Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 841 - 850 de 852 resultados.

"Arousa", do artista de Ribeira Antonio Pérez, primeira mostra pictórica do ano na Casa de Galicia en Madrid

O autor con unha das súas obras

A delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolleu hoxe a inauguración da mostra "Arousa", do artista de Ribeira Antonio Pérez, a primeira do ano. O acto correu a cargo do coordinador de Actividades Culturais, Ramón Jiménez, quen recordou nas súas palabras como o autor naceu no seo dunha familia mariñeira e xa dende pequeno traballou co seu pai nunha dorna aprendendo distintas artes de pesca. De aí vénlle a súa paixón polo mar.

O Delegado da Xunta en Madrid recolleu, en nome do Presidente, o premio "Ó mellor político de 2009" da XXXIV edición dos premios de Cambio 16

O Delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega na entrega de premios de Cambio 16

O presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, foi distinguido co Premio "Ó mellor Político 2009" da XXXIV Edición dos Premios de Cambio 16 ("Os mellores de Cambio 2009"). Dado que a súa axenda de traballo non lle permitiu viaxar a Madrid, no seu nome recolleuno o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.

Mais dun centenar de persoas asistiron á Casa de Galicia para gozar do concerto de Nadal que ofreceu Noemi Mazoy

Noemi Mazoy e Alberto Lozano

A soprano e actriz lucense Noemi Mazoy ofreceu na Casa de Galicia en Madrid o concerto "Tempo de Nadal", ao que asistiron preto de 150 persoas, entre elas as tres das pequenas protagonistas do musical Annie -actualmente en cartel en Madrid-, para gozar de "un concerto para todos os públicos, en todos os sentidos," pois así o desexaba a artista invitada, xa que grazas á súa versatilidade puido ofrecer unha gran variedade de tipos de rexistros, de estilos e músicas.

A Casa de Galicia acolleu a presentación da novela, "Mateo, o mestre de Compostela", de Antonio Costa

Momento da presentación da novela

A sala A da delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu a presentación da primeira novela que recrea "a apaixonante biografía do Mestre Mateo, un artista, que se adiantou ao seu tempo". No acto, participaron o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez; o editor de Nowtilus, Santos Rodríguez; os escritores, Miguel Ángel Almodóvar e José Luis Torres Vitolas e o propio autor, Antonio Costa.

A Casa de Galicia acolleu a presentación do libro "Yantares Galegos. Historia da dieta atlántica", de Xavier Castro

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid saudando ó autor

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu hoxe a presentación do libro "Yantares galegos. Historia da dieta atlántica", de Xavier Castro, escritor e catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago e autor de varias publicacións sobre a historia da alimentación.

"O Espertar da Mirada: obras mestras da arte occidental", ciclo de conferencias de arte na Casa de Galicia

Momento durante a presentación do ciclo de conferencias

A Casa de Galicia, Delegación da Xunta en Madrid, iniciou hoxe o ciclo de conferencias de arte "O espertar da mirada: obras mestras da arte occidental", a cargo do profesor de Arte Diego Diz Rodríguez. O ciclo componse de sete conferencias, cunha periodicidade aproximada dunha por mes, nas que Diz comparará tres cadros dunha mesma temática pero de distintas épocas analizando o enfoque e as técnicas que se usan en cada momento.

A empresa galega Lavacolla presentou na Casa de Galicia en Madrid o seu novo aparcadoiro en Barallas

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid xunto con outras personalidades

O delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega presidiu este medio día a presentación/rolda de prensa do novo aparcadoiro, no aeroporto de Madrid-Barallas do grupo Lavacolla Aparcamiento, empresa galega en pleno proceso de expansión, con sede en Santiago de Compostela e presente xa nos aeroportos doutras cidades como Vigo, Sevilla e Lisboa; e con próximas aperturas en Valencia e Bilbao.

A Casa de Galicia acolleu a celebración da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid para conmemorar o XX aniversario da súa constitución

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid con outros asistentes

Máis dun centenar de socios de AEGAMA, Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, acudiron á Casa de Galicia para conmemorar o XX aniversario da súa fundación. O acto, contou coa asistencia do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega López e o presidente de AEGAMA, Francisco Cal Pardo, así como outras personalidades.

Feijóo destaca a fusión das caixas, o concurso eólico e a xestión austera e eficiente como exemplos de que "Os galegos queremos volver a falar hoxe para recuperar e consolidar a nosa prosperidade"

Vista da mesa onde se atopan o presidente da Xunta de Galicia e a presidenta da Comunidade de Madrid

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, no XX Aniversario da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA), a fusión das caixas, o concurso eólico e a xestión austera e eficiente como exemplos de que "os galegos queremos volver a falar hoxe para recuperar e consolidar a nosa prosperidade".

José Ramón Ónega, nomeado socio de honra da Xuntanza de Galegos en Alcobendas

O delegado da Xunta en Madrid durante a condecoración

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, foi nomeado hoxe Socio de Honra da Xuntaza de Galegos en Alcobendas, nun acto celebrado na localidade madrileña na que está radicada a entidade, que preside Ovidio Cadenas e reúne 1.350 socios, dos que o 60 por cento son galegos residentes en Alcobendas e o 40 por cento simpatizantes do galego.

Mostrando o intervalo 841 - 850 de 852 resultados.