Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 821 - 830 de 854 resultados.

A delegación galega acolleu a "Lor Emsemble" aproveitando o seu paso por España e a amizade que une aos seus representantes

Lor Ensemble durante a actuación

Case duascentas persoas acudiron a gozar dun espectáculo moi pouco habitual en Madrid.
A formación musical naceu hai só dous anos no Kurdistán Irakí.
Coincidindo co Ano Novo curdo o grupo realiza unha xira por España para dar a coñecer a súa música e a súa arte.
A delegación da Xunta en Madrid brindou a Casa para que "Lor Ensamble" puidese ofrecer unha pequena mostra do seu rico e amplo repertorio.

A Casa de Galicia continua ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: obras mestras das artes occidentais"

Diego Diz durante a conferencia

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, segue ofrecendo as clases-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras das artes occidentais", ofrecidas polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen nesta xornada analizou cadros de Degás, Dix e Chagall. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka.

Alfonso Philippot: "Colón e Pedro Madruga son a mesma persoa"

Alfonso Philippot durante a presentación

O capitán de Mariña Mercante, Historiador e Investigador vigués, Alfonso Philippot pronunciou na Casa de Galicia en Madrid a conferencia "A identidade de Cristóbal Colón". Nela concluíu, que, despois de máis de corenta anos de investigacións as pezas do puzzle encaixan e posúe documentos e datos para asegurar categoricamente que "Cristóbal Colón e Pedro Madruga eran a mesma persoa".

Presentan na Casa de Galicia o destino turístico "Terras de Pontevedra"

Asistentes á presentación

O xefe territorial de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en Pontevedra, José María Picallo Búa, o subdirector xeral de Desenvolvemento e Sostibilidade Turística da Secretaría Xeral de Turismo e Comercio Interior, Gonzalo Ceballos Watling, e o presidente da Mancomunidade Terras de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañados polo coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez -en representación do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que non puido acudir por motivos de saúde- e do Campión do Mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya, presentaron hoxe na Casa de Galicia en Madrid o destino turístico Terras de Pontevedra.

Rosalía de Castro, unha persoa de gran cultura que intentou vivir da literatura, antepoñéndoa á maternidade

O autor durante a presentación

Rosalía de Castro foi unha persoa dunha gran cultura que intentou vivir como escritora profesional a Literatura e é autora de novelas novidosas e revolucionarias tanto dende o punto de vista da intención coma da estrutura, que viaxou a Madrid con intención de triunfar no mundo artístico e que antepuxo a súa profesión á maternidade, segundo explicou o catedrático de Literatura Francisco Rodríguez na conferencia que impartiu na Casa de Galicia en Madrid, "Para comprender a Rosalía e á súa obra".

A Casa de Galicia acolleu a presentación en Madrid da "Plataforma Internacional de Cooperación e Migración"

Entrega do premio

O novo organismo agrupa 21 organizacións no procedentes de diferentes países europeos e iberoamericanos.

Nace coa vontade de xuntar esforzos e formulacións para contribuír á xustiza social no mundo, a solidariedade internacional e o fortalecemento da paz.

Entre os seus obxectivos está promover proxectos conxuntos de cooperación.

Quince artistas vinculados ao Camiño Portugués unen as súas obras na exposición "Camiños", na Casa de Galicia en Madrid

Momento durante a presentación

Un total de quince artistas -catorce pintores e un fotógrafo- vinculados ao Camiño de Santiago Portugués unen as súas obras nunha exposición colectiva, "Camiños", que se exhibe ata o próximo 31 de marzo na Casa de Galicia en Madrid. Na inauguración da exposición, hoxe, interviñeron, o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, o presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores, e o eurodeputado e presidente do Intergrupo Camiños de Santiago do Parlamento Europeo, Francisco Millán Mon, que estiveron acompañados por unha nutrida representación dos artistas que participan na exposición.

"Panorámica no tempo", unha mostra da dilatada traxectoria do escultor Santiago de Santiago na Casa de Galicia en Madrid

Asistentes á presentación da exposición

O recoñecido escultor Santiago de Santiago presentou esta tarde na Casa de Galicia de Madrid a exposición "Panorámica no tempo", unha mostra da súa dilatada traxectoria artística composta por máis dunha trintena de pezas en bronce, pedra volcánica e fibra de vidro sobre temas variados e entre as que se achan un busto da Raíña Dona Sofía e outro de Don Juan de Borbón. A exposición ocupa dúas das salas da Casa e pode verse ata o próximo día 31.

A Casa de Galicia segue ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental"

Diego Diz durante a conferencia

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu hoxe a terceira clase-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", ofrecida polo profesor de Arte e director de cine Diego Diz quen falou sobre "Parellas" de Van Eyck e Piero della Francesca. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka que expuxo Diz, ao que seguiu "os retratos femininos", de Palma o Vello, Degas e Beckman o 18 de xaneiro.

Cardigan Bridge ofreceu na Casa de Galicia o concerto, en solitario, "On the windowsill"

Cardigan Bridge

A cantautora coruñera Cardigan Bridge ofreceu esta tarde na Casa de Galicia de Madrid o concerto "On the windowsill", baseado no seu disco do mesmo nome, o primeiro traballo con temas propios da nova artista multidisciplinar Rebeca Ponte baixo o nome artístico de Cardigan Bridge. Cantou en solitario, acompañándose alternativamente de guitarra, acordeón e teclado, cando nas súas actuacións habituais adoita estar acompañada por músicos.

Mostrando o intervalo 821 - 830 de 854 resultados.