Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 741 - 750 de 875 resultados.

Machu Picchu era Patallacta según a historiadora Martín Rubio

 “Segundo dous cronistas galegos, Machu Picchu chamábase Patallacta”. Este é o revelador título da conferencia que pronunciou  na Casa de Galicia en Madrid a doutora en Historia de América e especialista na cultura Inca, María del Carmen Martín Rubio . Patallacta significa cidade de plataformas, e é o primeiro nome da cidade inca, que foi descuberto pola investigadora grazas aos documentos inéditos dos cronistas galegos do século XVI Juan de Betanzos e Sarmiento Gamboa. Un importante descubrimento do que se fixeron eco numerosos medios de Perú, América Latina, EUA e por suposto e con maior interese os especializados en en temas históricos, pola enorme transcendencia que ten Machu Picchu.

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación dunha nova edición do libro "Sobre as Fugas de Cunqueiro", de Landeira Yrago

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación do libro "Sobre as fugas de Cunqueiro. Outra vida de Álvaro entre o periodismo e a literatura", de Xosé Landeira Yrago, unha nova edición con presentación e notas de Renato A. Landeira, neto do autor, na que Auga Editora recupera un texto inédito do escritor e xornalista Xosé Landeira Yrago.

O ilusionista pontevedrés Luis Boyano entusiasmó ao público de Madrid con "Asombrosamente incrible" , na Casa de Galicia

O recoñecido ilusionista pontevedrés Luis Boyano entusiasmou hoxe ao numeroso público que enchía as instalacións da Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, onde ofreceu o espectáculo teatral de maxia e humor "Asombrosamente incrible", que ofreceu ao público non só a oportunidade de gozar senón tamén a de participar activamente durante toda a actuación. O espectáculo incluíu o número co que Boyano foi galardoado co Premio Nacional e Mundial de Maxia.

A Constitución de 1812ey Galicia na delegación da Xunta en Madrid para conmemorar o segundo centenario

A delegación da Xunta en Madrid acolleu a conferencia "Buscando a sensibilidade desexada: as proclamacións constitucionais de 1812 en Galicia", que pronunciou Roberto López López, Profesor Titular de Historia Moderna da Universidade de Santiago, cuxo departamento foi pioneiro na investigación demográfica, económica e social, e que sentou as bases para outros moitos traballos que logo realizaron diversas universidades.

Javier Sanmateo explica na Casa de Galicia a relación de Isaac Peral con Galicia e con ilustres galegos

O economista e escritor Javier Sanmateo Isaac Peral explicou hoxe na Casa de Galicia en Madrid as relacións, pouco coñecidas, que o seu bisavó Isaac Peral -mariño español que construíu o primeiro submarino dotado de propulsión eléctrica en inmersión, superando con iso as limitacións dos deseños anteriores e facendo viable a navegación submarina- mantivo con Galicia e con galegos ilustres, como o mariño Casto Méndez Núñez e a escritora Emilia Pardo Bazán. Fíxoo nunha conferencia que impartiu co título "Isaac Peral e Galicia: unha relación descoñecida".

"O río da vida", antolóxica do fotógrafo lucense "Zalo" estará nas salas da Casa de Galiciaatao 6 de maio

As salas da delegación da Xunta en Madrid acollen a obra antolóxica baixo o título "O río da vida", do fotógrafo lucense Gonzalo Sánchez Folgueira, “Zalo”, profesor de Fotografía Artística na Escola de Artes "Ramón Falcón" de Lugo. Trátase dunha selección dun centenar de instantáneas de gran variedade temática, cheas de forza, capturadas dende a propia emoción do seu autor, tomadas dende hai máis de 40 anos e que poderán verse ata o día 6 de maio en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Festivos: de 10 a 14 horas.

A Casa acolleu a xornada "Internacionalización e Xestión da Diversidade", organizada por AEGAMA e a Fundación para a Diversidade e nela destacaron o valor da expansión no estranxeiro en tempos de crise como incentivo para o mercado español.

A Casa de Galicia foi o lugar elixido pola Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) e a Fundación para a Diversidade, para poñer de manifesto a necesidade de que "as organizacións formulen unha estratexia para a xestión da diversidade se queren levar a cabo un proceso de internacionalización". Para iso, celebraron na Delegación da Xunta en Madrid a xornada "Internacionalización e Xestión da Diversidade", un evento no que se tratou de mostrar as diferentes canles que pode desenvolver unha empresa en materia de diversidade.

La Delegación Gallega en Madrid acogió el concierto "La herencia contrapuntística" de la joven pianista lucense Susana Trigo

“La música compone los ánimos descompuestos y alivia los trabajos que nacen del espíritu”, dijo el delegado de la Xunta y Director de la Casa, José Ramón Ónega López, citando a Cervantes en el Quijote para ilustrar la presentación de la joven pianista lucense Susana Trigo. Así mismo, Ónega enumeró algunos de los aspectos más relevantes del CV de la intérprete y el repertorio ejecutado con piezas de los compositores G. Ligeti, J. S. Bach, D. Shostakovich y L. Van Beethoven.

Presentado na Casa de Galicia en Madrid o poemario "Ronca o mar", da coruñesa María Canosa

A Casa de Galicia en Madrid-Delegación da Xunta de Galicia acolleu esta tarde a presentación do poemario "Rouca o mar", da coruñesa María Canosa Blanco, editado por Pigmalión. No acto interviñeron, ademais da autora do libro, Vicente Araguas, crítico literario e poeta, Antonio Nieto, poeta, Basilio Rodríguez Cañada, escritor e editor, e Ramón Jiménez, coordinador de Actos Culturais da Casa.

Luis Miguel Falcón García advirte na Casa de Galicia da importancia do diagnóstico precoz do cancro de próstata

O urólogo Luis Miguel Falcón García advertiu hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid da importancia do diagnóstico precoz do cancro de próstata, que é doadamente curable se se diagnostica a tempo; por iso, dixo, recoméndase que a partir dos cincuenta anos os homes sexan conscientes dos controis pertinente, pois, ademais, se trata dun cancro que non dá moitos síntomas. Fíxoo na conferencia "O que Ud. debe saber sobre a saúde da súa próstata", que o prestixioso urólogo ofreceu ante un interesado auditorio.

Mostrando o intervalo 741 - 750 de 875 resultados.