada

La sede de la delegación de la Xunta en Madrid acogió esta mañana la “Jornada sobre Arbitraje Tributario”, organizada por la Asociación Española de Asesores Fiscales, en la que participaron profesionales del sector de diferentes países. El delegado, José Ramón Ónega les dirigió unas palabras de bienvenida y agradeció “el gesto de haber elegido nuestra institución para avanzar en este campo tan complejo”. Inicialmente, el encuentro estaba previsto que se realizara en Galicia, de donde son parte de los organizadores y el patrocinador, Cortizo, pero “por cuestiones de logística, dado que algunos de los ponentes vienen del extranjero, se optó por convocarla en Madrid”.

Mostrando o intervalo 671 - 680 de 846 resultados.