Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 691 - 700 de 876 resultados.

Enxeñeiros químicos de Santiago reúnense na Casa con representantes doutras universidades para o proxecto "Novedar-Consolider"

José Ramón Ónega, no centro, cos integrantes do proxecto nun receso da xornada de traballo

 

"As nosas instalacións están á vosa disposición", dixo o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega aos integrantes do grupo de traballo, representado por Juan M. Lema, da Escola de Enxeñeiros Químicos da Unversidade de Santiago de Compostela. "Estamos encantados de servir á investigación e a ciencia e aquí atoparán sempre o noso apoio e colaboración". Pola súa banda, Lema expresou a súa "satisfacción, tanto polo ofrecemento como pola cálida acollida que sempre nos dispensan".

O artista lucense José María Lugilde expón en Madrid a mostra "Konfiguracions Kármicas Lugildianas" ata o primero de febreiro

Lugilde e Jiménez na inauguración da mostra

A Casa de Galicia, sede institucional da Xunta en Madrid acolleu hoxe a inauguración da mostra de pintura e escultura do artista lucense José María Lugilde, co enigmático título, "KONFIGURACIONS KÁRMICAS LUGILDIANAS". Lugilde ofrece unha selección da súa obra na que incorpora o "Kousismo", que ven de cousas, en galego

A artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas expón en Madrid unha selección das súas obras pictóricas e escultóricas ata o primeiro de febreiro

Beotas, Lema Devesa, M. Carrillo, Pedro Guitián e Jiménez pousan coa artista Lema Bouzas

A delegación da Xunta en Madrid iniciou as actividades do novo ano coa inauguración da mostra da artista coruñesa Esperanza Lema Bouzas. Trátase dunha coidada selección, realizada pola autora, da súa obra pictórica e escultórica que supón un pequeno percorrido pola súa traxectoria creativa.

A presentación do acto correu a cargo de Carlos Martínez Carrillo, alcalde de Vedra localidade na que reside Lema Bouzas desde hai varias décadas e na que ademais “participa activamente”, en palabras do rexedor da vila. Tamén interviñeron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez e a propia artista.

O proxecto permitiu formar a máis de 6000 propietarios e 1700 escolares en prevención de incendios forestais

Jacobo Feijoo y Verónica R. Vicente en el acto informativo

A Asociación Sectorial Forestal Galega, e a organización profesional de selvicultores de Galicia Silvanus, presentaron esta mañá na Casa de Galicia en Madrid os resultados do Proxecto LIFE "O Monte Vivo", que viñeron executando nos anos 2011 e 2012, conxuntamente coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. Trátase dun dos Proxectos LIFE Comunicación, cofinanciado polo Instrumento Financeiro LIFE+ da Unión Europea, e que tivo como principal obxectivo aumentar a sensibilización da sociedade galega, tanto rural coma urbana, fronte á problemática ambiental dos incendios forestais en Galicia. O presuposto total do proxecto para o período de 2011 e 2012 foi de 689.000 euros.

Guillermo García de la Riega presentou naa Casa de Galicia a teoría da galeguidade de Colón que defendeu Celso García de la Riega

O conferenciante, J.R.Ónega e E.E. Meruéndano.

Guillermo García de la Riega Bellver, biógrafo e bisneto de Celso García de la Riega, explicou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia a defensa que realizou o seu antepasado da galleguidad de Cristóbal Colón, na conferencia "Cristóbal Colón Gallego. A teoría de Celso García de la Riega a estudo e actualización".

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid clausurou as actividades del año coa entrega de distincions a diversas personalidades

Foto de familia con todos los galardonados y delegado de la Xunta

A Casa de Galicia, sede institucional da Xunta en Madrid, acolleu hoxe o acto de clausura das actividades do ano, no que tamén se procedeu á entrega de distincións a diversas personalidades que colaboraron activamente con esta institución. "En nome do presidente da Xunta, quen me encarga que lles traslade o seu saúdo persoal e o seu afecto, moitas grazas por estar aquí", dixo o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López. “Foi un ano abundante en actividade, pleno en traballo e rico en contidos", engadiu, como o proban os máis de 300 actos celebrados, entre os que se encontran culturais e de carácter económico-empresarial. Destacou as 32 exposicións de pintura e escultura levadas a cabo, entre elas as de Soledad Fernández, a antolóxica de Carlos Bóveda, ou a realizada sobre o Códice Calixtino en colaboración coa Sociedade de Xestión do Xacobeo.

Alfonso Palomares presentou o seu último libro "El evangelio de Venus" na delegación da Xunta en Madrid

Mesa

No acto de presentación interviñeron o delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López; o director xeral da editorial Edhasa, Daniel Fernández; a exministra de Cultura e senadora, Carmen Alborch e o propio autor, Alfonso S. Palomares e contou coa asistencia de numerosos amigos, entre eles, José Barrionuevo, Luis María Ansón, Mariluz Barreiros, o senador Miguel Fidalgo, así como presidentes e membros das asociacións galegas en Madrid.

Aegama celebra a súa reunión de Nadal na Casa de Galicia en Madrid

J.R. Ónega, terceiro pola esda., con directivos de Aegama.

A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (Aegama) celebrou esta tarde a súa reunión de Nadal na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, onde foron recibidos polo Delegado da Xunta, José Ramón Ónega.

Gabriel Elorriaga: "Canalejas foi un adiantado ao seu tempo"

Un posado dos imans Canalejas Huertas, con Ónega e Elorriaga

O avogado, xornalista e parlamentario nacido en Ferrol, Gabriel Elorriaga pronunciou na delegación da Xunta en Madrid a conferencia "Canalejas: un ferrolano liberal", coincidindo co centenario do seu magnicidio. O acto, presidido polo delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, contou tamén coa asistencia de María del Carmen Huertas Arguiñano, duquesa viúva de Canalejas e os seus fillos, Carmen María Canalejas Huertas, marquesa de Otero de Herreros e José Manuel Canalejas Huertas, duque de Canalejas, ambos os dous bisnetos do insigne político e que tamén ocuparon a tribuna da Casa. Ao acto asistiron máis de 150 persoas.

A Xunta dedica en Madrid unha mostra antolóxica a Carlos Bóveda

José Ramón Ónega, Sara Paz e Ramón Jiménez.

A Xunta de Galicia en Madrid rende homenaxe ao pintor Carlos Bóveda, que viviu máis de 40 anos en Arxentina, cunha exposición antolóxica da súa obra nas tres salas da delegación, oito anos despois do seu falecemento. O emotivo acto contou coa asistencia da súa viúva, Sara Paz e a súa filla, Sol Bóveda Paz.

A inauguración da mostra correu a cargo do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega, e nel interviñeron, o coordinador Cultural da Casa, Ramón Jiménez e a viúva de Bóveda, Sara Paz Seco. Para Ónega, "o frío do día queda compensado polo cálida que é a obra de Bóveda"; e recordou unha cita de Chagall na que dicía de Picasso que era un grande artista pero que era unha pena que non soubese debuxar, algo que non lle acontece a Carlos Bóveda, que “ademais de grande artista, era tamén un extraordinario debuxante".

Mostrando o intervalo 691 - 700 de 876 resultados.