Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 831 - 840 de 854 resultados.

Paz Gago presenta na Casa de Galicia en Madrid o seu segundo poemario que leva por título "Guía de lugares inexistentes"

Momento durante a presentación

Xunto co autor, José María Paz Gago, no acto interviñeron o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega; o escritor e ex ministro de Cultura, César Antonio Molina; as escritoras Clara Sánchez e Marisol Estéban; o editor e presidente do Pen Club de España, Basilio Rodríguez Cañada; e o escritor e catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Alcalá, José Manuel Otero Lastres, para presentar o libro Guía de lugares inexistentes, publicado por Pigmalión Edypro.

A incidencia da anécdota en misións internacionais de turismo, obxecto dunha conferencia na Casa de Galicia

Momento durante a conferencia

A anécdota, o aleatorio, o accidental e as pistas que se descobren sen ser buscadas en actividades fóra da xornada laboral ou que cando se buscan noutra dirección poden ser determinantes no éxito dun proxecto internacional. O consultor en Turismo José Antonio Ferreiro Piñeiro experimentouno con frecuencia nas vinte misións internacionais, de consultoría e informes, que realizou por encarga da Organización Mundial de Turismo (OMT) e a Axencia Española de Cooperación Internacional, do Ministerio de Asuntos Exteriores.

Roberto Varela presenta a Cidade da Cultura en Madrid como un "novo templo do coñecemento e o saber que tamén é espazo público, distrito cultural e lugar de encontro"

Algunhas das autoridades presentes durante a presentación

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou hoxe en Madrid que a Cidade da Cultura de Galicia representa "un novo e fascinante templo do coñecemento e o saber aberto ao mundo, que é tamén espazo público, distrito cultural e lugar de encontro". O espazo da Azotea do Círculo de Bellas Artes de Madrid acolleu a inauguración da mostra Peter Eisenman. Cidade da Cultura de Galicia', organizada pola Fundación Cidade da Cultura e que se poderá visitar ata o próximo 13 de marzo. O acto inaugural contou coa presenza do presidente do Círculo de Bellas Artes, Juan Miguel Hernández, o arquitecto norteamericano Peter Eisenman, e o delegado da Xunta en Galicia en Madrid, José Ramón Ónega.

A presentación da XLIII edición do Cocido de Lalín en Madrid estivo presidida por Ana Pastor, Carmen Pardo, o alcalde José Crespo, José Ramón Ónega e o empresario Manuel Domínguez

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid durante a presentación

"Lalín é a capital de Galicia", dixo o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López, na presentación da XLIII edición da Festa do Cocido, declarada de Interese Turístico Nacional, "polo menos iso é o que desexa o seu alcalde, para o denominado Kilómetro Cero da Comunidade galega", engadiu. No acto interviñeron a vicepresidente do Congreso e comendadora da festa, Ana Pastor Julián; a secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo; o alcalde da localidade, José Crespo e o empresario galego afincado en Madrid, Manuel Domínguez.

"Mureando", exposición colectiva de dez artistas, funcionarios da Xunta, que se exhibe na Casa de Galicia

Momento durante a presentación

As obras artísticas -pinturas e fotografías- dunha decena de funcionarios da Xunta de Galicia compoñen a exposición colectiva "Mureando", inaugurada hoxe na Casa de Galicia en Madrid, onde poderá contemplarse ata o próximo día 25. Os artistas son Matilde del Castillo, Luis Cerviño, Piar Feás, Amparo Fernández, Rafael Lampón, Alberto Lorenzo, Xosé Luis Louzao, Jaime Muinelo, Amparo Ribeiro e Amelia Rivera, que foron coordinados para a mostra por Pepa Mariño, tamén funcionaria da Adminsitración pública galega.

A casa de galicia en madrid acolle a mostra de pintura "gaiteiros" do arquitecto pontevedrés Ernesto J. Muntaner

Mariano Rajoi co autor das obras

A Casa de Galicia, delegación da Xunta en Madrid acolleu a inauguración da mostra de pintura do arquitecto e artista de Pontevedra Ernesto J. Muntaner, que baixo o título "Gaiteiros" ofrece ata o 25 deste mes un total de 37 obras de diferentes formatos. Ao acto, presidido por Mariano Rajoy, Ana Pastor e José Ramón Ónega asistiron preto de dous centenares de persoas, moitas das cales acudiron dende Pontevedra para asistir ex profeso á inauguración.

O almirante Ángel Sande defende que Ramiro Fonte é a Pontedeume o que Novoneyra é ao Caurel

Intervención de Angel Sande

"Se Uxío Novoneyra é a esencia ao Caurel rudo e apartado e Manoel Antonio o canto do mar solitario e misterioso que dende Rianxo se outea, Ramiro Fonte representa o sentir dunha bisbarra na que a fraga pon acentos telúricos e na que o mar, aínda domada ao fondo da ría, a saír fóra dun mesmo invita", valorou o almirante retirado José Ángel Sande referíndose ao poeta Fonte e á súa vinculación con Pontedeume (A Coruña) na conferencia "Un poeta eumés: Ramiro Fonte... e compañía", que ofreceu hoxe na Casa de Galicia en Madrid.

O xornalista e investigador pronunciou na Casa a conferencia "Galicia, un observatorio do exército nazi durante a II Guerra Mundial"

Momento durante a conferencia

O xornalista lucense Miguel Cabana falou hoxe na Casa de Galicia en Madrid de "unha primicia, pois é algo do que ata hoxe, moi poucas persoas teñen coñecemento", dixo. Ademais de datos históricos xa coñecidos, Cabana tivo acceso, en exclusiva, a testemuños reais de pilotos alemáns que clandestinamente voaban dende Galicia en avións facilitados pola administración de Franco para "espiar" ás frotas aliadas no Atlántico na II Guerra Mundial".

O presidente da Xunta é nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid

Intervención do presidente da Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante o acto no que foi nomeado Socio de honor da Asociación de Juristas Gallegos en Madrid, que "a liberdade non é posible máis que naqueles países nos que o dereito predomina sobre as paixóns". Durante o acto, o mandatario galego avogou así por "velar activamente polo Estado de Dereito" desde as súas responsabilidades e "confiar sempre en que tamén outros o fagan".

A Casa de Galicia segue ofrecendo o segundo ciclo de clases-conferencia "O espertar da mirada: Obras mestras da arte occidental"

Momento durante a presentación do ciclo de conferencias

A Casa de Galicia, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a segunda clase-conferencia do ciclo titulado "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", ofrecida hoxe polo profesor de Arte e director de cine, Diego Diz quen analizou os retratos femininos de Palma o Vello, Degas e Beckman. O ciclo programado inaugurouse o 15 de decembro de 2010 cun tratado sobre retratos masculinos realizados por Rafael, El Greco e Kokoschka que expuxo o profesor Diz, autor anteriormente na Casa do ciclo "Tradición e Modernidade: O diálogo permanente".

Mostrando o intervalo 831 - 840 de 854 resultados.