Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 751 - 760 de 875 resultados.

José María Arias Mosquera, presidente do Banco Pastor e da Fundación Barrié, nomeado Membro de Honra de Iurisgama

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) nomeou Membro de Honra a José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e do Banco Pastor, nun acto que tivo lugar, hoxe, na Casa de Galicia en Madrid, patrocinado polo Colexio de Avogados da Coruña, no que o galardoado recibiu do presidente da Asociación, Carlos Lema Devesa, a placa que lle acredita como tal.

Entre os asistentes ao acto achábanse o presidente do Tribunal Constitucional, Pascual Sala; o presidente da Sala 1ª do Tribunal Supremo, Juan Antonio Xiol Ríos; Ángel Ron Güimil, presidente do Banco Popular; o ex presidente do Tribunal Constitucional Álvaro Rodríguez Bereijo; o vicedecano do Colexio de Avogados da Coruña, Augusto Pérez Cepeda; maxistrados do Tribunal Supremo e directivos das entidades galegas en Madrid.

Os xornalistas e biógrafos de Fraga Pilar Falcón e Fernando Jáuregui recordaron ao político galego na Casa de Galicia

Os xornalistas Pilar Falcón e Fernando Jáuregui, biógrafos de Manuel Fraga, recordaron hoxe na Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid a figura do político galego, que foi fundador do Partido Popular e presidente da Xunta, na mesa redonda "Fraga visto polos seus biógrafos", que tivo lugar esta tarde. Previamente presentouse un busto de Manuel Fraga asinado polo escultor Santiago de Santiago, que o doou á Casa, da que Fraga foi fundador.

O delegado da Xunta en Madrid galardoado pola Federación de Autónomos Galegos

O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López recolleu o premio que lle foi concedido pola Federación de Autónomos de Galicia no transcurso dunha gala que se celebrou o venres 9 de marzo no auditorio do madrileño concello de Alcobendas. Nas imaxes posa co galardón  xunto ao presidente da Federación, Francisco Javier Pérez Bello.

A multinacional galega EQUANTIA presentou na Casa, ante investidores e y distribuidores, dous dos seus produtos empresariais

A empresa galega, EQUANTIA, cuxa sede central encóntrase en Vigo, presentou esta mañá dous dos seus produtos en Madrid a investidores e distribuidores, dentro da expansión proxectada para este ano.

EQUANTIA é un grupo de consultoras especializadas en diferentes liñas de actuación: EQUANTIA, en Comercio Exterior e Proxectos Europeos; CONFIALIS, en servizos de Consultoría, Auditoría, Outsourcing e Formación, en materia de Protección de Datos; e CAPITALIZA, Organización de consultoría estratéxica e Auditoría de Responsabilidade Social Corporativa.

O escritor gallego José R. Rodríguez explicou na Casa de Galicia a vinculación histórica dos galegos con Filipinas

Os galegos están vinculados á historia de Filipinas dende o seu descubrimento por Magallanes, ao que acompañaron na súa expedición, e tiveron presenza no arquipélago dende entón, segundo a exposición realizada hoxe na Casa de Galicia en Madrid polo xornalista e escritor ourensano, José R. Rodríguez, que ofreceu a conferencia "Presencia de Galicia en Filipinas", baseada nun estudo do que é autor, xunto co historiador filipino Lino Dizon, sobre a presenza dos galegos en devir histórico das illas Filipinas, editado recentemente co nome de "Cruceiro".

O silencio, a serenidade e a luz, protagonistas das obras que a lucense María Jesús Pérez Carballo exhibe na Casa de Galicia

 O silencio, a serenidade, os espazos baleiros onde a luz é o elemento fundamental na creación son os compoñentes das atmosferas que a pintora lucense e catedrática de debuxo María Jesús Pérez Carballo transmite na mostra de pintura que dende hoxe e ata o próximo día 30 ocupa dúas salas de exposicións na Casa de Galicia en Madrid: "Na mirada, Breamo", de obra realizada nos últimos anos.

Actuación do grupo de música tradicional contemporánea Talabarte na Casa de Galicia en Madrid

O grupo de música tradicional contemporánea Talabarte, formado por Quim Farinha (violín), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Kin García (contrabaixo) ofreceu hoxe unha actuación musical na Casa de Galicia en Madrid, ante máis dun centenar de persoas que encheron a sala e ás que deleitaron con temas do seu primeiro álbum, que leva o nome do grupo.

Teófilo Comunicación presenta na Casa de Galicia en Madrid o libro "Regalo de memoria"

Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid un novo proxecto editorial que leva por título "Regalo de memoria". Trátase dunha nova publicación que saíu á venda cun prólogo da xornalista Maruja Torres e asinou conxuntamente por Ghaleb Jaber Ibrahim e pola escritora galega Noemí Martínez que, cun nítido xénero biográfico, conta unha historia real.

Presentación en Madrid do libro "40 preguntas e respostas para entender a maldita crise" do xornalista Ignacio Capeáns e o economista Carlos Sánchez-Tembleque

No acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, o empresario e editor José Luis Teófilo e un dos autores, Ignacio Capeáns. "Algo está a pasar cando as conversacións dos bares se encheron de palabras que ata agora só dicían os entendidos en economía", dixo Ónega, "é polo tanto unha obra de rabiosa actualidade e traballo de referencia neste momento".

O compositor Rubén L. Someso presentou en Madrido CD de música de cámara, "Orquesta de corda, piano e clarinete baixo"

A delegación da Xunta acolleu esta tarde a presentación en Madrid do CD de música de cámara "ORQUESTRA DE CORDA, PIANO E CLARINETE BAIXO", do compositor da localidade coruñesa de Arteixo, Rubén L. Someso. Este é o primeiro disco, de Rubén L. Someso, distribuído pola compañía iTinerant Record, que recompila as creacións realizadas entre os anos 2002 e 2010, e que inclúe tres obras para piano só, unha obra para clarinete baixo só, unha para piano e percusión, e unha obra para orquestra de corda.

Mostrando o intervalo 751 - 760 de 875 resultados.