Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 801 - 810 de 852 resultados.

Manuel Desco ofrece unha visión crítica da relación da tecnoloxía e a medicina en España

Posado dos asistentes co director da Casa de Galicia en Madrid

As contribucións da Enxeñaría ou da Tecnoloxía á Medicina son abundantes e evidentes para calquera persoa minimamente familiarizada coa asistencia sanitaria. Calquera que visitase un hospital ou centro asistencial doutro tipo terá pasado con gran probabilidade por unha ou máis exploracións ou técnicas terapéuticas derivadas de recentes achegas tecnolóxicas.

Obras de Tiziano e Velázquez foron obxecto de estudo na sexta sesión do Ciclo de Clases-Conferencias "O espertar da mirada"

Momento durante o acto

A obra dos pintores Tiziano e Velázquez centraron hoxe a sexta e penúltima sesión do Ciclo de clases-conferencias "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", que desenvolve na Casa de Galicia en Madrid o profesor de arte e director de cine Diego Diz.

A Casa de Galicia acolle as XXVII Xornadas de Cultura Galega

Momento durante o acto

A delegación da Xunta en Madrid cedeu a Sala A da Casa de Galicia para a celebración das XXVII Xornadas de Cultura Galega, que organiza o Grupo Cultural Galicia en Madrid, GRUGALMA. As xornadas realízanse os días 6 e 7 de xuño ás 20 horas baixo a temática xenérica: "O feito Xacobeo na Baixa Idade Media e nos nosos días".

"Refuxios provisionais", exposición de pintura da artista santiaguesa Pilar Quintás, na Casa de Galicia en Madrid

Intervención da autora

"Refuxios provisionais", a exposición da pintora Pilar Quintás que ocupa este mes de xuño dous das salas de exposicións da Casa de Galicia en Madrid ofrece unha mostra das paisaxes nas que a artista, segundo ela mesma explica, acha refuxio mentres os crea. Inaugurada hoxe, está composta por máis de corenta obras que nos asoman distintos lugares e sensacións.

"Asalto de cabala. Como pez na auga", exposición de Gosia Trebacz na Casa de Galicia en Madrid

Momento do acto

"Asalto de cabala. Como pez na auga", a exposición de pinturas e fotografías que Gosia Trebacz mostra este mes na Casa de Galicia en Madrid trae ata nós as experiencias desta artista polaca de Cracovia, durante os últimos máis de dez anos, que leva afincada na Coruña, "transformadas en cadros", segundo a súa propia definición. "As obras son froito da xa longa década que fai que vivo na Coruña; alí estamos, inspirándonos no mar e creo que tamén evolucionando como artista", explicou na inauguración da exposición, que tivo lugar hoxe, acto no Trebacz tamén destacou que a mostra lle fai especial ilusión por canto de reencontro ten cos amigos que deixou en Madrid, onde viviu seis anos e os espazos artísticos a coñeceron.

A última novela de Ramón Pernas, "Na luz inmóbil", presentouse na Casa de Galicia en Madrid

Intervención do director da Casa de Galicia en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid acolleu hoxe a presentación da última novela do xornalista e escritor lucense Ramón Pernas, "Na luz inmóbil", editada por Algaida e gañadora do XI Premio Internacional de Novela "Emilio Alarcos Llorach". Na presentación interviñeron, ademais do propio autor, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o director adxunto de ABC, Luis Ventoso, o director de ABC Cultural, Fernando Rodríguez Lafuente, e o editor, Miguel Matellanos

"Poemas de amor para tempos difíciles" na delegación galega en Madrid

Xose Manuel Salgado

"A Casa de Galicia tamén dedica un tempo e un espazo á poesía", dixo o coordinador de Actividades Culturais da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, Ramón Jiménez Pérez. "Poemas de amor para tempos difíciles" é un recital que inclúe unha selección de "os poemas máis íntimos, moitos deles inéditos" de diferentes obras do polifacético autor ourensano Xosé Carlos Caneiro, acompañado á guitarra polo tamén verinés Xosé Manuel Salgado.

O dermatólogo López-Bran explicou as últimas técnicas de rexuvenecemento na Casa de Galicia en Madrid

O Delegado da Xunta intervén no acto acompañador dos doutores López Bran, á esquerda, e Pérez Vázquez, á dereita.

 O doutor Eduardo López-Bran, xefe do Servizo de Dermatoloxía do Hospital Clínico San Carlos de Madrid, director do Instituto Médico Estético de Madrid (Imema) e recoñecido dermatólogo, expuxo hoxe na Casa de Galicia en Madrid a relación entre saúde e beleza da pel, así como as últimas técnicas sobre rexuvenecemento facial, capilar e corporal, desmontando falsos mitos e crenzas sobre técnicas xa tan populares como o botox, os recheos ou o láser.

Ana Pastor presidiu a inauguración do ciclo de conferencias "Medicina e Saúde" que se iniciou hoxe na Casa de Galicia

Ana Pastor, acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e o profesor de Medicina Nuclear J.M. Pérez-Vázquez

A vicepresidenta segunda do Congreso, ex ministra de Sanidade e médico, Ana Pastor, acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, inaugurou o ciclo divulgativo de conferencias "Medicina e Saúde" que se iniciou esta tarde na Casa de Galicia en Madrid. O ciclo está dirixido e coordinado por J. M. Pérez-Vázquez, Profesor xefe de Medicina Nuclear, do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón, quen tamén ofreceu a conferencia inaugural, "A Medicina do século XXI-Primeira década".

A Casa de Galicia acolleu a presentación da XVI Semana Gastronomica e Cultural do Marisco que se celebrará na localidade madrileña de Alcobendas do 19 de abril ao 2 de maio

Mesa principal do acto de presentación da XVI Semana Gastronomica e Cultural do Marisco

García de Vinuesa: "Os galegos achegaron moito a Alcobendas e estámoslles moi agradecidos por conservar e compartir connosco a súa cultura, a súa gastronomía o seu folclore... que enriquece cada día a nosa localidade".

A Xuntanza empezou organizando, hai 16 anos, unha feira de catro días e nesta edición xa son dúas semanas.

O programa inclúe, xunto coa gastronomía, unha ampla e variada oferta cultural con exposicións de arte, proxeccións de películas e curtos, artesanía, alfombras florais...

Mostrando o intervalo 801 - 810 de 852 resultados.