Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 851 - 854 de 854 resultados.

Feijóo destaca a fusión das caixas, o concurso eólico e a xestión austera e eficiente como exemplos de que "Os galegos queremos volver a falar hoxe para recuperar e consolidar a nosa prosperidade"

Vista da mesa onde se atopan o presidente da Xunta de Galicia e a presidenta da Comunidade de Madrid

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, no XX Aniversario da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA), a fusión das caixas, o concurso eólico e a xestión austera e eficiente como exemplos de que "os galegos queremos volver a falar hoxe para recuperar e consolidar a nosa prosperidade".

José Ramón Ónega, nomeado socio de honra da Xuntanza de Galegos en Alcobendas

O delegado da Xunta en Madrid durante a condecoración

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, foi nomeado hoxe Socio de Honra da Xuntaza de Galegos en Alcobendas, nun acto celebrado na localidade madrileña na que está radicada a entidade, que preside Ovidio Cadenas e reúne 1.350 socios, dos que o 60 por cento son galegos residentes en Alcobendas e o 40 por cento simpatizantes do galego.

A exposición "Indumentaria tradicional galega. O traxe de muros" mostra en Madrid os traxes típicos de Galicia e os seus complementos

Momento durante a presentación da exposición

A Casa de Galicia-Delegación da Xunta de Galicia en Madrid acolle a mostra "Indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros", realizada pola Agrupación Folclórica Ximiela, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. Nela, a través de nove manequíns móstranse unha decena de traxes, de gala, festa e diario de diferentes zonas de Galicia, coas súas correspondentes xoias, abelorios e complementos, e unha colección de bonecos con traxes rexionais.

"Olor a mar", exposición de acuarelas de Manuel Paz na Casa de Galicia

O pintor a carón dun dos seus cadros expostos

"Olor a mar" é o título certero da exposición do acuarelista Manuel Paz Pescador que se exhibe durante este mes de decembro –ata o día 30- na Casa de Galicia-Delegación da Xunta en Madrid, na que se recrea o ambente mariñeiro de Galicia a través de praias, barcos, mariscadoras, pescadores, venta de pescado e compañía de gaivotas, mar sereno e mar embravecido, con un realismo máxico, intimista. Só unha das obras apartase da temática xeral, unha "Maternidad" que retrata á muller e a filla do pintor, a quen Paz dedicou a exposición.

Mostrando o intervalo 851 - 854 de 854 resultados.