Actualidade
"Los hijos de la Revolución Francesa" de Manuel Janeiro, unha novela para todas as xeracións
A última novela do escritor madrileño afincado en Galicia desde fai máis de catro décadas, Manuel Janeiro, leva por título Los hijos de la Revolución Francesa e é unha obra de prosa vivaz, con breves capítulos, crítica social, amizade e que por temática pode interesar a todas as xeracións. Editada por elcercano.com, trátase dunha obra que desde o seu reflexo do pasado proxéctase con optimismo ao futuro. A presentación cudiron preto dun centenar de personas.
O concello lucense de Ribadeo presentou na Delegación da Xunta en Madrid o "Ribadeo Indiano"
O Concello de Ribadeo presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, a nivel internacional, o evento histórico cultural "Ribadeo Indiano", co que os ribadenses poñen en valor, desde fai xa cinco anos, o seu rico legado emigrante, celebran valores como a integración, a solidariedade, a concordia e a interculturalidad e contribúen a que os países de acollida non sexan só lugares onde repousa boa parte da memoria de Galicia senón tamén territorios de futuro, prósperos e útiles para todos a través do mutuo intercambio e coñecemento. Celebrarase os días 12,13 e 14 do próximo mes de xullo.
A Asociación de Turismo Rural Muxía Natural e o Concello de Muxía presentaron na Delegación da Xunta o proxecto "Muxía. Camiñando cara ó mar"
A Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, en colaboración co Concello da localidade coruñera de Muxía, presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o proxecto "Muxía. Camiñando cara ó Mar", unha iniciativa de turismo vacacional, de gastronomía, saúde e natureza enmarcado na etiqueta # Muxia destinoslow. "A través do cal quérese dar a coñecer Muxía como un destino de turismo experiencial, ao redor dos recursos mariños, que pretende poñer en valor o turismo, a gastronomía, os recursos locais náuticos-recreativos, culturais e a biodiversidade da zona de Muxía", explicou o presidente da Asociación.
Vicente Araguas recupera a adolescencia en "Los pavos trufados", o seu último libro de relatos, publicado por Lastura
A adolescencia e o seu mundo protagonizan "Los pavos trufados", a última obra do escritor, filólogo e xornalista coruñés Vicente Araguas, un libro de relatos publicado pola editorial Lastura e presentado hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Nel Araguas "recupera a adolescencia, esa idade do pavo segundo o termo tan cruel", por iso el "os trufa". A presentación estivo a cargo do autor, a directora da editorial, Lidia López Miguel, e o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, quen interveu en representación do delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega.
Representantes das rexións compradoras do proxecto EMPATTICS reuníronse na Delegación da Xunta en Madrid para puntuar as ofertas na segunda fase
Representantes das rexións compradoras do proxecto EMPATTICS, cofinanciado pola Comisión Europea no marco do programa Horizonte 2020 e liderado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde ( ACIS), reuníronse hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia para puntuar as ofertas técnicas presentadas para a segunda fase das tres nas que se divide o proxecto. Foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, quen lles dió a benvida e desexoulles unha boa xornada de traballo.
Juan de Betanzos segue sendo un heroe en Perú, gran historiador, culto, intelixente e con formación musical
"O cronista galego Juan Díez de Betanzos segue sendo un heroe en Perú onde chegou con só 17 anos. Era culto, moi intelixente, ambicioso, cunha sólida formación musical e que se integrou perfectamente", asegurou a doutora en Historia de América, María del Carmen Martín Rubio na conferencia que baixo o título "O cronista galego Juan de Betanzos e o Reino Inca perdido na selva do Amazonas", pronunciou na Delegación da Xunta en Madrid. O acto contou coa asistencia do agregado Cultural da Embaixada do país andino en Madrid, Alonso Ruiz-Rosas, quen confirmou a afirmación da relatora.
O pintor pontevedrés Raúl Velloso expón na Delegación da Xunta en Madrid a mostra "Galicia no país das marabillas"
O pintor pontevedrés Raúl Velloso (Cangas do Morrazo, 1965) inaugurou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a exposición "Galicia no país da marabillas" composta por 46 obras con imaxes curvilíneas e cheas de colorido, de estilo moi persoal, que retratan edificios, paisaxes e personaxes de Galicia ben identificados. A exposición, coa que a Casa abre as actividades públicas deste novo ano 2019, móstrase en dúas salas e estará aberta ao público ata o próximo día 31.
O galego Dúo Rivera presentou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu disco "En el medio del camino"
O galego Dúo Rivera, composto polas músicas ourensás, residentes en Madrid, María Luz Rivera (piano) e Raquel Rivera (violín), presentou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu CD "En el medio del Camino", nun acto que contou coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e no que as artistas interpretaron algunhas pezas do repertorio do disco. O CD contén obras de autores galegos -Marcial de Adalid-, de temática galega -" Aureana do Sil", de Federico Mompou- e doutros autores españois (Falla e Turina).
O escritor Blanco Corredoira presentou na Delegación da Xunta/Casa de Galicia o seu último libro, "El secreto de Amarante. Misterios y leyendas al borde del Camino de Santiago"
O escritor José María Blanco Corredoira, madrileño de ascendencia galega, presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última obra, "El secreto de Amarante. Misterios y leyendas al borde del Camino de Santiago", publicada na colección Narrativa do Grupo Editorial Sial-Pigmalión.
"Lume de Biqueira: 20 anos de música", exposición retrospectiva na Casa de Galicia no mes de decembro
Países como Irlanda, Francia, Reino Unido, Italia, Lituania, ou China, ademais de multitude de cidades en España converteron a Lume Biqueira nunha das bandas celtas máis internacionais e activas do panorama actual. A súa xa longa traxectoria queda recollida na exposición fotográfica retrospectiva "LUME DE BIQUEIRA: 20 ANOS DE MÚSICA", que se inaugurou esta tarde e coa que a banda pecha os actos conmemorativos do vixésimo aniversario da súa fundación, en 1998; e que poderá verse na Casa de Galicia ata o día 30 deste mes.