Subscricións

Subscribete ás actualizacións da nosa axenda para estar sempre informado dos eventos  que acontecen na nosa casa. A subscrición está dispoñible en calquera dos seguintes formatos:

Actualidade

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 854 resultados.

A Delegación da Xunta en Madrid acolleu a presentación da guía "Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar

O presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos, o alcalde de Santa Comba, David Barbeira García, o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, o autor da guía e director do Museo do Pobo Galego, Manuel Vidal, o subdirector do Museo Nacional de Artes Decorativas, Félix de la Fuente Andrés, e o editor Henrique Alvarellos.

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acolleu hoxe a presentación do libro "Camino de Santiago a Muxía por Brandomil", de Manuel Vilar, publicado por Alvarellos Editora en tres idiomas, galego, castelán e inglés, en volumes separados. Trátase dunha guía ilustrada con planos de lugares e 75 fotografías dunha senda histórica de 86 quilómetros que se remonta aos tempos dos romanos, que logo acolleu a peregrinos desde Compostela ata a Costa da Morte e que ten como un dos seus emblemas a ponte de Brandomil. A súa elaboración, edición e difusión están a ser financiadas polos concellos coruñeses de Zas, Santa Comba e A Baña e por varias entidades locais, como a Fundación Brandomil.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, deu a benvida á profesora e os alumnos do curso "Lingua e cultura galegas"

Alumnos do curso co delegado da Xunta, José Ramón Ónega, en primeira fila, flanqueado pola xefa de Sección da Casa, María Jesús Budiño, e a profesora Paula Cousillas.

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida á profesora e os alumnos do curso "Lingua e cultura galegas", que se inicia hoxe nas instalacións de Casa grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Secretaría Xeral da Presidencia para "a realización de actividades de formación en lingua galega na Casa de Galicia en Madrid".

O xornalista e escritor lucense José de Cora presenta na Delegación da Xunta en Madrid a súa última novela, "Habla Mario"

O xornalista e escritor Alfonso S. Palomares, o editor Daniel Fernández, o político Ángel Mario Carreño, o xornalista e autor da novela José de Cora, o delegado da Xunta, José Ramón Ónega, os xornalistas e escritores Jenaro Castro e Carlos G. Reigosa, José Manuel Romero, conde de Fontao, e Mari Paz Echenique, parella do autor.

O xornalista e escritor lucense José de Cora presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa última novela, "Habla Mario", unha homenaxe a Miguel Delibes, ao que lle está dedicada, no centenario do seu nacemento, que se cumprirá en 2020. Nela o autor galego permite que o personaxe principal de "Cinco horas con Mario", o falecido Mario, poida dar a réplica ao monólogo da súa viúva na obra de Delibes. Editada por Edhasa, a novela fala dos asuntos eternos do ser humano: a culpa, a soidade, a incomunicación, o sentido da vida.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, recibe a un grupo de alumnas de Turismo que se interesan pola oferta de Galicia

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega (3), a docente Adriana Arranz (4), e o director da Oficina de Turismo, Roberto Castro (5), flanqueados polas estudantes.jpg

O delegado da Xunta e director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, recibiu hoxe a un grupo de alumnas que realizan o curso de "Profesionalidad de creación y gestión de viajes combinados y eventos" en FSI Formación, da localidade madrileña de Getafe, e acudiron á Casa para asistir a unha presentación de destinos e produtos turísticos de Galicia. Ónega desexoulles unha proveitosa sesión de traballo e resaltoulles a amplitude de posibilidades que Galicia ofrece no ámbito turístico.

 

Moncho Conde-Corbal presenta na Casa de Galicia o libro "O noso camiño. Guía pelerinaxe Ourense Santo André de Teixido"

Moncho Conde-Corbal, Xaquín López, Ramón Jiménez e José García-Calvo.

