Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 860 resultados.

Presentación en Madrid de Galician Dry Towers Gin Premium

1. De esquerda a dereita, Julio Lage presidente de AEGAMA, Ramón Jiménez c. Casa Galicia, Nuria Pauluchi cantante, e Lucía Espinosa e Antonio Sancristán, ambos de Mercado Hispano. (Todos cunha botella de Dry Towers).

Galician Dry Towers Gin Premium é un novo produto artesanal gourmet galego elaborado nun pazo da comarca do Deza (Silleda, Pontevedra) que con só un ano de vida está a darse a coñecer tamén fóra de Galicia. A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos en Madrid, AEGAMA acolleu esta tarde a súa presentación e entre as súas características diferenciais están especialmente na utilización de 10 botánicos que medran no monte galego como a menta salvaxe, o hibisco, a herba luisa… e especialmente a baga silvestre cornus capitata, que ten propiedades detox e só medra en dous lugares do mundo: o Himalaya e de forma espontánea na leira do Pazo de Cascaxide:

"Kokoro, onde o sentimento únese á esencia", exposición que axunta a obra plástica de dúas pintoras e a literaria dunha poeta

Francisca García Jáñez, Ana Soler, Yano Yoro e Ramón Jiménez, durante a presentación.

A obra plástica e literaria de dúas pintoras, Ana Soler Fernández e Yano Yoro, e unha poeta, Francisca García Jáñez, conforman a exposición "Kokoro, onde o sentimento únese á esencia", centrada no mundo oriental feminino, que se inaugurou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. Segundo as autoras, a mostra, que poderá verse ata o próximo día 30, está creada como un diario emocional onde mente, corpo e espírito (conceptos que se integran no termo xaponés "kokoro") fúndense para celebrar a vida. As tres artistas residen e crean en Galicia: Ana Soler é unha recoñecida artista plástica nada en Vigo, e Yano Yoro e Francisca García Jáñez son de Madrid e viven en Compostela e A Coruña, respectivamente. A mostra chega a Madrid despois de recalar nalgunhas cidades galegas e a inauguración aquí concentrou a preto de oitenta persoas.

Ónega acudiu ao acto de presentación en Madrid do Museo Vivo de Láncara

1. De izq. a dereita Marcos Vázquez Marey, Manuel Rojo, Mónica Freire, Miguel Viso, o delegado da Xunta José Ramón Ónega, Javier Lorén e Carolina Gutierrez.

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España en Madrid foi o lugar seleccionado para dar a coñecer un dos proxectos con máis personalidade do sector da maquinaria agrícola dos últimos anos e que contou coa asistencia do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega, quen acudiu en nome do presidente da Xunta Núñez Feijóo.

Francisco G. Lagares expón este mes na Casa de Galicia as creacións das súas últimas etapas

1. Francisco G. Lagares ante a súa obra O CAFÉ DOS FALADOIROS.

As Salas A e B da Delegación da Xunta en Madrid acollerán durante o mes de novembro a mostra de pintura e olería "Lagares pintor e coleccionista" de Francisco G. Lagares, na que o artista de Vigo expón a súa obra plástica das tres últimas etapas pictóricas (2000-2015), unida estreitamente ao mundo das matemáticas, xunto con pezas da súa colección de cerámica popular que iniciou nos anos 70 e que abarcan un amplo período que vai do S. XVI ata o fin dos 70 do S. XX. A exposición leva ao espectador pola máis pura abstracción xeométrica unida ao campo matemático con ordenadas composicións e milimétrico colorido, deixando atrás a época figurativa do autor.

A "Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia" alzouse co prestixioso Premio IWC Merchant Awards

Os responsables da Guía, Alejandro Paadín (e) e Luis Paadín (d) e o delegado da Xunta, José Ramón Ónega (c), co trofeo acreditativo do premio á beira da figura de Santiago Apóstolo.

