Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 894 resultados.

"HAI MULLERES", esculturas e cadros cerámicos de Otero Regal na delegación da Xunta en Madrid durante o mes de marzo

1. Otero Regal na súa exposición HAI MULLERES.

A exposición"HAI MULLERES" xurdiu como unha homenaxe ao mundo da muller, e son esculturas e cadros cerámicos do artista lucense Alfonso Otero Regal, quen expón a mostra como homenaxe ao mundo matriacal galego do que procede, "mulleres sempre cheas de forza e vitalidade". O xerme da mostra é o libro do mesmo título escrito por 48 autores no que cada un deles aporta un poema sobre a muller que máis marcou a súa vida, e que Otero Regal editou e ilustrou, axuntando literatura e artes plásticas.

Terceira entrega do cómic "A espada de San Eufrasio"

1. De esquerda a dereita Manuel López Poy, Pepe Rey, Ramón Jiménez, Miguel Fernández e o editor Lorenzo Pascual.

Os amantes do cómic histórico baseado na Idade Media están de parabén porque teñen no mercado un novo título que se presentou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid, o libro "La espada de San Eufrasio. Un pacto con Satanás", dos guionistas Pepe Rey, Miguel Fernández e o debuxante Manuel López Poy, terceira entrega da colección publicada por Diábolo Edicións. Neste novo libro continúa a conspiración que dá lugar á Revolta Irmandiña na primavera de 1495.

O Museo Casa da Troia recibiu na Delegación da Xunta en Madrid o premio "Memorial José Antonio Díaz Reneses aos valores na tuna"

1. Intervenientes e actuantes nunha ampla foto de familia como recordo do encontro.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a entrega do premio "Memorial José Antonio Díaz Reneses aos valores na tuna" ao Museo Casa de la Troya por "o respecto e o traballo pola conservación e a promoción do patrimonio cultural da nosa irmandade universitaria" e a homenaxe a Alejandro Pérez Lugín no 150 aniversario do seu nacemento.

Xornada de traballo e formación de EFA Piñeiral de Arzúa na Delegación da Xunta en Madrid

1. Foto de Familia. De EFA Mary Espiñeira, Berta Cobo, María Jesús Limés; da Xunta, o delegado en Madrid José Ramón Ónega e o coordinador de Actos Ramón Jiménez; co alumnado de EFA Piñeiral.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolle hoxe a celebración da "XORNADA DE FORMACIÓN EFA PIÑEIRAL DE ARZÚA" na que preto dunha vintena de alumnos de Formación Profesional de "Comercio e Marketing" e de "Panadería e Pastelería" de EFA PIÑEIRAL de Arzúa (A Coruña) coñeceron iniciativas e experiencias de diferentes profesionais que desempeñan o seu traballo en Madrid, co obxectivo de que sirvan de coñecemento, inspiración e posible exemplo para a futura vida laboral dos estudantes.

José Crespo afirma na Delegación da Xunta en Madrid que "Lalín ten a festa gastronómica máis importante de España, recoñecida como de Interese Turístico Internacional"

De esda. a dta.- Os deputados Joaquín García e Ana Belén Vázquez, a xornalista Sonsoles Ónega, a vicepresidenta segunda do Congreso, Ana Pastor, o alcalde de Lalín, José Crespo, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, o presidente da ONCE, Miguel Ángel Carballeda, a tenente de alcalde de Lalín, Begoña Blanco, o sacerdote Andrés Ramos, o médico José Manuel Pérez Vázquez, o empresario Julio Lage, o presidente da Xuntanza de Galegos en Alcobendas, Ovidio Cadenas, e o pintor Antón Lamazares.