O escritor e editor ourensán Moncho Conde-Corbal presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o libro "O noso Camiño. Guía pelerinaxe Ourense-Santo André de Teixido", do que é coautor xunto a Santiago Lamas. A obra, editada por Ediciones El Cercano, que dirixe Conde-Corbal, conta con colaboracións de Darío Villanueva e Manuel Janeiro, con fotografías de Moncho Conde-Corbal e Antonio Vázquez e con cartografía de José García-Calvo e Antonio Vázquez. Trata da peregrinaxe desde Ourense a San Andrés de Teixido, 262 quilómetros que aborda en once etapas, con cartografía, fotografías, datos sobre as súas características técnicas e posibles aloxamentos e o relato do percorrido; é unha homenaxe á peregrinaxe que por este mesmo camiño realizaron os membros da Xeneración Nós Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey en 1927.

Pilar Quintás e Esperanza Martínez de Salinas expoñen na Casa de Galicia en Madrid a mostra "O noso camiño", con especial referencia ás paisaxes de Galicia

As pintoras Esperanza Martínez de Salinas e Pilar Quintás fronte a senllas obras da exposición.

As artistas Pilar Quintás e Esperanza Martínez de Salinas comparten unha longa traxectoria pictórica e de amizade que ten como principal referencia as paisaxes de Galicia, cuxos resultados, en forma de cadros pintados en acrílico e óleo sobre táboa e papel, de gran cromatismo e distintos formatos, mostran na exposición "O noso camiño", que ocupa as tres salgas de exposicións da Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia (A, B e L) onde se exhibe desde hoxe ata o próximo 30 de outubro.

Os socios do proxecto europeo TITTAN, que coordina Galicia, reúnense na Delegación da Xunta en Madrid para compartir experiencias

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, diríxese aos asistentes á reunión, acompañado polo xestor do proxecto, José María Romero Fidalgo.

Os socios do proxecto interrexional europeo TITTAN, (Translation, Innovation & Technology Transfer in Ageing Network) que coordina a Consellería de Sanidade de Galicia a través da Axencia de Coñecemento en Saúde ( ACIS) celebraron hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a primeira reunión do proxecto na súa segunda fase, co obxecto de compartir experiencias relacionadas coa implementación dos seus respectivos plans de acción, que constitúen a segunda fase do proxecto. Aquí foron recibidos polo delegado da Xunta en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega, quen lles desexou unha proveitosa xornada de traballo.

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, intervén na inauguración da "Exposición de fotografías del Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega (no centro), pousando con Alejandra Seijas e representantes da colectividade galega en Madrid.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, interveu na inauguración da "Exposición de fotografías do Rastro de Madrid", de Alejandra Seijas, madrileña descendente de pontevedreses de Lalín e fotógrafa da axencia Lalinpress, que se exhibe na madrileña sala Espacio Rastro Madrid (rúa San Cayetano, 5).

 

José Ramón Ónega representou al Goberno galego na celebración do XX Día de Galicia en Madrid organizado polo Centro Gallego

O delegado da Xunta, José Ramón Ónega, xunto ao cardeal Carlos Osoro no seu saúdo aos grupos folclóricos, acompañado do presidente do Centro Gallego, Fernando Rey, e de directivos das asociacións galegas.

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, representou ao Goberno galego na celebración do XX Día de Galicia en Madrid organizado polo centenario Centro Gallego da capital, que preside Fernando Rey Paz.

Bruno Padín Portela: "A traizón é un elemento esencial dentro do proceso de construción da identidade nacional española"

Tomás Rodríguez, Bieito Rubido, José Ramón Ónega, Bruno Padín e a súa noiva, Sonia Bernárdez.

O escritor pontevedrés (O Grove) e doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela Bruno Padín Portela presentou hoxe na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia a súa obra "La traición en la historia de España", publicada por Ediciones Akal, na que "a traizón e o traidor aparecen como unha especie de maldición na historia de España". "A traizón é un elemento esencial dentro do proceso de construción da identidade nacional española", afirma o autor.

Mostrando o intervalo 1 - 10 de 854 resultados.