A "Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia", unha publicación específica sobre a produción enolóxica galega, alzouse onte á noite co premio IWC Merchant Awards do Reino Unido, na categoría "Mellor Guía de Viños", da edición española, competindo con guías de ámbito nacional. Este premio é o máis alto galardón do sector da enogastronomía europea; o fallo do xurado se dió a coñecer onte á noite no transcurso dunha cea nun coñecido hotel de Madrid e os responsables da Guía, Luís e Alejandro Paadín presentaron esta mañá na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia o paso da publicación polo concurso e o recentemente logrado galardón nun acto presidido polo delegado da Xunta, José Ramón Ónega López.

Vicente Araguas presenta "74 saudades para ascender aos ceos", de Manuel de Vilanova, en edición bilingüe galego-castelán

Vicente Araguas, coa obra de Manuel Vilanova que el traduciu.

O profesor, escritor, crítico e tradutor Vicente Araguas presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o libro "74 saudades para ascender aos ceos"/"74 saudades para ascender aos ceos", o último poemario de Manuel Vilanova, recentemente falecido. O poemario, traducido por Araguas ao castelán, prologado por Manuel Forcadela e editado na colección de poesía de Pigmalión, é considerado o "testamento poético" do autor, ao que se rendeu homenaxe póstuma coa publicación e presentación da obra.

A Delegación da Xunta en Madrid acolleu a presentación da guía "Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar

O presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos, o alcalde de Santa Comba, David Barbeira García, o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, o autor da guía e director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vidal, o subdirector do Museo Nacional de Artes Decorativas, Félix de la Fuente Andrés, e o editor Henrique Alvarellos.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro "Camino de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar, publicado por Alvarellos Editora en tres idiomas, galego, castelán e inglés, en volumes separados. Trátase dunha guía ilustrada con planos de lugares e 75 fotografías dunha senda histórica de 86 quilómetros que se remonta aos tempos dos romanos, que logo acolleu a peregrinos desde Compostela ata a Costa da Morte e que ten como un dos seus emblemas a ponte de Brandomil. A súa elaboración, edición e difusión están a ser financiadas polos concellos coruñeses de Zas, Santa Comba e A Baña e por varias entidades locais, como a Fundación Brandomil.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, deu a benvida á profesora e os alumnos do curso "Lingua e cultura galegas"

Alumnos do curso co delegado da Xunta, José Ramón Ónega, en primeira fila, flanqueado pola xefa de Sección da Casa, María Jesús Budiño, e a profesora Paula Cousillas.

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida á profesora e os alumnos do curso "Lingua e cultura galegas", que se inicia hoxe nas instalacións de Casa grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Secretaría Xeral da Presidencia para "a realización de actividades de formación en lingua galega na Casa de Galicia en Madrid".

O xornalista e escritor lucense José de Cora presenta na Delegación da Xunta en Madrid a súa última novela, "Habla Mario"

O xornalista e escritor Alfonso S. Palomares, o editor Daniel Fernández, o político Ángel Mario Carreño, o xornalista e autor da novela José de Cora, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, os xornalistas e escritores Jenaro Castro e Carlos G. Reigosa, José Manuel Romero, conde de Fontao, e Mari Paz Echenique, parella do autor.

O xornalista e escritor lucense José de Cora presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Habla Mario", unha homenaxe a Miguel Delibes, ao que lle está dedicada, no centenario do seu nacemento, que se cumprirá en 2020. Nela o autor galego permite que o personaxe principal de "Cinco horas con Mario", o falecido Mario, poida dar a réplica ao monólogo da súa viúva na obra de Delibes. Editada por Edhasa, a novela fala dos asuntos eternos do ser humano: a culpa, a soidade, a incomunicación, o sentido da vida.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, recibe a un grupo de alumnas de Turismo que se interesan pola oferta de Galicia

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega (3), a docente Adriana Arranz (4), e o director da Oficina de Turismo, Roberto Castro (5), flanqueados polas estudantes.jpg

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu hoxe a un grupo de alumnas que realizan o curso de "Profesionalidad de creación y gestión de viajes combinados y eventos" en FSI Formación, da localidade madrileña de Getafe, e acudiron á Casa para asistir a unha presentación de destinos e produtos turísticos de Galicia. Ónega desexoulles unha proveitosa sesión de traballo e resaltoulles a amplitude de posibilidades que Galicia ofrece no ámbito turístico.

 

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 860 resultados.