A LII Feira do Cocido de Lalín, recoñecida recentemente como primeira festa gastronómica de España que alcanza a distinción de Festa de Interese Turístico Internacional e que celebra o seu día grande o 16 deste mes, presentouse esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia, nun acto presidido polo alcalde de Lalín, José Crespo, que tivo como anfitrión ao delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e que contou coa presenza da pregoeira desta edición, a escritora e xornalista Sonsoles Ónega, e o presidente da ONCE e comendador do Cocido de Lalín Miguel Ángel Carballeda. Entre as personalidades que acudiron ao acto atopábanse a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, os deputados Ana Belén Vázquez e Joaquín García Díez, o pintor Antón Lamazares e destacados membros da colectividade galega en Madrid como Julio Lage, José Manuel Pérez Vázquez, Andrés Ramos e Ovidio Cadenas.

María José Rodríguez expón na Delegación da Xunta a mostra "Paisaxes do Camiño", con obras que incorporan distintas técnicas e materiais

María José Rodríguez, á beira dunha das obras da súa exposición.

A pintora coruñesa, residente na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa, María José Rodríguez expón na Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid a mostra "Paisaxes do Camiño", formada por cadros de distintos tamaños e técnicas, con predominio das acuarelas, que recrean paisaxes dos Camiños de Santiago, a maior parte deles de Galicia pero tamén doutras comunidades autónomas. Xunto á pintura, algunhas das obras incorporan outros materiais, como cartón, plásticos, chapas e tecidos. Está aberta ao público ata o próximo día 28 en dúas salas da Casa de Galicia.

"As miñas raíces", do escultor ourensán MOXOM, na Casa de Galicia ata o 28 de febreiro

1. Xosé Manuel Rodríguez MOXOM abrazando unha das súas obras.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu esta tarde o acto de inauguración da exposición de esculturas "AS MIÑAS RAÍCES", de Xosé Manuel Rodríguez, MOXOM, realizadas con troncos de madeira de diversa procedencia que grazas ao artista ourensán cobran vida e convértense en figuras cheas de encanto e personalidade propia e irrepetible. Moxom, tal como xa facía o mismísimo Miguel Ángel, observa atentamente cada anaco de madeira, descobre o personaxe que oculta, quita o que sobre e no seu caso logo humanízao cos seus pinceis e coa colaboración de Maite González, a súa dona.

Syntagma.org celebra na Delegación da Xunta o seu décimo quinto aniversario cun acto académico

Luis Felipe López, profesor da UDIMA, Jaime Rodríguez-Arana, catedrático de Dereito Administrativo da UDC, Ramón Jiménez, coordinador de Actividades da Casa, Juan José Laborda, ex presidente do Senado, Pablo García Mexía, letrado das Cortes, José Ignacio Herce, profesor da UDC, e María Aguirre de Cárcer, ex xerente de Syntagma.org.

O centro de estudos estratéxicos Syntagma.org celebrou hoxe na Delegación da Xunta/Casa de Galicia en Madrid o seu décimo quinto aniversario cun acto académico que contou cunha conferencia maxistral do expresidente do Senado Juan José Laborda e as intervencións do cofundador da entidade e catedrático e director do departamento de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña (UDC), Jaime Rodríguez-Arana Muñoz, do letrado das Cortes e cofundador da entidade Pablo García Mexía e do profesor de Dereito Administrativo da UDC José Ignacio Herce. Foron recibidos na Delegación polo coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, en representación do delegado, José Ramón Ónega.

A delegada do Gobierno de Canarias visita a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia

1. O delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega coa delegada do Gobierno de Canarias Lola Padrón na visita que realizou á institución galega.

María Dolores Padrón Rodríguez, delegada do Gobierno de Canarias en Madrid visitou esta mañá a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia onde foi recibida polo seu homólogo, José Ramón Ónega López quen lle mostrou as diferentes dependencias e faloulle das funcións da institución galega cuxo edificio foi inaugurado en 1992 sendo presidente da Xunta D. Manuel Fraga.

José Ramón Ónega asistiu á presentación de Turismo de Galicia en Fitur que presidiu o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, responde a las preguntas de la medios de comunicación, responde as preguntas dos medios de comunicación, atentamente escoitado polo delegado en Madrid, José Ramón Ónega.

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, asistiu hoxe á presentación de Turismo de Galicia en Fitur 2020, acto presidido polo titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 894 resultados.